CULTURA
Ciclo de Cinema de Outono
· Comeza este venres día 5 de outubro, ás 21:00 h., no salón de actos do Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
Este venres día 5 de outubro, ás 21:00 h., no salón de actos do Centro Cultural, comeza o ciclo Cinema de Outono coa proxección da película «El sueño de Gabrielle», non recomendada para menores de 12 anos.
A entrada é de balde.
Sipnose
«El sueño de Gabrielle»
Cunha duración de 120 minutos esta película está ambientada na Francia dos anos 50. Gabrielle (Marion Cotillard) vive nunha pequena vila da Provenza francesa e o seu soño é atopar o amor verdadeiro. Os seus pais a obrigan a casarse con José (Àlex Brendemühl), un granxeiro español honrado e agarimoso, pois pensan que fará de ela unha muller respectable.
O Ciclo de «Cinema de Outono» continuará o vindeiro venres día 2 de novembro, ás 21:00h no Centro Cultural coa proxección de «Animales fantásticos».
Dende a Concellería de Cultura convindan á cidadanía a asistir e participar nesta nova edición do Cinema de Outono.
Ningún comentario:
Publicar un comentario