20 de xul. de 2020

A GUARDA

O Alcalde de A Guarda enviou á Consellería o anteproxecto da Senda de Circunvalación ao Monte Santa Trega 

● O rexedor tamén solicita novamente, unha xuntanza coa conselleira, para definir as actuacións que é necesario acometer en relación á senda. 

● Antonio Lomba Baz reclama unha actuación na Guarda, por parte da Xunta de Galicia, para dar solución a unha vella demanda que se ven reclamando dende fai moitos anos.  



Estas dúas imaxes corresponden á presentación do anteproxecto na sede da Entidade Local Menor de Camposancos o pasado mes de febreiro
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, vén de remitir unha misiva á conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, na que se adxunta o anteproxecto da Senda de Circunvalación ao Monte Santa Trega da Guarda, encargado dende o propio consistorio ante a necesidade deste vial, que permita unha circulación segura de vehículos motorizados, bicicletas e peóns. 

 Nesa misiva o alcalde tamén solicita novamente unha xuntanza coa conselleira para definir as actuacións que é necesario acometer en relación á senda, posto que na última xuntanza que mantivo o rexedor guardés co director de Infraestruturas, Francisco Menéndez, en decembro de 2018, se comunicou a publicación dunha liña de subvencións para sendas para o ano 2019, liña que nunca se habilitou; e tamén en outubro de 2019 se enviou un escrito solicitando unha nova xuntanza sobre a senda, xuntanza que nunca tivo lugar. 

 Antonio Lomba reclama unha actuación na Guarda, por parte da Xunta de Galicia, para pór unha solución o antes posible a unha vella demanda que se ten reclamado dende fai moitos anos.  “Falamos dun problema de mobilidade que afecta á seguridade vial nunha vía competencia da Xunta de Galicia, polo que se ten que realizar esta actuación á maior brevidade”, indicou o rexedor. 

 A estrada PO-352 é sen dúbida algunha unha das principais arterias de comunicación de A Guarda. Basta dicir que é a única conexión entre o casco urbano da vila e a parroquia de Camposancos, tanto polo Leste como polo Oeste, amén de subliñar que conduce a todas as praias fluviais da nosa vila.  

 Con estas referencias resulta fácil entender que o tráfico rodado que soporta, sobre todo en época estival, é moi considerable. Ao mesmo tempo, e dado que a paisaxe pola que discorre é moi fermosa, atrae a multitude de peóns que pasean por ela.  

 O referido anteproxecto contempla unha actuación na totalidade da estrada PO-352 que non conta con beirarrúas, tanto polo lado oeste (A Cruzada-Camposancos) como no lado leste Camposancos ata intersección coa estrada PO-355 (que conduce á Pasaxe) consistente en un ancheamento da calzada de rodadura e a construción dunha senda, para facela máis segura para os peóns e os vehículos.


NOVAS RELACIONADAS:

21 de xuño de 2010

A GUARDA


26 de decembro de 2015

A GUARDA



30 de outubro de 2019

A GUARDA

Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda, solicita novamente a mellora na estrada PO-352 de circunvalación ao Monte Santa Trega

“Esta estrada é moi transitada por vehículos, autobuses e camiónsde todo tipo, incrementándose a intensidade do tráfico na tempada estival parao acceso ás praias fluviais existentes na desembocadura do Río Miño (...)”


23 de xaneiro de 2020

A GUARDA



28 de febreiro de 2020

CAMPOSANCOS (A GUARDA)





1 de marzo de 2020

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

Ningún comentario:

Publicar un comentario