3 de out. de 2018

A GUARDA

CULTURA

ANÓNIMAS
Retratos de musas cotidianas


Con ilustracións de Gemma Marqués e texto Lola Costas

A Casa Taller acollerá a expo presentación, o domingo día 7 de outubro, ás 12:00 h.


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda


 Dunha muller, Gemma Marqués Redondo, licenciada en Bela Artes, pintora, docente e xestora cultural, xurdiu o embrión Anónimas, que é un proxecto feminista que ven desenvolvendo como artista e que xa se visibilizou nuns murais que realizou no muro exterior do campo de fútbol O Regatiño, en Goián.

 Máis Anónimas, que acredita haber nacido con vocación de continuidade espacial e temporal, ten por fin, un bonito libro coas acuarelas orixinais inspiradas en mulleres normais e correntes da serie "Anónimas, retratos de musas cotidianas", de Gemma MarquésTrátase segundo a pintora nos dixo “dunha especie de catálogo, cunha montaxe moi coidada, en formato cadrado, con papel groso reciclado a todo cor e cun texto feminista de Lola Costas.  

Editado en castelán e galego, traducido por Matías da Torre”.

 Sobor dese libro de artista, Gemma Marqués díxonos: “Consiste en facer unha homenaxe ás mulleres normais e correntes mediante retratos en acuarela, salientando o seu lado máis forte, a súa mirada, a súa poder. Nais, fillas, avoas, traballadoras todas e case sempre na sombra (...).

A CASA TALLER ACOLLERÁ A EXPO PRESENTACIÓN

 A expo presentación de Anónimas - Retratos de musas cotidianas, cuxo subtítulo é Libro de acuarelas feministas para un nuevo orden, terá lugar o domingo día 7 de outubro, ás 12:00 h., na Casa Taller (rúa Malteses, nº 53), de A Guarda.

 Entrada de balde. Música e vermú.

A GUARDA

A Guarda  sorteou xa 40 carros 

Na Campaña de Mobilidade «A Guarda, todo moi preto» 

O alcalde e a concelleira de Comercio, cos clientes do Mercado da Praza de Abastos, agraciados cos carros de compra
Fotos: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 Este mércores día 3 de outubro, realizouse a entrega dos 20 carros de compra correspondentes ao segundo sorteo realizado entre os clientes do Mercado da Praza de Abastos dentro da Campaña de Mobilidade «A Guarda, todo moi preto».  

O alcalde de A Guarda facéndolle entrega a Emilio Pacheco Cardoso, do seu carro de compra, en presenza da concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes

 Os 20 premiados neste sorteo recolleron o seu carro no segundo andar do Mercado da Praza de Abastos da Guarda da man do alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e da concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes Álvarez, xunto cun plano «Metrominuto», no que se especifican os tempos e distancias entre os principais puntos do casco urbano coma a Praza do Reló, a Alameda, os aparcamentos, as zonas de servizos, entre outros.  

 A Guarda continúa a promover a mobilidade, o comercio e a dinamización do mercado municipal da Praza de Abastos con sorteos semanais de 20 de carros da compra para que os veciños e veciñas os empreguen para mercar no casco urbano. Cada semana repartiranse papeletas entre os clientes da Praza de Abastos da localidade e realizaranse sorteos de 20 carros semanais ata o vindeiro 22 de outubro. 

 A Campaña «A Guarda, todo moi preto» abrangue diferentes accións e actividades nos espazos públicos orientadas á concienciación do uso da rúa para a xente, facilitando o movemento a pé polo casco urbano da vila, co emprego das prazas de aparcamento disuaorio postas en marcha nos últimos meses. O obxectivo é ir retirando de xeito paulatino os vehículos da rúa e darlle prioridade aos peóns no centro da vila, cunha filosofía de uso racional dos vehículos, coma o caso da Praza do Reló, tendo coma referencia o proxecto de Francesco Tonucci da Rede Española de Cidades das nenas e dos nenos, da que A Guarda forma parte.

A GUARDA

Presentación del candidato de Gestión Democrática a las elecciones municipales por el Concello de A Guarda  

Xermán Cordero Verde
Candidato de Gestión Democrática a la Alcaldía de A Guarda

 El candidato estará acompañado por miembros de la lista así como por el Secretario Federal de Galicia, Guillermo Louleiro Abalde.   
DATOS DEL EVENTO:  
Lugar: Centro Cultural de A Guarda (Rúa Rosalía de Castro) Día: 06 de Octubre del 2018 
Hora:12:00  
Después del evento ofreceremos un vino gallego.

A GUARDA

CULTURA

Ciclo de Cinema de Outono 

· Comeza este venres día 5 de outubro, ás 21:00 h., no salón de actos do Centro Cultural 

Infogauda / A Guarda

 Este venres día 5 de outubro, ás 21:00 h., no salón de actos do Centro Cultural, comeza o ciclo Cinema de Outono coa proxección da película «El sueño de Gabrielle», non recomendada para menores de 12 anos. 

 A entrada é de balde.  

Sipnose

«El sueño de Gabrielle» 

 Cunha duración de 120 minutos esta película está ambientada na Francia dos anos 50. Gabrielle (Marion Cotillard) vive nunha pequena vila da Provenza francesa e o seu soño é atopar o amor verdadeiro. Os seus pais a obrigan a casarse con José (Àlex Brendemühl), un granxeiro español honrado e agarimoso, pois pensan que fará de ela unha muller respectable.   

 O Ciclo de «Cinema de Outono» continuará o vindeiro venres día 2 de novembro, ás 21:00h no Centro Cultural coa proxección de «Animales fantásticos».  

 Dende a Concellería de Cultura convindan á cidadanía a asistir e participar nesta nova edición do Cinema de Outono.

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

As obras de urbanización da Subida a San Amaro avanzan a bo ritmo  

Vista parcial do estado das obras que están realizándose na Subida a San Amaro
Foto: C.A.G.

Infogauda / Camposancos

 O pasado 10 de setembro iniciáronse as obras de urbanización e mellora de servizos da Subida a San Amaro en Camposancos, unhas obras que segundo afirman desde o executivo municipal do Concello de A Guarda avanzan segundo o programa inicial, e que as previsións estiman que estea rematada nun prazo aproximado dun mes.  

 Esta rúa que conecta a estrada de Circunvalación ao seu paso por Camposancos coa Igrexa da Visitación, contará tralo remate das obras con dobre sentido de circulación, delimitación dos espazos peonís, zonas de aparcamento, xardíns e a previsión para instalación dos contedores de residuos. 

 O proxecto, que se pode consultar a través do portal de transparencia da sede electrónica municipal, contempla a renovación da rede de abastecemento de augas, así coma a dotación de bocas de incendios e substitución da rede de saneamento, separando as augas pluviais e fecais.  

 A rúa contará cunhas beirarrúas de enlousado de granito, unha pavimentación de lastros de granito rexuntados con morteiro e unha lousa de granito central, con acabado abuxardado.  

 O investimento total destas obras é de 160.216,68 € IVE incluído con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

PONTEVEDRA

O PP denuncia que 7 de cada 10 euros dos plans DepoRemse e Reequilibrio da Deputación repartíronse a concellos do PSOE e BNG  

Ángel Moldes critica o “reparto arbitrario que fan Carmela Silva e César Mosquera cos fondos provinciais mentres se atreven a percorrer toda a provincia presumindo de reparto equitativo e de criterios obxectivos”. 

Dos 29 millóns que se repartiron con cargo aos dous plans en 2017 e 2018, 17,5 se gastaron en concellos afíns ao Bipartito provincial. 

• “Son plans feitos a medida para concellos onde gobernan”, engade.   

Ángel Moldes, voceiro popular na Deputación de Pontevedra, e Santiago Rodríguez Davila, deputado provincial
Foto e infografías: G. P.P.

Infogauda / Pontevedra

 O grupo provincial do Partido Popular denunciou esta mañá que case 7 de cada 10 euros que se repartiron en 2017 e 2018 con cargo aos plans de Reequilibrio e DepoRemse da Deputación foron para concellos gobernados polo PSOE e polo BNG. Así, dos 29 millóns de euros que se repartiron con cargo aos dous plans, 17,5 millóns se gastaron en concellos afíns ao Bipartito provincial.  


 Nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo deputado provincial Santiago Rodríguez Davila, o voceiro popular, Ángel Moldes, criticou “o reparto arbitrario que fan Carmela Silva e César Mosquera cos fondos provinciais, mentres se atreven a percorrer toda a provincia presumindo de reparto equitativo e de criterios obxectivos”. Nesta liña, Moldes ironizou que “para non ser un reparto arbitrario,os concellos do PSOE e BNG non saíron nada desfavorecidos”. Fronte a esta situación, os concellos gobernados polo Partido Popular, recibiron 6,2 millóns de euros-o 23% dos fondos-, e por outras formacións políticas, 2,1 millóns de euros.  

 “Se a semana pasada denunciabamos o reparto caciquil e arbitrario do Bipartito da Deputación nos fondos DepoRemse, esta comparativa co Plan de Reequilibrio, con datos totalmente obxectivos, amósanos de xeito moi claro o que está acontecendo na institución provincial e como se está facendo o reparto dos seus fondos para destinalos aos de sempre. Son plans feitos a medida para concellos onde gobernan”, engadiu.  


 Para os populares “queda en evidencia ese argumentario que repiten unha e outra vez falando de repartos equitativos e obxectivos. O reparto non está equilibrado, porque non é normal que 7 de cada 10 euros estean destinados para gobernos socialistas ou nacionalistas, co agravante de que a maior parte dos concellos da provincia están gobernados por alcaldes do Partido Popular”. 

 Para Moldes, outro dos datos para ter en conta é que dos 10 concellos que máis fondos recibiron con cargo a estes dous plans, hai oito concellos do PSOE e BNG e só 2 do PP. E só estes 8 concellos repártense 11,3 millóns de euros. 

CONCELLOS EN BRANCO 


 “Pero mentres hai concellos moi beneficiados, tamén hai concellos moi prexudicados”, puntualizou o voceiro, ao referirse a que hai 13 concellos “en branco”, que a pesar de presentar proxectos non recibiron nin un só euro de ningún dos 29 millóns que se repartiron nestes dous anos, e que casualidade, 12 son concellos gobernados polo PP e un doutra cor política, pero ningún do BNG nin do PSOE. “Sempre son os mesmos os que quedan fóra, porque non recibiron nin un euro do Plan de Reequilibrio de 2017, pero tampouco do Plan DepoRemse de 2018, mentres outros concellos recibiron grandes cantidades de un máis de outro”. Arbo, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Marín, Mondariz Balneario, Mos, Pazos de Borbén, Portas, Redondela, O Rosal, Valga e Vilanova de Arousa quedaron fóra dos dous plans.  

 Moldes tamén incluíu outra lista de concellos prexudicados por este reparto, que son “os concellos que xa non se fían da Deputación e deciden non presentar proxectos, non porque non precisen investimentos, senón porque non queren arriscarse a gastar fondos municipais para pagar a redacción de proxectos cando xa saben que van quedar fóra do reparto”. 

DEPORTES

Este domingo celébrase a 15k do Atlántico 


Infogauda / Oia

 O pasado martes día 2 de outubro de 2018 o CEIP Mestre Manuel García de Oia acolleu a presentación da sexta edición da 15k do Atlántico – Banco Mediolanum, unha proba deportiva referente do running galego que congregará este ano a preto de 600 corredores na categoría 15k e 200 na categoría de andaina, empregando parte do trazado do Camiño Portugués da Costa.  

 Na presentación do evento contouse coas intervencións de Serafín Martinez, director da proba; Alesia Kurchankova, madriña desta edición; a alcaldesa de Oia, Cristina Correa Pombal; a alcaldesa do Rosal, Mª del Carmen Alonso Alonso; o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba; o Xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides e Ángeles Franco, gerente de Banco Mediolanum.  

 No acto de presentación, a xogadora do Mecalia Atlético e madriña da proba, Alesia Kurchankova amosou sentirse orgullosa de ser elexida madriña desta edición, pola súa parte Serafín Martínez recalcou que «unha proba deste tipo non sería posible sen a colaboración institucións privadas coma o Banco Mediolanum e sen a axuda de institucións públicas coma os Concellos participantes». 

 O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, destacou na súa intervención “foi un acerto facer esta carreira nesta zona, onde os participantes gozan das nosas paisaxes á vez que realizan práctica deportiva”.   

 A 15k do Atlántico - Banco Mediolanum chega a súa sexta edición superando as expectativas de participación, o que reflexa a boa organización e a consolidación dunha proba que xa forma parte do calendario anual deste tipo de probas deportivas en Galicia para moitos atletas. Ademais e dentro da filosofía, “Deporte saludable” terá lugar a “andaina popular” cunha distancia aproximada de 12 kms, onde os participantes poderán animar e ver aos corredores da 15k ao seu paso polo Concello do Rosal.  

O percorrido pasa por varias rúas de A Guarda e remata no porto

 Coma novidade, nesta edición contarase coas actuacións, a partires das 11:30 horas, dos grupos Awen, na Praza de San Bieito, e Mbolo Mooye Doolé, na Praza do Reló, e os participantes contarán un ano máis con transporte en autobús dende a Atalaia do Porto ata a liña de saída en Oia. 

 Tamén o percorrido terá novo trazado á chegada á Guarda, pasando por varias rúas do casco urbano.

COOPERACIÓN

ENQUISA VIRTUAL PARA PARTICIPAR NA ‘ESTRATEXIA DE COOPERACIÓN DO RÍO MIÑO TRANSFRONTEIRIZO 2030’  

· O deputado Uxío Benítez insta a participar para aportar opinións, necesidades ou suxestións sobre o futuro e o desenvolvemento do territorio da raia  

· As persoas interesadas en participar poderán facelo a través da web do proxecto SmartMinho.

Infogauda / Pontevedra

 O proceso participativo da ‘Estratexia de Cooperación do Río Miño Transfronteirizo 2030’ pretende chegar a toda a cidadanía do territorio da raia e coñecer cales son as súas opinións sobre como tirar rendemento de forma conxunta das potencialidades naturais e económicas que existen en ámbalas dúas marxes. Para iso vén de poñerse en marcha unha enquisa virtual a través da páxina web do proxecto europeo SmartMinho -impulsado pola Deputación de Pontevedra e,  CIM Alto Minho e a Fundación CEER-.  

 A través desta enquisa todas aquelas persoas vencelladas dalgún xeito ao territorio do Río Miño Transfronteirizo poderán plasmar as súas opinións, necesidades e suxestións, reflectindo así cales son os elementos que consideran máis relevantes, a súa valoración sobre determinados servizos (actividades culturais, mobilidade, servizos de educación e saúde, entre outros), ou o seu parecer sobre aspectos concretos como, por exemplo, o desenvolvemento dunha marca específica para os produtos locais ou a creación dunha marca turística.  

 Coa información obtida, analizada e procesada, elaborarase un informe de participación no que esta enquisa será un fluxo de información moi relevante para proceder á incorporación dos diferentes resultados do proceso á versión definitiva da Estratexia final e o seu Plan de Acción.Toda a información do proceso participativo está dispoñible premendo eiquí.  

 Esta enquisa a través da web do proxecto permitirá completar outros mecanismos de participación como son as mesas sectoriais que arrancaron o pasado 24 de setembro e que están decorrendo cun gran éxito de participación. Segundo explica o deputado de Cooperación Transfronteiriza e presidente da AECT Rio Minho, Uxío Benítez, é moi importante contar coa máxima participación co fin de que as futuras liñas de actuacións sexan consensuadas entre todas as partes implicadas tanto de xeito directo como indirecto.   

 O nacionalista insiste, de feito, en que aquelas persoas que non poidan asistir ás mesas sectoriais se sumen igualmente ao proceso de participación cidadá aportando as súas achegas e suxestións a través da páxina web, no ‘Espazo virtual transfronteirizo de participación cidadá’ habilitado con esa finalidade e que estará aberto até finais de outubro deste ano. “Todas as aportacións, por pequenas que sexan, suman información para poder potenciar un territorio tan rico como o do Miño na boa dirección”, finalizou. 

 A ‘Estratexia de CooperaciónI ntelixente’ do rio Minho Transfronteirizo enmárcase dentro do proxecto Smart Minho a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2014-2020 (INTERREG V-A) e está cofinanciado ao 75 %, cunorzamento total de 942.022,47 euros.

MOAÑA

CULTURA
A Asociación Cultural Caldeirón presenta o libro Labirinto ou memoria, de Marta Dacosta 

· O venres día 5 de outubro, ás 20:00 horas, na librería O Pontillón de Moaña



A. C. Caldeirón / Moaña

 A A. C. Caldeirón presenta o libro de poesía Labirinto ou memoria da escritora Marta Dacosta, na Librería O Pontillón (rúa Concepción Arenal, 7, A Seara, Moaña). O acto terá lugar o venres día 5 de outubro, ás 20:00 horas.
Labirinto ou memoria
 Labirinto ou memoria é un libro que quere reflexionar sobre a memoria, sobre a súa fiabilidade e os seus traumas. Son certas todas as lembranzas que gardamos? Sucederon efectivamente así? Por que gardamos na memoria feitos que son, aparentemente, intranscendentes? por que non interpretamos correctamente algunhas lembranzas?
 A memoria é un material para a escrita tan moldeábel coma o barro. É persoal, colectiva, sentimento, historia, soño, realidade... Imaxes ás que nos aferramos mentres a razón nos esfarela os argumentos. A reconstrución do pasado coas súas imperfeccións e os seus avisos. O intento de perseguir e comprender a realidade.
 "Labirinto ou memoria é un libro efectivo. Realiza perfectamente un percorrido polos sentidos e sensibilidades universais mediante o empirismo individual". 
David González, Blog literario Palabra de Gatsby.
 “Labirinto ou memoria” ben podería ser considerado como un traballo de análise sobre os condicionamentos da mente humana á hora de adentrarse nas nosas lembranzas.” 
Manrique Fernández, Blog literario O meu andel.
 Sobre a presentación: “… unha das presentacións máis orixinais e íntimas que vira nunca”, “unha actividade distinta a todas, en que volvemos ser nenos, cheirar café acabado de facer, pan, herba e chuvia. No medio das présas da nosa vida, fíxonos parar e lembrar quen somos.” 
Gabriel Romero de Ávila, xornal Vigoé.
Marta Dacosta (Vigo, 1966)

Marta Dacosta Alonso
 Publicou os libros de poesía: Crear o mar en Compostela, premio de poesía "O Grelo" 1993, Pel de ameixa, premio González Garcés 1995, Setembro, premio "Martín Códax" 1998, En atalaia alerta, accésit do Esquío 1999, As Amantes de Hamlet, 2003, Cinsa, 2009, Acuática alma 2011, Argola, premio O Figurante edicións 2013, Dun lago escuro, premio Joham Carballeira 2013, finalista dos Premios AELG ao mellor libro de poesía de 2014, e Na casa da avoa 2017, finalista da Gala do libro galego ao mellor libro de poesía dese ano. A súa obra está recollida en diversas antoloxías como: Veinte puntos de fuga, do Ministerio de Cultura de Venezuela, Compañeira tristeza, Centro de Estudos Galegos da Universidade de San Petersburgo, Poetes gallecs d'avui, Llibres del Segle ou Galician poetry, Metamorphoses 22, Massachussetts. Publicou tamén o libro de viaxes Baixo Miño 2009, os textos do proxecto Un mar de mulleres 2010 e estudos sobre a obra de X. L. Méndez Ferrín, Victoriano Taibo ou Manuel María.

VIANA DO CASTELO

Conferência “Azulejos de Policarpo de Oliveira Bernardes em Viana do Castelo”

Esta sexta-feira, dia 5 de outubro, pelas 21h30, no Museu de Artes Decorativas, no Largo de S. Domingos, em Viana do Castelo   



Infogauda / Viana do Castelo

 O Presidente da Câmara Municipal de Viana do Castelo convida para a conferência “Azulejos de Policarpo de Oliveira Bernardes em Viana do Castelo” e visita guiada aos azulejos do Museu de Artes Decorativas, orientada pelo professor e investigador José Meco, que decorrerá esta sexta-feira, dia 5 de outubro, pelas 21h30, no Museu de Artes Decorativas, no Largo de S. Domingos, em Viana do Castelo.   

LABORAL

Traballadoras dos elaborados do mar protestarán en Conxemar por un convenio digno 

Reivindican mellorar as condicións do peor convenio de todo o sector de alimentación

Infogauda / Vigo

 As traballadoras do sector dos produtos elaborados do mar, feminizado, precarizado e con peso maioritario en Galiza, deciden pasar á ofensiva e convocan mobilizacións por un acordo digno tras a ruptura das negociacións do convenio estatal. A Feira Internacional Conxemar, en Vigo, é o lugar escollido para unha protesta que terá lugar este xoves día 4 de outubro ás 10:00 horas, e que persegue denunciar a actitude involucionista da patronal.

SANTIAGO DE COMPOSTELA

CULTURA

BibliotequEros

MESA REDONDA: ARREDOR DOS LIBROS E DO EROTISMO

· Xoves día 4 de outubro ás 19:00 horas, no Museo do Pobo Galego


Infogauda / Santiago de Compostela

 O Museo do Pogo Galego, de Santiago de Compostela, convida a mesa redonda que  no contexto da mostra BibliotequEros terá lugar mañá, 4 de outubro ás 19:00, e versará sobre o os libros e o erotismo. 

Intervirán:   
- Santiago Díaz Lage, comisario 
- Olga Novo, escritora 
- Francisco Macías, editor   

 E contará coa colaboración de María Lado e Lucía Aldao.