7 de mar. de 2020

A GUARDA

Un ano máis

A PROCESIONARIA ESTÁ DANANDO OS PIÑEIROS DA FORTALEZA DE SANTA CRUZ



Na imaxe, vista da Porta da Vila, na fortaleza de Santa Cruz, onde hai piñeiros afectados pola procesionaria
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Un ano máis, a procesionaria (Thaumetopoea pityocampa), unha especie de lepidóptero defoliador, estáse ocupando, desde fai algún tempo de atacar os piñeiros da fortaleza de Santa Cruz. De tal xeito, que a día de hoxe, podemos afirmar que algúns exemplares situados a ambos os dous lados da muralla onde atópase a Porta da Vila, ademáis de estaren colonizados por bolsas repletas de larvas, están irreversiblemente afectados e mesmo nalgún caso, totalmente seco, como o verificamos in situ. Por ese motivo, desde este xornal dixital transfronteirizo deixamos constancia dese feito, dado o perigo que conleva tanto para ás persoas como para as mascostas, especialmente cando, como xa temos visto, algunhas bolsas caen e permanecen tiradas no chan

 Como o mellor remedio é a prevención, coidamos que deberan adoitarse algúnhas medidas cautelares, a fin de evitar no posible ás consecuencias que a procesionaria pode ocasionar. No caso das persoas e tamén nas mascotas, como por exemplo as de raza canina - por seren ás preferidas de moitos cidadáns -, posto que as orugas teñen un mecanismo de defensa por medio duns pelos moi urticantes, que afectan aos seres humanos, sobre todo aos alérxicos, pero que para os animais pode comezar pola necrosis da zona afectada e perder un anaco de lingua, e mesmo en cuestión de pouco tempo, causarlles a morte por choque anafiláctico. 

 Ademáis do indicado nas liñas precedentes, queremos chamar á atención das autoridades municipais, para que sen ningún tipo de demora adoiten ás medidas que estimen pertinentes nestes casos, a fin de evitar posibles inconvintes sanitarios á cidadanía, non soio pola presenza da procesionaria, senón polo evidente risco de caída dalgunha rama das árbores afectadas, especialmente cando se produza algún episodio de forte vento. Polo tanto, cando unha árbore sexa considerada irrecuperable, o máis aconllesable é proceder a súa tala.

 Finalmente, suxerimos a colocación de caixas refuxio para aves depredadoras de insectos prexudiciais, incluíndo a procesionaria, en diversos puntos do municipio. Temos constancia que nalgún lugares da Península Ibérica nse acreditado súa utilidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario