10 de maio de 2019

MOUGÁS (OIA)

Oia acolle un dos concertos que a orquestra Kv2211 ofrece no marco do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais  

O recital, que incluirá un divertido repertorio de pezas de música clásica, terá lugar este sábado día 11 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura de Mougás   

 
Infogauda / Oia

 Oia acolle un dos concertos que a Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, ofrece no marco do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais. O recital, que incluirá un divertido repertorio de pezas de música clásica, terá lugar este sábado 11 de maio na Casa da Cultura de Mougás a partir das 19:00 horas. A entrada será gratuíta ata cubrir o aforamento.  

 Este concerto é un dos actos programados pola asociación Piueiro con motivo da celebración do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais que se desenvolverá do 11 ao 14 de xullo na Guarda. Precisamente esta localidade do Baixo Miño acolleu, o pasado abril, o primeiro dos recitais da orquestra infantil e xuvenil de Vigo, ao que agora se suma o do sábado no concello de Oia e un terceiro que terá lugar o domingo día 12 de maio, ás 19:00 horas no Auditorio Municipal do Rosal.

 Tendo en conta que un dos obxectivos da Kv211 é de tipo social, estes concertos dedícanse a Avelaíña, unha entidade sen ánimo de lucro declarada de utilidade pública e integrada por persoas con enfermidades mentais, familiares, coidadores e persoas sensibilizadas ante este problema de saúde.  

Corda, vento, piano e percusión  


 Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211

 A Orquestra Kv2211 conta con máis de 50 membros de entre 8 e 20 anos de idade e con formación en instrumentos de corda, vento, piano e percusión. Está dirixida por José M. Fernández e Raquel Fernández Núñez.   

 Pola súa banda, a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro nace na Guarda cos obxectivos de recuperar arquivos, imaxes e outra documentación da historia mariñeira; desenvolver e fomentar actividades culturais e promocionar valores literarios, históricos, culturais, educativos e tradicionais, fundamentalmente arredor da cultura mariñeira.   

 O concerto deste sábado conta tamén coa colaboración do Concello de Oia, a Asociación Veciñal de Mougás e a Deputación de Pontevedra (Pontegal).

OIA

PATRIMÓNIO

Considerações paisagistas em Oia 
(25ª parte) 



ENCONTROS POLIORCÉTICOS /Oia       

 Comités científicos internacionais do ICOMOS têm alargado a sua panóplia de temas relativos ao  Património. Assim, contabilizam-se mais alguns: Fortificações e Património Militar  (ICOFORT); Documentação sobre o Património; Património Construtivo Compartilhado; Património do século XX ou Património Polar (este último de plena atualidade, dada a importância das descobertas após o progressivo degelo dos polos). Estes contributos todos vêm reforçados pelo Centro Internacional de Documentação desde o ano 1974, onde é facilitada informação de caráter gratuito. No caso espanhol, ICOMOS-España tem realizado a sua última aparição em público no Salão de Grados da Faculdade de Filosofía e Letras de Madrid, justamente há dois días (7 de maio). Encontros Poliorcéticos vai fornecer informação própria perante ICOMOS no sentido de solicitar uma agilização dos processos que travem de vez essa insensatez da firma Kaleidos”, como são as suas pretensões gentrificadoras e a destruição duma paisagem em micro e macro escala.     

 Presença da presidente da Deputação  de  Pontevedra  num comício socialista diz tudo das intenções já nada disfarçadas dos PERPETRADORES. Gerardo Rodríguez Refoxos, “capataz de obras” e “arbeitsgeber” do empreendimento pretendido, fala de 4 anos perdidos em Oia com mandato popular. A qué raio de “timings” está-se a referir? Por que carga de água os socialistas sempre mencionam atividade económica” como algo intrínsecamente bom? Esta malta esgana o calendário apressadamente, omite a legislação autonómica e internacional em matéria de áreas de proteção e amortecimento, substanciando uma perpétua agressão paisagista. Nem sequer têm em conta Convênio Europeu da  Paisagem ou Lei da Proteção da Paisagem galega. Vejam só: 20 volumes ao norte imediato do mosteiro, que na realidade são 20 edifícios ou  predios, de 3 andares cada um deles, somam 170 habitações ao total. Estabelece-se um volume edificável de 22.000  m2 aquando devia era ser de 6.000 ou 7.000 m2, como Movemento Oia tem referido repetidamente.      

 Assim, dá-se forma aos anseios de políticos profissionais que nada sabem de legislação patrimonial, inçando a bandeira dessa atividade económica” como se nada fosse ou como se fosse dogma inviolável dos auténticamente mentecaptos, dessa esquerda desenvolvista que assina qualquer projeto de obra. São o verso dos patos bravos”, duas caras da mesma moeda. “Kaleidos” alicia UNILATERALMENTE empreendimento lixo, saido de primeiriços ou bestas quadradas que só merecem um puxão de orelhas. Aliás, díga-se de passagem, “Kaleidos” tem deixado de parte qualquer processo de participação isento dos oienses. Rejeitem com coragem um projeto que nasceu morto, que violenta uma preexistência monacal sem rubor e que esta-se a borrifar para o Caminho Português da Costa, num momento em que está a ganhar valências. Obviamente, Xunta galega desentendeu-se dos seus deveres, não focalizando este problema desde um ponto de  vista estrictamente patrimonial.  

 Artigo precedente

TOMIÑO

Escolares do CEIP de Barrantes e persoas maiores afondan na xestión das súas emocións 

O encontro forma parte dun programa de educación levado a cabo conxuntamente entre o colexio e a Universidade de Barcelona  
 

Para esta xornada, contaron cunhas compañeiras e compañeiros moi especiais: os maiores de Residencial Tomiño
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 O grupo de 3º de primaria do CEIP de Barrantes celebrou a última sesión do programa de educación emocional levado a cabo conxuntamente entre o colexio e o departamento de Postgrado de Educación Emocional e Benestar da Universidade de Barcelona (UB).  

 Para esta xornada, contaron cunhas compañeiras e compañeiros moi especiais: os maiores de Residencial Tomiño, que acudiron á aula para  afondar no recoñecemento e manexo das súas emocións, contribuíndo deste xeito a unha maior visibilidade e inclusión do colectivo das persoas maiores da localidade.  

 A actividade forma parte do traballo de postgrao de Susana Vales Cancela, orientadora do colexio de Barrantes, e está dirixido polo profesor Rafael Bisquerra Alzina. “Trátase dun proxecto de educación emocional baseado na aprendizaxe-servizo, é dicir, que a súa finalidade é tamén axudar á comunidade, neste caso á localidade de Tomiño na que o levei a cabo, e máis en concreto, á visibilidade e participación activa da terceira idade”, explica a investigadora.

A GUARDA

O Centro Cultural xa conta con nova iluminación ornamental

Que polas noites resalta a súa singular beleza arquitectónica


O Centro Cultural, magnífico inmoble de arquitectura indiana, xa loce súa nova iluminación ornamental
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello de A Guarda, presidido polo alcalde Antonio Lomba Baz fixo público no día de hoxe que “dentro das actuacións de carácter estético de realce do noso patrimonio, como por exemplo o pintado do espigón ou a rotonda de San Roque, o concello da Guarda adxudicou esta semana as obras de iluminación ornamental do Centro Cultural da vila, unha construción indiana que ben merece luminarias que destaquen a súa arquitectura nas horas nocturnas, actuando na fachada principal e fachada oeste, así como nas escaleiras de acceso e a zona axardinada da parte posterior.  

 Para a dotación de iluminación ornamental do Centro Cultural da vila empregáronse proxectores e luminarias LED, con temperaturas de cor entre 3000k e 4000k, cumprindo cun aforro enerxético optimizado, e o mesmo tempo destacando áreas específicas deste emblemático edificio co obxectivo de atraer a mirada cara a zonas, detalles ou particularidades arquitectónicas interiores ou exteriores, engadir profundidade ou texturas e matizar o aspecto xeral deste emblemático edificio da vila.  

 Esta iluminación ornamental - que está xa en funcionamento dende o pasado mércores día 8 de maio  - conta cun sistema de programación horaria automatizado para controlar o acendido e apagado da mesma.   

 O financiamento desta actuación realizouse a través do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra.

A GUARDA

A CORPORACIÓN MUNICIPAL CELEBRARÁ PLENO EXTRAORDINARIO

O martes día 14 de maio, ás 8:30 horas na Casa do Concello


Infogauda / A Guarda

 A  Corporación Municipal do Concello de A Guarda celebrará sesión extraordinaria o vindeiro martes día 14 de maio de 2019, ás 8:30 horas, na Casa do Concello.

ASUNTOS DA CONVOCATORIA

1. Expediente 998/2019. PLAN ECONÓMICO-FINANCEIRO 2019-2020.
2. Expediente 1026/2019. MODIFICACIÓN Nº 47/2019 SUPLEMENTO DE CRÉDITO Nº1 E CRÉDITO EXTRAORDINARIO Nº1 FINANCIADO CON RLTGX PARA SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS.
3. Expediente 1027/2019. MODIFICACIÓN DO ANEXO DE SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS NO ORZAMENTO PRORROGADO A 2019.
4. Expediente 1030/2019. MODIFICACIÓN Nº 48/2019 CRÉDITO EXTRAORDINARIO Nº2 FINANCIADO CON RLTGX PARA ACHEGA MUNICIPAL CONVENIO RÚA CONCEPCIÓN ARENAL 2019.
5. Expediente 1665/2018. PROPOSTA DA ALCALDÍA MODIFICACIÓN ORDENANZA REGULADORA DO SERVIZO DE TAXI DO CONCELLO DA GUARDA. 
6. Expediente 908/2019. PROPOSTA ALCALDÍA ADHESIÓN PACTO DOS ALCALDES PARA O CLIMA E A ENERXÍA.
7. Expediente 685/2019. SOLICITUDE RECOÑECEMENTO COMPATIBILIDADE ADELINO RIVERO MARTÍNEZ.
8. Expediente 943/2019. PROPOSTA ALCALDÍA ACEPTACIÓN CONDICIONANTES CONCESIÓN CONDUCCIÓN AUGAS RESIDUAIS DA EDAR.
9. Expediente 2843/2018. MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº 5 DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN DO CONCELLO DA GUARDA.

A GUARDA

DESFILE DA FESTA DO MONTE (1978)
 
https://www.youtube.com/watch?v=NvWsYLORENQ&w=676&h=381

  
Proxecto Socheo / A Guarda

 Comezamos a ver o Fondo Bixurro e abrimos cun motivo clásico dentro do cinema local da Guarda: o Desfile da Festa do Monte, desta vez do ano 1978. 

 Grazas a José Elías Rebollar Vega e familia pola súa xenerosidade!

A GUARDA


Palestra sobre o Galego na Guarda


Xoves 16 maio, ás 19h30, no Centro Cultural

Centro Social Fuscalho / A Guarda

 Que é Xuliva Historia e Paisaxismo? E quen era Xuliva? Se queredes sabelo, aínda teredes que esperar un pouquiño, polo de agora aqui vai a nosa primeira atividade. Non a perdades se queredes saber ben de que vai isto.  

 É o galego unha lingua con futuro na Guarda?  

 Os últimos datos sociolingüísticos alertan dun descenso de case un 50% de falantes de galego en apenas dúas xeracións en Galiza. Na Guarda, a caída é dun 26% nos últimos dez anos e, segundo os últimos datos, xa só o 60% dos residentes no Baixo Miño usan a nosa lingua de forma habitual. Entre os/as adolescentes da Guarda, só un 20% declara falar galego acotío.  
 Ante esta situación, no curso 2017/18 decidimos elaborar, co alumnado de 3º da ESO do IES A Sangriña, un documentario que ilustrase este lento mais continuado proceso de declive. Por que cada vez falamos menos galego? Somos conscientes as persoas da Guarda de que estamos a deixar morrer o noso maior patrimonio colectivo? Debemos facer algo para reverter esta situación?  

 Velaí o debate. Convidamos a todas as guardesas e guardeses a visualizar connosco este proxecto documental no Centro Cultural o próximo xoves 16 de maio ás 20:00 horas, e a elaborar, entre todas/os, unha reflexión colectiva que nos permita pór a andar as medidas necesarias para que a nosa lingua continúe a ser o elo fundamental da nosa riqueza cultural, social e económica.  

 A historia é nosa! Axudade a partillar! 

SALCEDA DE CASELAS

DAVILA COMPROMÉTESE A ELIMINAR A TAXA DE NOVA APERTURA DE ESTABLECEMENTOS E A REDUCIR UN 10% O IMPOSTO DE RODAXE DE VEHÍCULOS E A TAXA DO LIXO 

· O candidato popular á alcaldía de Salceda de Caselas está convencido de que “hai que baixar os impostos e as taxas municipais” para “aliviar ás familias na medida do posible” e fomentar a dinamización da economía local 

· Davila asegura que “cunha boa xestión económica no  Concello non é necesario acosar aos veciños a impostos” senón axudarlles a “chegar a fin de mes” e a vivir “dignamente” 


Santiago Rodríguez  Davila, candidato do PP a Alcaldía de Salceda de Caselas

Infogauda / Salceda de Caselas

 O PP de Salceda de Caselas con Santiago Rodríguez  Davila á cabeza como candidato á alcaldía do municipio está convencido de que “hai que axudar aos veciños para chegar a fin de mes” e permitir que “vivan dignamente” e este motivo comprométese a baixar os impostos locais se o próximo 26 de maio consegue o apoio suficiente dos veciños para gobernar o  Concello. Entre outras medidas, eliminará a taxa de nova apertura de establecementos e reducirá nun 10% as taxas de rodaxe e do lixo. Estas son só algunhas medidas fiscais que propón  Davila, quen asegura que comezaría a aplicalas “de forma inmediata”. 

Taxa de nova apertura de establecementos 

 Poñer en marcha un negocio supón un “risco” económico moi importante para calquera emprendedor e, para minimizar o máximo posible este desembolso, o candidato popular aposta por acabar con esta taxa municipal. Para Davila, o importante é a apertura de comercios e de empresas para que se xeren novos postos de traballo e dinamícese o tecido económico de Salceda. Neste sentido, engade que “non podemos empezar a casa polo tellado subindo os impostos  abusivamente na última década sen levar a cabo medidas para o fomento do emprego, se hai traballo, hai vida, os veciños poderán cumprir coas súas obrigacións fiscais e os comercios, a hostalería e as empresas camiñarán a bo ritmo para que a Salceda de futuro chegue canto antes”.

Rebaixa do 10% en rodaxe e lixo

 A media por unidade familiar é de dous vehículos, o que significa que cada familia está obrigada a asumir o gravame, polo menos, por duplicado o que supón un montante superior aos 190€ ao ano, dependendo da potencia do vehículo. “Se a isto sumámoslle a taxa de lixo, 65€ no centro urbano e 40€ nas parroquias, pagar un 10% menos supón un aforro importante para as familias que poden dedicar a outras necesidades diarias”, argumenta  Davila. 

 Marcos Besada rexeitou sen xustificación o 10% de desconto que ofrecía Sogama a todos os  salcedenses e, por tanto, é unha débeda cos veciños que nos comprometemos a pagar a pesar de non ser o culpables pero, o que temos claro, é que non van ser os veciños quen asuma a incompetencia dun Alcalde que só pensa no seu propio beneficio”, promete o candidato popular e asegura farao “de forma inmediata”.

TUI

ACTOS PÚBLICOS DO BNG EN TUI  DE CARA OS COMICIOS MUNICIPAIS   


 BNG / Tui

 No BNG  somos ambiciosas e non nos poñemos límites. Cremos no noso País e no seu potencial, e con toda humildade mais tamén con orgullo pensamos que podemos sinalar como a política municipal do BNG é un exemplo do que somos capaces de facer cando cremos nas nosas capacidades e desatamos e liberamos o noso potencial, con proxectos e con ideas claras.  

 O BNG de Tui enfronta estas eleccións municipais convencidas de que van supor un importante avance no cualitativo e cuantitativo de Tui. Queremos ser determinates no concello acadando o governo municipal.  

 O BNG de Tui, encabezado pola candidata á alcaldía, Carme Núñez, é unha organización tremendamente sólida, con implantación no conxunto de Tui e con enorme capacidade para sumar persoas en favor dunha proposta dun concello diferente e con futuro.  

 O nacionalismo ten un modelo propio, recoñecible e de prestixio no campo da política municipal. Os concellos de referencia en Galiza polas súas políticas municipais, as transformacións urbanas e municipais de referencia, as experiencias municipais coñecidas e recoñecidas e mesmo premiadas dentro e fóra de Galiza, son sempre concellos en que governa o BNG.  

 Para coñecer o noso proxecto de futuro para Tui, e para recoller as propostas e suxerencias da cidadanía de Tui, facemos un chamamento ás nosas veciñas e veciños  á participar  nos  actos públicos que imos desenvolver parroquia por parroquia.

LABORAL

A CIG-Industria concentrarase en Faurencia-Asientos de Galicia para denunciar a precarización laboral e a perda de emprego 

A protesta enmárcase na campaña que a central desenvolve en defensa deste sector 

 Infogauda / Vigo

 A CIG-Industria ten convocada unha concentración para o vindeiro mércores, 15 de maio, diante de Faurencia-Asientos de Galicia (Polígono de Valadares, rúa 3), ás 10:30 horas, para denunciar a precarización das condicións laborais e os recortes salariais aplicados ao persoal e rexeitar os despedimentos que pretende executar a dirección da multinacional. 

 Esta mobilización forma parte da campaña que a central sindical está a desenvolver en resposta ao crecente deterioro das condicións de traballo neste sector e para reclamarlles ao Goberno español e á Xunta políticas que garantan o futuro da industria galega do automóbil ante a transformación que atravesa pola chegada de novas tecnoloxías e a aprobación da lei de cambio climático e transición enerxética.  

 De feito, a CIG xa se reuniu cos grupos parlamentares o pasado mes de febreiro para presentarlle o documento de propostas da Federación para o sector da automoción e solicitarlles que as convertan en iniciativas parlamentarias para garantir a súa supervivencia. Está pendente de concretarse unha xuntanza co clúster de empresas da automoción para abordar a situación desta industria e está solicitada tamén reunión coa Xunta de Galiza. 

 Para a CIG-Industria resulta fundamental apostar por vehículos menos contaminantes (híbridos, eléctricos e híbridos a gas); así como polo coche autónomo, de alto valor engadido, e no que a industria galega está a quedar nunha posición moi feble a respecto doutros países.  O sector da automoción, lembran, é estratéxico para o noso país e fundamental para as bisbarras de Vigo e Ourense. 

Estratexia de precarización en Asientos de Galicia 

 A decisión de levar a protesta a filial de Faurencia no Polígono de Valadares responde á estratexia de precarización laboral e salarial que a multinacional está a aplicar na súa división de asientos. Malia que nos últimos anos Asientos de Galicia tivo uns beneficios superiores aos 15 millóns de euros por exercicio, a dirección mantén o discurso de que "non son competitivos"; unha sorte de mantra que repiten todas as empresas do sector.  

 Non hai que esquecer que no ano 2016 a dirección propuxo unha redución salarial de 3.000 euros baixo a escusa de que había que gañar competitividade e así poder optar á adxudicación do novo modelo P24.  Ao tempo, o Grupo Faurencia conseguiu os asentos do Citroen K9, pero subcontratou esta actividade coa auxiliar LEAR (o antigo Grupo Antolín), deixando sen carga de traballo á súa planta de Asientos en Vigo.  

 A isto hai que sumar que o convenio de empresa a cinco anos asinado por CCOO, UGT, CSIF e CGT implica que os traballadores e as traballadoras non teñan aumentos salariais reais até 2020, para cando se contemplan subas iguais ao IPC. Pero, ademais, para os anos 2018 e 2019 asinaron un ERE temporal e unha redución salarial para cada un destes exercicios de 1740€ e 1000€, respectivamente. 

 Aínda que nese convenio de empresa se recolle que a empresa non realizará despedimentos durante o tempo de vixencia deste, a realidade é que, a día de hoxe, a dirección de Faurencia-Asientos de Galicia quere precarizar aínda máis as condicións e baralla levar a cabo extincións de contratos por causas obxectivas co obxectivo de recortar o cadro de persoal, a pesar de que nesta planta producirá o novo modelo de PSA Citroen.   

 A CIG non vai permitir este incumprimento flagrante do convenio e que a empresa execute despedimentos cando non existen causas que o motiven. A central tamén solicitou unha reunión co comité para afrontar de maneira conxunta este ataque laboral, mais os sindicatos asinantes do convenio rexeitaron esta posibilidade.

O ROSAL

Suspensión da presentación da candidatura dos Socialistas do Rosal prevista para este sábado




Socialistas de O Rosal

 Os Socialistas de O Rosal veñen de informar mediante a presente da suspensión do acto de presentación da candidatura previsto para este sábado no Centro Social Polivalente do Rosal ante o falecemento do noso compañeiro, Alfredo Pérez Rubalcaba, que ven de deixarnos no día de hoxe. 

 Estamos sen palabras e moi conmocionados por tal noticia, déixanos un home bo, sinxelo e brillante en todos os sentidos.‪ 

 Déixanos un home de Estado, que traballou pola paz e o benestar de todos e todas. Grazas Alfredo e ata sempre! 

 Informaremos proximamente da nova data para o acto de presentación da Candidatura. 

(R.)

OIA

Suspensión da presentación da Candidatura dos Socialistas prevista para hoxe en Oia  
 


 Socialistas de Oia

 Os Socialistas de Oia informan da suspensión do acto de presentación da candidatura previsto para hoxe venres tralo coñecemento de que o noso compañeiro, Alfredo Pérez Rubalcaba, ven de deixarnos no día de hoxe. 

 Estamos sen palabras e moi conmocionados por tal noticia, déixanos un home bo, sinxelo e brillante en todos os sentidos.‪ 

 Déixanos un home de Estado, que traballou pola paz e o benestar de todos e todas. 

 Grazas Alfredo e ata sempre! 

 Informaremos proximamente da nova data para o acto de presentación da Candidatura.

 (R.)

ARCOS DE VALDEVEZ

Apoio de 295 mil euros para a 2ª fase do Quartel dos Bombeiros



María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 A Câmara Municipal e os Bombeiros Voluntários de Arcos de Valdevez celebraram no passado domingo, 5 de maio, os 130 anos de existência da Associação com a assinatura de um protocolo de colaboração no valor de 295 mil euros, visando apoiar a segunda fase das obras de recuperação do seu Quartel, cujo orçamento ascende a 459.88,31€. 

 A requalificação do Quartel é resultado de uma parceria entre a Câmara Municipal e a Associação Humanitária dos Bombeiros Voluntários de Arcos de Valdevez, realizada a pensar na melhoria e reforço dos equipamentos e condições de proteção dos arcuenses e daqueles que visitam o concelho. Através dela também será possível requalificar a envolvente do mesmo. 

 A Câmara Municipal tem estado sempre próxima desta Associação desde o início do processo, ajudando-a na primeira fase da obra, apoiando na elaboração da candidatura e na fiscalização da obra, bem como através da atribuição de um montante financeiro de 105 mil euros. 

 Para além disso, todos os anos é celebrado um protocolo de apoio à atividade no valor de 60 mil euros, e um outro no valor de 25 mil euros para apoiar a EIP – Equipa de Intervenção Permanente, implementada e a funcionar através da congregação de esforços entre entidades. 

 Estes investimentos por parte do Município refletem a preocupação e atenção relativamente à Proteção Civil, Socorro e Segurança das populações e dos seus bens.

ARCOS DE VALDEVEZ

Município nas Comemorações do Dia da Europa 



 María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 Esta quinta-feira o Município convidou alunos das escolas para participar no momento de hastear da Bandeira da União Europeia, nos Paços do Município, assinalando o Dia da Europa, dia 9 de Maio. 

 Neste momento, os mais jovens ouviram o Presidente da Câmara Municipal abordar temas sobre a formação da União Europeia, bem como sobre a proximidade entre os países que daí adveio, a qual gerou diminuição de distâncias e aumento das ligações e transações económicas entre si. 

 No dia da Europa festeja-se a paz e a unidade do continente europeu. Esta data assinala o aniversário da histórica «Declaração Schuman». Num discurso proferido em Paris, em 1950, Robert Schuman, o então Ministro dos Negócios Estrangeiros francês, expôs a sua visão de uma nova forma de cooperação política na Europa, que tornaria impensável a eclosão de uma guerra entre países europeus. A sua visão passava pela criação de uma instituição europeia encarregada de gerir em comum a produção do carvão e do aço. Menos de um ano mais tarde, era assinado um tratado que criava uma entidade com essas funções. Considera-se que a União Europeia atual teve início com a proposta de Schuman. 

 Foi com grande empolgação e envolvimento que os alunos procederam ao hastear das bandeiras e se associaram a esta comemoração.

CULTURA

Colóquio sobre Teixeira de Queiroz dia 18, em Arcos de Valdevez 

- Importância e significado no panorama cultural nacional -   
 


 María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 Numa organização do Município de Arcos de Valdevez, em parceria com a Imprensa Nacional Casa da Moeda (INCM) e a Academia das Ciências de Lisboa, terá lugar no próximo dia 18 de Maio no Auditório da Casa das Artes arcuense o Colóquio “Teixeira de Queiroz (1919-2019): Literatura, Medicina e Cidadania”, que reunirá cerca de 15 palestrantes de diversas Universidades nacionais, entre eles a Ex Ministra da Cultura e Professora Catedrática Isabel Pires de Lima ou o Neurologista Alexandre Castro Caldas, e um número significativo de convidados e entusiastas de Teixeira de Queiroz, da sua Obra e da sua multifacetada personalidade, num evento integrado no programa do Centenário da Morte do escritor arcuense, que a edilidade de Arcos de Valdevez estabeleceu para o presente ano, e que conhecerá diversos momentos, incluindo a reedição da Obra de Teixeira de Queiroz, e de diversos originais, em parceria com a INCM. O Colóquio decorrerá entre as 9h30 e as 18h00 e tem entrada livre. 

 Francisco Teixeira de Queiroz nasceu em Arcos de Valdevez a 3 de maio de 1848 e faleceu em 1919, tendo sido um notável romancista e contista, seguidor da escola naturalista/realista, mas também um homem ativo na Sociedade e na Politica do seu Tempo; formou-se em Medicina, foi vereador da Câmara Municipal de Lisboa, deputado da Assembleia Nacional Constituinte, Ministro dos Negócios Estrangeiros e ainda presidente da Academia das Ciências de Lisboa, em 1915. António José Saraiva e Óscar Lopes comparam o talento deste escritor ao de Eça de Queiroz.  

 Para informações adicionais consulte a Página Oficial do Colóquio.

 Até dezembro será possível usufruir de um vasto programa cultural em torno do centenário da morte do escritor Teixeira de Queiroz no qual estão incluídos momentos como ações literárias e para o público escolar, ou até momentos ligados à Arte e ao teatro. 

PROGRAMA DO CENTENÁRIO DA MORTE DE TEIXEIRA DE QUEIROZ (1919-2019)    

18 de Maio - Colóquio sobre Teixeira de Queiroz; Auditório da Casa das Artes 
- Apresentação dos Concursos literários “Teixeira de Queiroz”, de âmbito Nacional e Escolar, ambos com atribuição em Julho de 2020; Auditório da Casa das Artes 
- Inauguração de Exposição sobre Teixeira de Queiroz; Foyer do Auditório da Casa das Artes  

20 de Junho - Apresentação do livro “Família de Teixeira de Queiroz- Casa de Cortinhas”, da autoria e edição de Luís Teixeira de Queiroz Pinto; Paço de Giela   

11 de Julho - Descerramento de placa de Homenagem ao escritor Teixeira de Queiroz; Casa de Cortinhas  

27 de Julho - Apresentação do livro “Teixeira de Queiroz- Uma Casa em Construção”, da autoria e edição de Pedro Castro Caldas; Paço de Giela  

Outubro 
- Ações de promoção e esclarecimento junto do público escolar sobre o Concurso Literário “Teixeira de Queiroz”; Estabelecimentos de Ensino concelhios  

Novembro 
- Apresentação do volume da obra “Comédia do Campo”, de Teixeira de Queiroz; edição da Imprensa Nacional Casa da Moeda e do Município de Arcos de Valdevez. Arcos de Valdevez (Auditório da Casa das Artes) e Lisboa (Academia das Ciências).  

16 de Novembro - Inauguração da Bienal de Arte “D’Art Vez 2019”, sob o tema Teixeira de Queiroz e a sua época; apresentação dos vencedores do concurso “Cria um Ex-libris”; Casa das Artes  

23 de Novembro - Estreia da peça de teatro/musical de Teixeira de Queiroz “O Grande Homem”, pelo GTV- Grupo de Teatro do Vez; Auditório da Casa das Artes.  

NOTA: em 2020 e 2021, respetivamente, serão apresentados os volumes “Comédia Burguesa” e “Vária/Obra Dispersa” (edição INCM/Município de Arcos de Valdevez)

MADRID

CULTURA

O PSIQUIATRA BARTOLOMÉ FREIRE EXPLICOU NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID ALGUNHAS CLAVES PARA OBTER O MÁXIMO PARTIDO DA VIDA DE XUBILADO  

Durante a presentación do libro “La jubilación, una nueva oportunidad”, do que é autor 


De esq. a der.: Carlos Mingote, Alfonso S. Palomares, a Sra. de Freire, o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, e Bartolomé Freire
Fotos: Casa de Galicia

Infogauda / Madrid

 O doutor Bartolomé Freire, psiquiatra coruñés xubilado, explicou onte na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia algunhas claves para obter o máximo partido da vida de xubilado, un período que implica cambios, novos retos e oportunidades. Fíxoo durante a presentación do libro “La jubilación, una nueva oportunidad”, publicado por LID editorial e do que é autor. Acompañaron a Freire na presentación o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, o escritor e xornalista Alfonso S. Palomares e o médico psiquiatra e psicanalista Carlos Mingote Adán.  

 Ónega fixo notar que o libro está prologado por Michael Maccoby, doutor o Psicoloxía e exdirector do programa de Tecnoloxía, Xestión Pública e Desenvolvemento Humano da Universidade de Harvard e apreciou que “a xubilación pode ser un período moi satisfactorio se se atopan metas que lle dean sentido”, adiantando que “o doutor Freire, no seu libro, ofrece algunhas claves para obter o máximo partido da vida de xubilado”. “Dalgunha forma a xubilación asóciase á vellez, aínda que haxa mozos vellos e vellos novos. Depende do espírito, da saúde e da sorte”, dixo, lembrando a cita de Mateo Alemán de que “a mocidade non é un tempo da vida, é un estado do espírito”. Observou así mesmo que a obra recolle os resultados dunha investigación realizada a partir de 150 entrevistas e afirmou que “o libro do doutor Freire é un libro excelente. Contén datos e experiencias que a todos interésannos e conveñen”.  


Durante a presentación, de esq. a der., Bartolomé Freire, José Ramón Ónega, Alfonso S. Palomares e Carlos Mingote

 A presentación do libro foi seguida por numeroso público

 Respecto ao autor, detallou que, ademais de doutor en Psiquiatría, é especialista en Psicoterapia, formouse en Madrid, México e Estados Unidos e traballou en institucións públicas e en consulta privada. Tamén dirixiu un consultorio sobre xubilación na revista “Vivir con júbilo” e na emisora rafiofónica Radiosol XXI.   

 Palomares apreciou que o libro está escrito cunha prosa “lixeira e clara”, pero, engadiu, “hai que sinalar que non é un libro superficial, senón todo o contrario”. “É un libro profundo sobre un asunto que preocupa a toda a nosa sociedade no último tramo das súas vidas. Resulta accesible a calquera que queira reflexionar con certa fondura sobre os variados aspectos que conleva a xubilación”, sostivo. Tamén que no libro “converxen tres perspectivas que lle outorgan unha particular solidez ao texto: unha metodoloxía empírica a través de 150 entrevistas a xubilados que proporciona unha base de datos suficientemente importante para analizar o fenómeno da xubilación; que estes datos dirían pouca cousa se non fosen postos en xogo a través do corpus teórico do autor, un profesional da psiquiatría cunha dilatada e brillante traxectoria clínica e unha formación en Psicoterapia que lle permite dar sentido a toda a información recompilada; e o feito de que o autor este xubilado dálle unha maior perpectiva do vivido. Este plus persoal proporciona unha autenticidade impagable”.  

 Carlos Mingote referiuse ao “privilexio de envellecer con éxito” e mantivo que “un 75% da saúde dos maiores depende dun medio ambiente e un estilo de vida saudables. Só un 25% vén dado pola carga xenética ou o azar”. Segundo Mingote, “o envellecemento é un proceso plástico e moldeable que pode desenvolverse de forma fisiolóxica, é dicir con éxito ou ben asociado a diversas enfermidades” e “en boa medida vai depender de nós mesmos”.  

 Pola súa banda, Freire explicou a estrutura e o contido da obra. “O libro comeza coa descrición da experiencia do fin da vida laboral e de transitar a unha etapa nova e descoñecida. O foco sitúase nas distintas portas de acceso á xubilación e na ampla gama de emocións e condutas que se xeran. Continúa cunha recisión detallada dos retos que supón a adaptación á vida de xubilado, como a procura dunha nova identidade, a xestión do tempo, a necesidade de novos consensos na parella e a familia, etc. Explícanse diferentes respostas aos mesmos, así como as habilidades psicolóxicas que favorecen unha adaptación creativa”, detallou.  

150 entrevistas, cinco estratexias 

 Na segunda parte, continuou, presenta “os resultados dun traballo experimental cuxo obxectivo foi coñecer as estratexias que despregan os xubilados para adaptarse e dar un novo sentido á súa vida. Para dispoñer de información sobre o devandito proceso entrevistei a 150 persoas xubiladas. Partindo da análise do contido de dicha entrevistas identifiquei as cinco estratexias ou orientacións máis frecuentes. Chameinas: atareados, disfrutadores, sosegados, exploradores e desenfocados, segundo o propósito dominante que as guiaba. Despois dunha exposición detallada das características de cada unha delas, aparece unha valoración das súas vertentes produtivas e improductivas, empregos con composicións de casos reais e cinco preguntas para que aqueles xubilados que se identifiquen cunha das estratexias poidan revisar a súa traxectoria”. “Para concluír, baseándome en todo o aprendido, respondo a algunhas preguntas e formulo algunhas conclusións sobre varios aspectos da xubilación”, sinalou.

PONTEVEDRA

AREEIRO URXE A APLICACIÓN DE TRATAMENTOS CONTRA O MILDIO TRAS DETECTAR INFECCIÓNS XERALIZADAS NAS VIÑAS  

O persoal técnico da Estación Fitopatolóxica asegura que hai manchas en todas as parcelas vixiadas e que no Salnés teñen síntomas o 50% das cepas  
 

 Apareceron manchas novas en todas as fincas
Foto: EFA
 Infogauda / Pontevedra

 A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA) vén de urxir no seu último aviso fitosanitario a aplicación de tratamentos contra o mildio nas viñas da provincia para evitar danos nos acios. Segundo explica o persoal técnico, nos últimos días producíronse condicións propicias para a infección, o que derivou en que se observasen manchas de ‘aceite’ en todas as revisións das parcelas propias e externas da rede de seguimento.  

 Nalgunhas viñas a presenza de síntomas era anecdótica, pero noutras, sobre todo na comarca do Salnés, a porcentaxe de cepas con síntomas estaba arredor do 50%. Esta presenza de manchas recentes unida á acumulación de humidade a nivel dos acios (que aínda non teñen os botóns florais separados) pode producir os primeiros danos nas uvas, polo que é preciso aplicar canto antes un tratamento se é que non se fixo xa, confirmar a súa eficacia e repetir a aplicación procurando utilizar materias activas diferentes ás xa empregadas.Tamén nestes momentos, subliñan dende a EFA, é imprescindible o control da vexetación  adventicia para evitar que reteña humidade e dificulte a aireación na contorna das  viñas.   

 Sobre o resto de patoloxías das viñas, o persoal técnico destaca que aínda non se detectaron síntomas de oídio sobre albariño, nin sobre outras variedades, mesmo sensibles e con historial de danos por este patóxeno. Tampouco se espera que aparezan síntomas de botrite a pesares de terse acumulado moita humidade debido ás choivas.   

 Si que se observaron os primeiros síntomas de ‘Blackrot’ tanto nas plantas da finca de Areeiro coma en dúas do Condado, mais apenas unha soa mancha ou máximo tres en follas moi puntuais dalgunha cepa. Por outra parte, as capturas de Lobesia botrana continúan en niveis moi baixos en todas as trampas e, unha semana máis, continúase sen detectar poboacións de acariose, nin nas parcelas propias de seguimento nin nas demais.  

 A EFA si advirte que nalgunhas viñas hai escaso desenvolvemento da vexetación nalgúns brazos, o que pode deberse a enfermidade da madeira, que requiriría dunha poda do brazo afectado despois da floración e con tempo seco.  

Tratamentos para froiteiras de óso, maceiras, kiwi e patacas 

 A EFA tamén sinala no seu último aviso fitosanitario da necesidade de aplicar tratamento sobre as variedades de maceira máis sensibles ao moteado debido ás condicións favorables ao fungo destes días. En canto ás bacterioses do kiwi, advírtese que aínda se pode realizar a aplicación de produtos, sobre todo polos lavados das chuvias.  

 Tamén é de destacar a necesidade de renovar os tratamentos fronte á lepra nas froiteiras de óso, cuxos síntomas son cada vez máis visibles a raíz das precipitacións e da elevada humidade que se rexistra. Finalmente, convén sinalar o alto risco de infección de mildio na pataca, polo que aínda que as plantas están en fase de crecemento activo, aconséllase mantelas protexidas, utilizando preferiblemente funxicidas sistémicos.

OIA

OS SOCIALISTAS DE OIA PRESENTAN SÚA CANDIDATURA

Este venres día 10 de maio, ás 20:00 horas, no Centro Cultural de Mougás


Infogauda / Oia

  Os Socialistas de Oia presentan este venres día 10 de maio, ás 20:00 horas, no Centro Cultural de Mougás súa candidatura ás eleccions municipais do 26 deste mes.

 Intervirán: 

· Elena Álvarez, nº 2 da candidatura 
· Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra 
· Gerardo Rodríguez, candidato á Alcaldía

CAMINHA

CINEMA

Boletim da Sessão nº 394

"A Terra Treme" de Luchino Visconti (1948)

Sexta-feira, 10 de maio às 21:45 no Auditório do Museu Municipal de Caminha



Locus Cinemae / Caminha

 “Com “A Terra Treme” Luchino Visconti levou quase ao extremo a ideia neo-realista de apresentar um tema o mais próximo possível de uma realidade não encenada, e não deturpada por concepções formais.  

 Para tal Visconti (com assistência do futuro realizador Franco Zeffirelli) usou apenas actores não profissionais (pescadores). Estes são filmados no seu meio natural (a aldeia piscatória da Sicília onde a acção decorre), em cenários naturais (tanto os exteriores, como os interiores formados pelas casas dos pescadores), num modo quase documental que faz o filme confundir-se com um documentário. Não faltam mesmo as narrações em off, que são os únicos apontamentos em italiano, num filme que é totalmente falado em dialecto siciliano. (…)  

 Embora não seja o primeiro filme italiano em dialecto (por exemplo Blasetti já assim tinha filmado “1860”), o filme de Visconti surpreendeu por uma abordagem tão realista, feita de cenários naturais, que apesar da fotografia encenada, é um testemunho perfeitamente natural de um povo. O filme espanta pelo realismo com que mostra as parcas condições de uma família tradicional da periferia de Itália, numa vila atrasada, que embora a meio do século XX, parece ter parado no tempo há séculos (o romance de onde é retirada a história data de 1881).  

 “A Terra Treme” foi o vencedor do Festival de Cinema de Veneza em 1948, o que não evitou que fosse mal recebido em Itália, onde o seu estilo austero e pouco formal foi criticado. O filme veria no entanto a sua reputação crescer com os anos, sobretudo graças ao sucesso internacional da corrente neo-realista.”  


FICHA TÉCNICA:
Título original: “La terra trema”, Itália, 1948
Realização: Luchino Visconti
Assistentes de Realização: Franco Rosi, Franco Zeffirelli
Produção: Salvo D’Angelo
Argumento: Argumento: Luchino Visconti, Antonio Pietrangeli, baseado no livro de Giovanni Verga “I Malavoglia”, 1881
Narração: Luchino Visconti
Fotografia: G.R. Aldo
Montagem: Mario Serandrei
Música: Willy Ferrero
Companhia produtora: Universalia Film
Duração: 153 minutos
FICHA ARTÍSTICA:
Antonio Arcidiacono (Ntoni)
Giuseppe Arcidiacono (Cola) 
Nicola Castorino (Nicola) 
Rosario Galvagno (Don Salvatore, o Marechal dos Carabinieri) 
Nelluccia Giammona (Mara) 
Maria Micale (A mãe) 
Lorenzo Valastro (Lorenzo)
Raimondo Valastro (Raimondo)
Salvatore Vicari (Alfio)
Luchino Visconti (narrador)

https://www.youtube.com/watch?v=5FB9EOr8Fok

Programação    
Ciclo O Cinema e o Mar        
17 de maio, “O Tubarão”, Steven Spielberg, EUA, 1975, Sessão 395 (M/12)     
24 de maio, “Vinte Mil Léguas Submarinas”, Richard Fleischer, EUA, 1954, Sessão 396 (M/6)     
31 de maio, “Um Peixe Fora de Água”, Wes Anderson, EUA, 2004, Sessão 397 (M/12)    
Ciclo Thriller        
7 de junho, “Matou”, Fritz Lang, Alemanha, 1931, Sessão 398 (s/ classificação)     
14 de junho, “Made in USA”, Jean-Luc Godard, França, 1966, Sessão 399 (M/12)     
21 de junho, “Um Assassino Pelas Costas”, Steven Spielberg, EUA, 1971, Sessão 400 (s/ classificação)     
28 de junho, “Fim-de-semana alucinante”, John Boorman, EUA, 1972, Sessão 401 (s/ classificação)