7 de set. de 2020

A GUARDA

Citas para a renovación do DNI na Guarda no mes de outubro


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda vén de facer público un comunicado no cal indica: "O vindeiro xoves día 10 de setembro de 2020 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de outubro de 2020".  

 A apertura do prazo para a solicitude de novas citas no setembro ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o día indicado, de xeito preferentemente telefónico no 986 61 00 00 ou presencialmente, na Casa dos Alonso, de 9:00h a 14:00h.  

 Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario