“ROSTROS", DA ILUSTRADORA LUCY BAZ PACHECO
· Unha breve mostra do seu talento artístico poderase admirar os días 11 e 12 de abril en Buxán, nas Festas da Pascua
Ricardo Rodríguez Vicente / Buxán
“ROSTROS". Ese é o título xenérico da colección que a ilustradora Lucía Baz Pacheco (Lucy) vai presentar en Buxán, os días 11 e 12 de abril, con motivo das Festas de Pascua, 2020. Son 14 cadros en tamaño A4 (210 x 297 mm), realizados sobre papel de acuarela, mediante técnica mixta. Neste caso, tinta e acuarela, nos que a autora aplicou a técnica do puntillismo para as sombras.
A ilustradora Lucía Baz Pacheco (Lucy), naceu un 25 de xullo de 1994, en Vigo, onde sempre viviu. Aínda que todas as súas vacacións pasounas na Guarda, de onde é orixinaria a súa familia, e onde residen algúns dos seus parentes.
Sobre a orixe da súa actividade creativa Lucy Baz díxonos: “Xa de moi pequena gustoume debuxar e pintar. Lévoo facendo desde que teño uso de razón.
Lembro pasarme tardes e tardes enteiras fronte a un bloc de debuxo en branco, con todos os meus lapis de cores, rotuladores, pinceis, e unha infinidade de materiais, espallados por toda a mesa, pasando a tarde como mellor sabía, deixando voar a miña imaxinación e despregando a miña creatividade.
Un dos debuxos que Lucía realizaba nas últimas páxinas dos cadernos cando se aburría en clase.
Tamén lembro as tediosas horas no colexio, tanto en primaria como en secundaria, onde, aburrida debuxaba durante moitas das clases, nas últimas follas dos meus cadernos cuadriculados, en especial en clase de matemáticas, as cales nunca foron santo da miña devoción [dinos rindo].
Tamén lembro as tediosas horas no colexio, tanto en primaria como en secundaria, onde, aburrida debuxaba durante moitas das clases, nas últimas follas dos meus cadernos cuadriculados, en especial en clase de matemáticas, as cales nunca foron santo da miña devoción [dinos rindo].
Cando terminei os meus estudos obrigatorios, decidín enfocarme no que mellor se me daba, debuxar. Polo que me matriculei no IES Politécnico de Vigo onde cursei o bacharelato artístico.
Posteriormente funme durante dous anos a Ourense, á Escola de Arte e Superior de Deseño “Antonio Faílde”, na cal realicei un ciclo superiór de Ilustración.
Durante eses dous anos, aprendín moitísimo acerca de técnicas, estilos, materiais, debuxo artístico, debuxo técnico, fotografía, serigrafía, gravado e animación.
Cando terminei o ciclo de Ilustración, sentín que aínda non terminara a miña formación académica, pero non tiña claro por onde continuar. Durante algún tempo estiven algo perdida, e a dia de hoxe ás veces pásame, xa que a vida dos artistas é bastante bohemia,... [de novo volta a rir].
Despois de darlle moitas voltas, empecei a estudar na EASD Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.
Alí formeime nun Grao de Deseño de Moda. Parecíame interesante xa que podería enfocar o meu estilo de debuxo, á ilustración de moda e á súa vez ampliar coñecementos.
Durante os catro anos que duran eses estudos aprendín moitísimo sobre o difícil que é realizar unha peza,... Todos os pasos a seguir desde o seu deseño, selección de materiais, patronaxe, confección, etc., ata a súa venda ao público.
Recordo que en 3º, tiña unha materia que adoraba: Ilustración de moda.
Nalgunhas clases, cando facía sol, saíamos a algún parque ou praza próxima para debuxar plantas, animais, edificios,..., co fín de crear posteriormente estampados, ou efectos de textura. Era estupendo.
Nalgunhas clases, cando facía sol, saíamos a algún parque ou praza próxima para debuxar plantas, animais, edificios,..., co fín de crear posteriormente estampados, ou efectos de textura. Era estupendo.
A día de hoxe, non me dedico ao mundo da moda e a costura, pero sigo mantendo o interese por iso.
Á marxe da miña vida académica e laboral, actualmente sigo debuxando e aprendendo máis e máis, xa que a través das redes sociais, sigo a varios ilustradores, absorbendo os seus coñecementos, as súas técnicas e algúns trucos para que sexa máis sinxelo aprender a debuxar algúns elementos, que como a todos, cústanos máis. Por exemplo no meu caso, non se me dá nada ben plasmar fondos e paisaxes, e doutra banda síntome moi cómoda co deseño de personaxes e rostros.
Debuxo con bastante frecuencia, e no meu tempo libre, collo a miña mochila cos materiais cos que me apeteza traballar ese día e voume a unha cafetería do centro para debuxar mentres escoito algo de música.
A parte destes estilos, mostrados anteriormente, tamén realicei algunhas ilustracións en dixital por encargo dalgún amigo.
Esta ilustración, encargouma un amigo para regalarlla pola inauguración do seu gastrobar “Os Padrons”, situado en Vigo. Nela, saen caricaturizados o meu amigo e o seu compañeiro, xunto co logo do seu local. Para realizalo, primeiro debuxei un bosquexo a lapiz, o cal escanei para, despois, co programa Ilustrator e o Photoshop, calcarlo e darlle cor.
Como este, fixéronme outros encargos similares, para estampar camisetas, ou simplemente para enmarcar e regalar.
Nalgúns dos aniversarios dos meus amigos/as encargábame eu de confeccionar unha tarxeta de felicitación personalizada, cunha ilustración baseada nos gustos máis característicos do/a cumpleañeiro/a, a cal todos os invitados, asinabamos con algunha dedicatoria. Era un detalle do máis bonito e persoal.
Lucía Baz pintando na barriga dunha amiga embarazada
Tamén me ofrecín para facerlle a unha amiga, o que se coñece como “belly paint” [en galego, ventres pintados] que non é máis que pintar a barriga de alguén que está embarazada.
Hei de admitir que nunca antes realizara unha ilustración sobre alguén, pero a experiencia foi estupenda e o resultado bastante interesante.
Estivemos máis de 2 horas pintando. A pintura corporal era soluble á auga, polo que pintaba coma se fose acuarela espesa, así que foron necesarias varias capas de pintura, e entre capa e capa había que secar [risas], e se a isto xuntámoslle a que o can da miña amiga andaba por alli e non paraba quieta... Foi moi divertido e a dicir verdade, non me importaría volver facer outro traballo así.
Algunha que outra vez, teño realizado algunha exposición no bar “La Casilla” na Guarda, unha dela foi para o evento de “O Roteiro do Petisco” que nesa ocasión ía ir acompañada dunha exposición artistica. Todos e cada un dos locais que participaban no devandito evento, faríano xunto cunha exposición artística xa fosen pinturas, fotografías, etc..
Estivemos máis de 2 horas pintando. A pintura corporal era soluble á auga, polo que pintaba coma se fose acuarela espesa, así que foron necesarias varias capas de pintura, e entre capa e capa había que secar [risas], e se a isto xuntámoslle a que o can da miña amiga andaba por alli e non paraba quieta... Foi moi divertido e a dicir verdade, non me importaría volver facer outro traballo así.
Algunha que outra vez, teño realizado algunha exposición no bar “La Casilla” na Guarda, unha dela foi para o evento de “O Roteiro do Petisco” que nesa ocasión ía ir acompañada dunha exposición artistica. Todos e cada un dos locais que participaban no devandito evento, faríano xunto cunha exposición artística xa fosen pinturas, fotografías, etc..
E os donos do devandito bar, propuxéronme expoñer. A idea pareceume estupenda, asi que aceptei.
Así son eu. Unha moza á que sempre lle gustou debuxar e que apostou por estudar o que máis me gustaba. E aínda que non me dedico a iso de forma profesional, sigo gozando diso, e cando algún amigo ou coñecido faime un encargo, fágoo máis que encantada por un módico prezo, xa que os materiais non son gratis por desgraza”. [Ri].
Lucy Baz díxonos que “ao preparar miña breve autobiografía non me saía da miña cabeza unha persoa en especial. Ao longo da miña vida, moita xente (amigas/os, parellas, familiares, coñecidos e mesmo descoñecidos que entran nas miñas redes sociais), apoioume e ten valorado as miñas ilustracións. Pero entre todas esas persoas sempre destacará a miña nai. Ela sempre, non importa o ben ou mal que eu considerase que me saía unha ilustración, para ela era: increible, moi bonito, precioso, etc, etc..
A miña nai sempre estivo aí para min, apoiándome e dándome ánimos neste tema. Moitas veces crin que [eu] non tiña nada de talento, por algunhas decepcións no mundo da ilustración, pero ela... Ela sempre estaba aí para lembrarme o moito que vallo e o talento que teño. En verdade a miña nai declarouse o meu fan nº 1 sen ningunha posibilidade de réplica. E a proba diso é que desde que empecei a debuxar gardou, se non son todos, un 99% dos debuxos que fixen ao longo de toda a miña vida. Algúns deles tenos pegados no interior das portas do seu armario, xunto cos debuxos que lle fan agora os meus sobriños. Asi que por todo ese apoio, eses ánimos e ese agarimo incondicional que a miña nai deume ao longo de todos estes anos, quero darche as grazas. Grazas mamá, por todo o que fas por min a diario, e quero que saibas que se non fóra por ti, eu non sería a moza que son a día de hoxe, nin estaría onde estou.
E..., isto é todo, espero que disfruteis da exposición en Buxán, durante os días 11 e 12 de abril”.
E..., isto é todo, espero que disfruteis da exposición en Buxán, durante os días 11 e 12 de abril”.
Se alguén está interesado en coñecer os traballos artísticos de Lucy Baz Pacheco, pode achegarse ata á Praza de Buxán nas datas indicadas, ou acceder as súas redes sociais:
· Facebook: Lucy Baz Pacheco
· Instagram (2) : @lucy.s_age @lucy.baz
Ningún comentario:
Publicar un comentario