26 de dec. de 2015
A GUARDA
UNHA REIVINDICACIÓN DA CIDADANÍA: DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS NA ESTRADA PO-352
Moitas persoas transitan por ela, co conseguinte risco para súa integridade física
Na imaxe, un tramo da estrada PO-352, onde se interrompe á dotación de beirarrúas
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Desde fai uns anos ata hoxendía, a práctica de actividade física ao aire libre, creceu exponencialmente. No termo municipal de A Guarda, hai moitas persoas que a cotío saen a camiñar. Unhas adoitan face-lo por zoas urbanas, e outras seguen rutas alternativas, evitando no posíbel á "presión" do tráfego rodado. Con todo, hai quen sae do núcleo urbán pola Estrada de Circunvalación para "dar a volta o Monte" [Santa Trega], mesmo sabendo que desde á altura do inmoble sinalado co nº 166 (Coordenadas: 41°53'13.3"N 8°52'43.2"W), antes da baixada o núcleo de vivendas de Fonte Quente, ata a zoa de Salgueiró (Coordenadas: 41°88'11.86N 8°86'55.64"W), xa en Camposancos, non hai dotación de beirarrúas. Esa notoria carencia incrementa seriamente o risco de atropelos, xa que apenas hai arcén con suficiente anchura para o tránsito peonil. A mesma situación - carencia de beirarrúas -, acontece na Estrada de Camposancos (estrada PO-352), desde a zoa de Saá (Coordenadas: 41°53'23.6"N 8°51'27.5"W), en dirección o Paseo de Portugal (Coordenadas 41°53'47.5"N 8°51'33.2"W) á altura do chamado cruce da Sangriña. É decir, hai moito perigo para os peóns, tanto para os que a cotío se desprazan desde Camposancos ata á vila de A Guarda, e viceversa, como para os camiñantes que adoitan facer o percorrido "dar a volta o Monte" [Santa Trega], que antes mencionamos.
Probablemente o executivo municipal do Concello de A Guarda, ten marcadas outras prioridades na súa axenda, que non dubidamos serán igualmente importantes. Máis coidamos que á dotación de beirarrúas nos tramos que antes mencionamos - e a título orientativo, mesmo sinalamos co maior detalle posíbel -, ben merece que se inclúan entre ás actuacions a acometer o máis axiña que se poida. Por unha razón fundamental: por seguranza para os viandantes, en primer lugar, e mesmo para os conductores de vehículos a motor.
Tendo en conta que á realización desas infraesctructuras dotacionais conleva á creación temporal de empregos directos e indirectos, para varias persoas, é un argumento máis a favor da demanda desas obras, diante da administración correspondente.
Polo tanto, sen pretender pedir miragres, que non están os tempos como para iso, instamos o executivo municipal á pór enriba da mesa esa cuestión, a fín de tentar conquerir á dotación das beirarrúas o máis pronto que sexa posíbel. Que non haxa que lamentar desgrazas persoais.
Publicado por Infogauda ás 21:34 0 comentarios ((•)) Escucha este post
A GUARDA
APRESENTAÇOM DE "FORA DO CONTINENTE"
DOCUMENTARIO SONTE OS ÚLTIMOS HABITANTES DA ILHA DE ONS
29 DEZEMBRO, ÁS 20H00, NO CENTRO SOCIAL FUSCALHO
C. S. Fuscalho / A Guarda
Terça (martes) 29 de dezembro, apresentaçom do documentário Fóra do Continente, com a presença do seu director, Nico Martínez Millán.
Sipnose
Na era das (tele)comunicaçons e das sociedades 2.0, dous matrimónios convivem durante todo o ano numha ilha da que nom se podem separar. Longe das grandes cadeias de supermercados, da sanidade e da educaçom, Cesáreo, Victoria, Emilio e Chefa resisten-se a abandonar a Ilha de Ons.
Aguardamos-vos!
Publicado por Infogauda ás 14:24 0 comentarios ((•)) Escucha este post
A GUARDA
LA ASOCIACIÓN STUDIO 88 ABRE LAS INSCRIPCIONES PARA NUEVOS CURSOS DE PILATES Y DE ZUMBA
Asociacion Studio 88 / A Guarda
La Asociación Studio 88 informa de los cursos que iniciará el día 11 de enero del 2016.
Curso de Pilates y de Zumba
Pilates: Los lunes y los miércoles, de 18h a 19h
Zumba: Los lunes y miércoles de 19h a 20h
El lugar donde esta Asociación impatirá los cursos será en el Recreo Artístico Guardes, en A Guardia.
Las plazas serán más limitadas y se podrán inscribir al teléfono: 686 512 863
Publicado por Infogauda ás 14:24 0 comentarios ((•)) Escucha este post
CAMINHA
Programação Cineclube de Caminha - Janeiro 2016
José Baixinho / Caminha
02 de janeiro, “A Quimera do Ouro”, Charles Chaplin, 1925, EUA, Sessão 226 (M/6)
08 de janeiro, “O Marinheiro de Água Doce”, Charles Reisner, 1928, EUA, Sessão 227 (M/6)
15 de janeiro, “Os Grandes Aldrabões”, Leo McCarey, 1933, EUA, Sessão 228 (M/12)
22 de janeiro, “Sua Excelência”, Miguel M. Delgado, 1967, México, Sessão 229 (M/12)
29 de janeiro, “O Grande Lebowski”, Joel Coen e Ethan Coen, 1998, EUA, Sessão 230 (M/12)
Publicado por Infogauda ás 14:24 0 comentarios ((•)) Escucha este post
GALICIA
A AGASP finaliza o primeiro curso de especialización en mediación penal para os corpos de Policía da nosa Comunidade
Estes 34 primeiros policías en facer o curso serán os pioneiros no noso país coma policías mediadores, os primeiros en obter este grao a nivel nacional
O proceso de mediación policial penal esta orientado á resolución de conflitos xurdidos entre a veciñanza dunha mesma comunidade
Pretende que os policías cheguen a poder actuar cambiando algúns parámetros relacionados coa maneira concreta de exercer a autoridade
A AGASP finaliza o primeiro curso de especialización en mediación penal para os corpos de Policía da nosa Comunidade
Infogauda / A Guarda
A Academia Galega de Seguridade Pública rematou esta semana o primeiro curso de especialización en mediación para os corpos da Policía Local, Nacional e Autonómica da nosa comunidade. Este curso de especialización contou cunha carga horaria de 75 horas lectivas, e tras a súa superación, os alumnos son xa policías mediadores, os primeiros que obteñen este grao a nivel nacional.
En total, 24 alumnos procedentes da policía nacional, das comisarías de Santiago, A Coruña, Pontevedra, Vigo, Ourense e Lugo e 10 alumnos da policía local dos concellos da Coruña, Ribeira, Pontevedra e Lugo).
Ao longo do primeiro semestre do ano 2016, realizaranse 4 edicións do curso de especialización, de xeito que no verán do próximo ano, Galicia conte con preto de 200 policías mediadores traballando ao servizo de todos os galegos.
Esta formación que comezou coa impartición dun curso de formación básica, continua agora coa especialización o perfeccionamento na mediación e xestión de conflitos na cal faise preciso contextualizar a xestión de conflitos e a mediación na policía coma servizo público, onde o axente debe actuar coma experto.
Os cursos de especialización incide en calidades dos policías tales como a capacidade de avaliar os riscos persoais, xestionar a agresividade de baixo nivel, recoñecer condutas de engano mediante a comunicación non verbal, diagnosticar os patróns de conflito máis básicos e comúns, recoñecer os casos susceptíbeis de mediación externa co obxecto de derivalos aos servizos que se poidan crear, identificar se a intervención pode ser ou non de curta duración, avaliar con rapidez a legalidade do caso, ponderar a posible eficacia da mediación, conseguir ser aceptado como interlocutor válido, potenciar o recoñecemento do outro, practicar a escoita activa, comprender os mecanismos de atribución de culpas, comunicarse eficientemente, aplicar a asertividade en situacións tensas.
Ademais, de evitar ou atenuar o salto cualitativo do conflito que supón a propia intervención, controlar o nivel de implicación persoal no conflito, manter ou adquirir habilidades de equilibrio persoal, controlar de forma axeitada os propios impulsos, empregar recursos de negociación, empregar técnicas de mediación policial, intervir axeitadamente con grupos e intervir de modo efectivo no espazo público.
Curso básico de mediación penal
Tras o remate no primeiro semestre dos cursos básicos de mediación policial penal, foron formados máis de 160 policías de Galicia na materia, tanto de policía nacional, UPA e policía local. diplomas entregados o pasado día 17 de novembro polo Presidente da Xunta de Galicia.
O proceso de mediación policial penal esta orientado á resolución de conflitos xurdidos entre a veciñanza dunha mesma comunidade, e levarase a través da adecuada formación e especialización, preténdese que os policías cheguen a poder actuar cambiando algúns parámetros relacionados coa maneira concreta de exercer a autoridade.
Publicado por Infogauda ás 14:24 0 comentarios ((•)) Escucha este post
GALICIA
Na edición do 2015 participaron máis de 300 mozos e mozas galegos de entre 16 e 30 anos cun total de 228 proxectos individuais e en grupo
A Consellería de Política Social comeza unha nova edición do ‘Xuventude Crea’ coa convocatoria do concurso para elaborar o cartel do certame para 2016
O autor ou autores da obra gañadora, que poderá presentarse ata o 29 de febreiro, recibirán un único premio de 500 euros
‘Xuventude Crea’ consta de doce especialidades: artes plásticas (pintura e escultura), banda deseñada, moda, fotografía, deseño de xoias, graffiti, música, poesía, relato breve, teatro, videocreación e cociña, que foi engadida nesta edición
Infogauda / Santiago de Compostela
Tras o remate da edición de 2015 da iniciativa ‘Xuventude Crea’ da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social e a gala final de entrega de premios o pasado día 3, o programa de creadores novos inicia unha nova andaina para o ano 2016 coa convocatoria dun concurso co fin de elaborar o cartel deste certame. Nesta iniciativa poderán participar todos os mozos e mozas de entre 18 a 30 anos, ambos inclusive, e residentes en Galicia, agás o gañador do premio na edición do ano anterior.
Cada autor ou autores poderán participar con dúas obras orixinais, inéditas e en galego, e admitiranse traballos realizados tanto de forma individual como en grupo. Os traballos presentaranse en formato vertical cunhas dimensións de 50 por 70 centímetros e montadas en superficie ríxida. O tema e a técnica serán libres. As obras deben incluír obrigatoriamente o texto ‘Certame Xuventude Crea 2016’, así como as especialidades que o compoñen: artes plásticas (pintura e escultura), banda deseñada, moda, fotografía, deseño de xoias, graffiti, música, poesía, relato breve, teatro, cociña e videocreación. O autor ou autores da obra gañadora recibirá un único premio de 500 euros. O prazo de admisión das obras rematará o día 29 de febreiro de 2016.
Os obxectivos fundamentais desta iniciativa da Consellería de Política Social son fomentar a participación e creatividade xuvenil, como mostra da iniciativa e do talento que amosa a mocidade galega; facilitarlle aos mozos e mozas as plataformas nas que manifesten a súa inquedanza artística e cultural, ao mesmo tempo que desenvolven as súas capacidades e habilidades. Como novidade na edición do 2016 o certame incluirá a especialidade de cociña.
Éxito rotundo en 2015
‘Xuventude Crea’ é a maior manifestacións das posibilidades creativas da xuventude galega. Na edición do 2015 participaron máis de 300 mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos. Un total de 228 proxectos individuais e en grupo, para as once especialidades previstas. Cada unha das especialidades conta con tres premios: o primeiro, de 3.000 euros; o segundo, de 1.500; e o terceiro, de 1.000 euros.
Esta iniciativa inscríbese no Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2014-2016, que ten como un dos seus eixos principais o fomento da creatividade e o espírito empresarial e propón 22 medidas concretas para seguir avanzando neste eido
Publicado por Infogauda ás 14:24 0 comentarios ((•)) Escucha este post
VIGO
Unha neumóloga do CHUVI, María Torres, recibe sobresainte cum laude na súa tese de doutoramento
A tese presentada tivo por obxecto a investigación entre a relación do gas radón nas vivendas co cancro de pulmón en individuos que nunca fumaron
No traballo estudáronse 192 pacientes, incluíndo todos os casos detectados en sete hospitais públicos de Galicia e un de Asturias
Desta investigación pódese concluír que a exposición a radón residencial é un factor de risco para cancro de pulmón para os que nunca fumaron
A doutora María Torres considera que “o illamento é fundamental para impedir a penetración do gas radón nas vivendas polo que débese ter en conta esta circunstancia á hora de construír edificacións novas”
María Torres
Infogauda / Vigo
Unha tese de doutoramento sobre a influencia do gas radón nos casos de cancro de pulmón en individuos que non fumaron en toda a súa vida. É o traballo co que a neumóloga do Hospital Álvaro Cunqueiro, María Torres, doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela con “sobresainte cum laude”. No traballo estudáronse 192 pacientes, incluíndo todos os casos detectados en sete hospitais públicos de Galicia e un de Asturias.
A maioría dos estudos existentes analizaban a relación entre cancro de pulmón e exposición a radón residencial foron realizados en persoas fumadoras ou exfumadoras.
“Realicei o traballo na Universidade de Santiago, baixo a supervisión do doutor Alberto Ruano, profesor de Medicina Preventiva da Facultade de Medicina”, apunta a doutora Torres, que comprobou, tras a análise dos datos, un incremento do risco de cancro de pulmón en persoas nunca fumadoras expostas a concentración elevadas de radón residencial. “Pódese concluír que a exposición a radón residencial é un factor de risco para cancro de pulmón para os que nunca fumaron”.
Gas moi abundante en Galicia
O gas radón é moi abundante en Galicia, debido ó alto contido en granito do subsolo que logo penetra nas vivendas. A súa influencia, polo tanto, depende da área xeográfica e é máis elevada conforme as vivendas teñan maior antigüidade, porque antes non había tanta facilidade para illar as construcións como pode habela agora. Por ese motivo, María Torres conclúe que debería terse en conta ese factor cando se constrúan edificacións novas: “O illamento é fundamental para impedir a penetración do gas radón nas vivendas e haberían de introducirse novas medidas preventivas no Código Técnico de Edificación ao que deben adaptarse todos os inmobles que se constrúan”.
Máis mulleres que homes
A franxa de idade que se estudou é principalmente a incluída entre os 60 e os 80 anos e a maioría dos casos foron mulleres, nun elevado porcentaxe amas de casa. O motivo polo que hai mais mulleres ca homes podería deberse a que en Galicia, e especialmente no rural, o número das mulleres nunca fumadoras de esa xeración é moi superior o de homes.
E aínda que só é unha hipótese de traballo sobre a que haberá que seguir investigando, terá que analizarse se as amas de casa poderían ter maior probabilidade de verse afectadas por pasar máis tempo dentro da vivenda. “Pero, de momento, só é unha hipótese de traballo”, afirma a doutora Torres.
Outro factor que pode ter influenza no risco de cancro de pulmón en nunca fumadores e que tamén estudaremos é a exposición a tabaquismo pasivo, con frecuencia derivado da convivencia con fumadores.
“Agora traballamos na continuación da investigación, analizando datos recollidos e non incluídos na tese doutoral e sobre máis hipóteses como á do tabaquismo pasivo, o papel de terminados polimorfismos xenéticos e outras”, dixo a doutora Torres.
Publicado por Infogauda ás 14:23 0 comentarios ((•)) Escucha este post
CAMINHA
Boletim da Sessão nº225 - "Ana Karenina" de Clarence Brown (1935)
Aviso: Esta sessão acontecerá, excepcionalmente, sábado (26/12) no Teatro Valadares
21H45
21H45
Locus Cinemae / Caminha
“Em 1935, Clarence Brown faz a terceira adaptação para o cinema americano da obra e conta, novamente, com a estrela Greta Garbo. Em Nova Iorque, o filme estreou no Teatro Capitol, o local mais prestigiado das estreias da MGM.
“Anna Karenina” (1935) é um dos filmes mais populares da atriz e é considerado a melhor adaptação do clássico para o cinema. Clarence Brown, que teve a rica oportunidade de dirigir a diva Garbo em outros sete filmes, limitou-se ao contar na trama a história da Rússia czarista em torno de Anna e Vronsky.
O filme ganhou 2.304 milhões dólares nas bilheterias e também ganhou o prémio Mussolini Cup de “Melhor Filme Estrangeiro” no Festival de Cinema de Veneza. A musa Greta Garbo recebeu da New York Film Critics Circle o prémio de “Melhor Atriz” pela personagem Anna. O filme ficou na posição 42 na lista dos 100 Anos de AFI.
Posteriormente, a obra russa ganha mais espaço nas companhias cinematográficas americanas, tendo ganho mais duas versões no ano de 1985 e 1997!
A associação de cinema de Caminha, Locus Cinemae, deseja a todos FESTAS FELIZES
Programação:
JANEIRO 2016
Ciclo COMÉDIA
02 de janeiro, (SÁBADO, no “Valadares”) “A Quimera do Ouro”, Charles Chaplin, 1925, EUA, Sessão 226 (M/6)
08 de janeiro, “O Marinheiro de Água Doce”, Charles Reisner, 1928, EUA, Sessão 227 (M/6)
15 de janeiro, “Os Grandes Aldrabões”, Leo McCarey, 1933, EUA, Sessão 228 (M/12)
22 de janeiro, “Sua Excelência”, Miguel M. Delgado, 1967, México, Sessão 229 (M/12) 29 de janeiro, “O Grande Lebowski”, Joel Coen e Ethan Coen, 1998, EUA, Sessão 230 (M/12)
Publicado por Infogauda ás 13:05 0 comentarios ((•)) Escucha este post
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)