Feijóo sinalou que Tui conta con “máis servizos públicos de calidade e con mellores infraestruturas” que hai 11 anos
• Destacou a posta en marcha do novo centro de saúde, a escola infantil e o xulgado
Alberte Núñez Feijóo saudando na tarde de onte, a veciños e simpatizantes do PP
Infogauda / Tui
Baixo o marco de ‘Un café con Feijóo’, que tivo lugar na tarde de onte en Tui, Alberto Núñez Feijóo, candidato do Partido Popular á presidencia da Xunta de Galicia, sinalou que “é unha honra poder estar cos galegos e poder render contas do que fixemos”.
“Imos proseguir este compromiso con Galicia e este estar en cada un dos concellos”, apuntou.
Feijóo destacou “a aposta destes anos por coidar os servizos públicos. Así, tras facer fincapé na posta en marcha do novo centro de saúde e da nova escola infantil”, incidiu en que “estamos construíndo neste momento outro tramo da vía de alta capacidade”. O primeiro foi entre A Guarda e Tomiño “e, agora, empezouse o de Tui cara O Rosal. Unha vía de alta capacidade na que se levan investidos 80 millóns de euros”.
“Imos seguir traballando para finalizar esta VAP, importante para vertebrar toda esta zona e conectala coa autovía internacional que une España e Portugal”, indicou.
“E construímos un xulgado con todas as instalacións necesarias e dignas para facilitar unha boa administración de xustiza neste partido xudicial”, dixo.
Recordou, tamén, que “nos momentos de dificultades, como a explosión en Paramos, o Goberno galego estivo ao carón dos veciños”.
“Tui merece máis servizos públicos e máis comunicacións”, afondou Feijóo, e, por iso, garantiu “seguir traballando para que este municipio siga sendo competitivo e internacional”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario