Botes de folla de lata expostos preto da praia da Ribeira, no porto de A Guarda
Foto: Infogauda
Foto: Infogauda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Como as anduriñas, este verán voltaron A Ribeira os botes mariñeiros. Son un total de 7 unidades, todas elas pintadas de branco. De formato moi semellante as que construían algúns rapaces mariñeiros nos anos 50 e 60 do pasado século, empregando folla de lata de bidóns, e unha certa técnica que dalgún xeito enlazaba a antigüidade co segundo milenio da nosa era. E sobor de todo, con moito amor ao mar e indescritibles desexos de navegar. Para dese xeito descubrir eses recunchos que posúen vida propia e mesmo teñen unha evocadora talasonimia: A Ribeira, O Cangrexal, A Robaleira, O Reghiño, A Fontiña, A Bitadorna, As Casetas, Punta Xenete,...
Aqueles rapaces doutrora, algúns dos cales andaban descalzos a cotío, o cal non era nada indigno, senón boa proba da realidade económica dunha época afortunadamente superada; son hoxendía veteranos homes de mar, emprendedores, armadores,... Avós dunha esperanzadora xeración de mulleres e homes que na maioría dos casos, contan cunha bagaxe académica - e en moitos casos, universitaria -, que seus maiores nin soñaban ter. Sobor de todo seus bisavós. Aquelos intrépidos homes que deixaban nas modestas vivendas de chán terreiro e carentes de calquer atisbo de comodidade, as mulleres e os fillos, e eles a bordo dos barcos volanteiros saían a vela ou a remo, rumbo ao "mar do sur". A faenar cos trasmallos fronte as costas de Esposende, Póvoa de Varzim, Peniche,..., a procura da pescada, a lagosta,..., entre outras prezadas especies.
Os bisnetos daqueles heroes son os que promoveron á creación da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, entidade que ademáis de contabilizar xa varios destacados logros no seu haber, fixo realidade o milagre de recuperar - logo dun século da súa extinción como embarcación de pesca tradicional con base no porto de A Guarda - o volanteiro guardés. Voltar a contar cunha embarcación tan emblemática foi un meritorio e didáctico, traballo colaborativo, de moitas persoas, empresas, asociacións e algunhas institucións.
E neste verán, ademáis das visitas guiadas ao volanteiro Piueiro, os membros da asociación homónima decidiron expoñer - como xa o fixeran en 2019 - os botes na Ribeira. Para que veciños e visitantes gocen véndoos á beira do mar. E ademáis diso, decidiron poñerlles na amura e na popa de cada ún, cadanseu adhesivo co logotipo da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro.
Alén diso, recuperaron da memoria colectiva algunhas das marcas - coas que os pescadores de A Guarda guiábanse nas súas angueiras piscatorias, para identificar e localizar na costa lusitana, e tamén na galega, os caladoiros máis xenerosos -, e fixáronnas no costado de cada bote. Neste caso, as marcas escolleitas, e que corresponden a zona portuguesa, son Corniños da Silveira - que a preguntas deste cronista, Luis Acevedo Pacheco, veterano pescador guardés, referiunos que debería ser Cornos da Silveira -; A Cova da Loba, Ghalloso, Sobreiro, Aro de Santantón, As Cestiñas e Torrocelo.
Son sete marcas, escolmadas de entre outras moitas, como poderían ser Ghandarreira - referencia para á pesca do camarón - ou Meixido, localizados nos cumios dos montes de Mougás e de Oia, respectivamente; que forman parte da sabiduría colectiva dos nosos pescadores. É decir, da cultura mariñeira que provén doutros tempos. Cando os aparellos de axuda a navegación pesqueira eran mínimos e precarios. A maioría das veces, consistían tan soio nunha modesta agulla de marear. E para saber como era o fondo mariño, tan soio era preciso un sebeiro.
A carencia de dispositivos técnicos suplíanna cun certo coñecemento do medio e das plataformas continentais. E sobor de todo coas referencias da costa. Complementado todo iso coa información herdada por transmisión oral dos seus devanceiros, que en moitos casos, era á única herdanza. Fundamental para a supervivencia.
Ao longo de moitas décadas, os pescadores guardeses foron dándolle forma a súa propia epopeia.
Que hoxendía podamos ollar os botes na Ribeira, é un xeito de recuperar á memoria material e inmaterial, daqueles anos da infancia de homes que a día de hoxe, logo de máis de medio século de traballo no mar, lograron facer novamente seus botes de folla de lata, como cando eran uns rapaces. Cando ansiaban afrontar o reto de remar e zinghar - remar cun único remo apoiado na parte superior da popa - polo interior do porto de A Guarda.
Aquilo, que nun tempo de escaseza, de non poucas privacións, e moitos outros factores adversos, era unha proeza para cada un deles, sería o xerme que andado o tempo faría que o noso pobo vise crecer súa flota pesqueira e mesmo figurase nos medios de comunicación como "A Guarda, porto lagosteiro campión". Ese feito quedou reflectido nas revistas e xornais dos que dan boa fe as hemerotecas.
Máis andado o tempo, A Guarda ainda aumentaría seu potencial pesqueiro ata ser toda unha referencia internacional na captura do peixe espada e outras especies. Ese feito propiciou a creación da Organización de Palangreros Guardeses (OR.PA.GU.), unha entidade transnacional que representa a preto de medio centenar de barcos pesqueiros - a maioría dos cales son de empresas de A Guarda -, que faenan en diversos mares do mundo.
Na localidade hai tamén outra entidade interprofesional - Asociación Empresarial de Espaderos Guardeses - que tamén representa a varias empresas do sector.
Dese xeito, a epopeia dos homes e mulleres do mar de A Guarda continúa escrebíndose día a día.

Ningún comentario:
Publicar un comentario