10 de maio de 2019

SALCEDA DE CASELAS

DAVILA COMPROMÉTESE A ELIMINAR A TAXA DE NOVA APERTURA DE ESTABLECEMENTOS E A REDUCIR UN 10% O IMPOSTO DE RODAXE DE VEHÍCULOS E A TAXA DO LIXO 

· O candidato popular á alcaldía de Salceda de Caselas está convencido de que “hai que baixar os impostos e as taxas municipais” para “aliviar ás familias na medida do posible” e fomentar a dinamización da economía local 

· Davila asegura que “cunha boa xestión económica no  Concello non é necesario acosar aos veciños a impostos” senón axudarlles a “chegar a fin de mes” e a vivir “dignamente” 


Santiago Rodríguez  Davila, candidato do PP a Alcaldía de Salceda de Caselas

Infogauda / Salceda de Caselas

 O PP de Salceda de Caselas con Santiago Rodríguez  Davila á cabeza como candidato á alcaldía do municipio está convencido de que “hai que axudar aos veciños para chegar a fin de mes” e permitir que “vivan dignamente” e este motivo comprométese a baixar os impostos locais se o próximo 26 de maio consegue o apoio suficiente dos veciños para gobernar o  Concello. Entre outras medidas, eliminará a taxa de nova apertura de establecementos e reducirá nun 10% as taxas de rodaxe e do lixo. Estas son só algunhas medidas fiscais que propón  Davila, quen asegura que comezaría a aplicalas “de forma inmediata”. 

Taxa de nova apertura de establecementos 

 Poñer en marcha un negocio supón un “risco” económico moi importante para calquera emprendedor e, para minimizar o máximo posible este desembolso, o candidato popular aposta por acabar con esta taxa municipal. Para Davila, o importante é a apertura de comercios e de empresas para que se xeren novos postos de traballo e dinamícese o tecido económico de Salceda. Neste sentido, engade que “non podemos empezar a casa polo tellado subindo os impostos  abusivamente na última década sen levar a cabo medidas para o fomento do emprego, se hai traballo, hai vida, os veciños poderán cumprir coas súas obrigacións fiscais e os comercios, a hostalería e as empresas camiñarán a bo ritmo para que a Salceda de futuro chegue canto antes”.

Rebaixa do 10% en rodaxe e lixo

 A media por unidade familiar é de dous vehículos, o que significa que cada familia está obrigada a asumir o gravame, polo menos, por duplicado o que supón un montante superior aos 190€ ao ano, dependendo da potencia do vehículo. “Se a isto sumámoslle a taxa de lixo, 65€ no centro urbano e 40€ nas parroquias, pagar un 10% menos supón un aforro importante para as familias que poden dedicar a outras necesidades diarias”, argumenta  Davila. 

 Marcos Besada rexeitou sen xustificación o 10% de desconto que ofrecía Sogama a todos os  salcedenses e, por tanto, é unha débeda cos veciños que nos comprometemos a pagar a pesar de non ser o culpables pero, o que temos claro, é que non van ser os veciños quen asuma a incompetencia dun Alcalde que só pensa no seu propio beneficio”, promete o candidato popular e asegura farao “de forma inmediata”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario