11 de mar. de 2012

A GUARDA

O CUNCO MILLEFIORI QUERÉMOLO NO MUSEO ARQUEOLÓXICO DO MONTE SANTA TREGA

Infogauda / A Guarda

Únete a esta proposta para que a Corporación Municipal de A Guarda e o Padroado Municipal Monte Santa Trega, soliciten á Consellería de Cultura, da Xunta de Galicia, que o cunco millefiori, que fora atopado nas excavacións arqueolóxicas de 1985, dirixidas por Antonio de la Peña Santos, no Monte Santa Trega, sexa trasladado o Museo Arqueolóxico "in situ" dese importantísimo encrave galaico-romano.
Se queredes que o devandito achádego - calificado por Antonio de la Peña Santos como “(...) a mellor peza descobierta na Península (...)” - deixe de estar no Museo de Pontevedra e veña para A Guarda, sumádevos a esta proposta.
A ver se dunha vez por todas, defendemos o noso Patrimonio Histórico Artístico Monumental como se merece.

Ningún comentario: