10 de maio de 2019

O ROSAL

Suspensión da presentación da candidatura dos Socialistas do Rosal prevista para este sábado




Socialistas de O Rosal

 Os Socialistas de O Rosal veñen de informar mediante a presente da suspensión do acto de presentación da candidatura previsto para este sábado no Centro Social Polivalente do Rosal ante o falecemento do noso compañeiro, Alfredo Pérez Rubalcaba, que ven de deixarnos no día de hoxe. 

 Estamos sen palabras e moi conmocionados por tal noticia, déixanos un home bo, sinxelo e brillante en todos os sentidos.‪ 

 Déixanos un home de Estado, que traballou pola paz e o benestar de todos e todas. Grazas Alfredo e ata sempre! 

 Informaremos proximamente da nova data para o acto de presentación da Candidatura. 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario