Suspensión da presentación da Candidatura dos Socialistas prevista para hoxe en Oia
Socialistas de Oia
Os Socialistas de Oia informan da suspensión do acto de presentación da candidatura previsto para hoxe venres tralo coñecemento de que o noso compañeiro, Alfredo Pérez Rubalcaba, ven de deixarnos no día de hoxe.
Estamos sen palabras e moi conmocionados por tal noticia, déixanos un home bo, sinxelo e brillante en todos os sentidos.
Déixanos un home de Estado, que traballou pola paz e o benestar de todos e todas.
Grazas Alfredo e ata sempre!
Informaremos proximamente da nova data para o acto de presentación da Candidatura.
(R.)

Ningún comentario:
Publicar un comentario