3 de out. de 2018

A GUARDA

CULTURA

ANÓNIMAS
Retratos de musas cotidianas


Con ilustracións de Gemma Marqués e texto Lola Costas

A Casa Taller acollerá a expo presentación, o domingo día 7 de outubro, ás 12:00 h.


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda


 Dunha muller, Gemma Marqués Redondo, licenciada en Bela Artes, pintora, docente e xestora cultural, xurdiu o embrión Anónimas, que é un proxecto feminista que ven desenvolvendo como artista e que xa se visibilizou nuns murais que realizou no muro exterior do campo de fútbol O Regatiño, en Goián.

 Máis Anónimas, que acredita haber nacido con vocación de continuidade espacial e temporal, ten por fin, un bonito libro coas acuarelas orixinais inspiradas en mulleres normais e correntes da serie "Anónimas, retratos de musas cotidianas", de Gemma MarquésTrátase segundo a pintora nos dixo “dunha especie de catálogo, cunha montaxe moi coidada, en formato cadrado, con papel groso reciclado a todo cor e cun texto feminista de Lola Costas.  

Editado en castelán e galego, traducido por Matías da Torre”.

 Sobor dese libro de artista, Gemma Marqués díxonos: “Consiste en facer unha homenaxe ás mulleres normais e correntes mediante retratos en acuarela, salientando o seu lado máis forte, a súa mirada, a súa poder. Nais, fillas, avoas, traballadoras todas e case sempre na sombra (...).

A CASA TALLER ACOLLERÁ A EXPO PRESENTACIÓN

 A expo presentación de Anónimas - Retratos de musas cotidianas, cuxo subtítulo é Libro de acuarelas feministas para un nuevo orden, terá lugar o domingo día 7 de outubro, ás 12:00 h., na Casa Taller (rúa Malteses, nº 53), de A Guarda.

 Entrada de balde. Música e vermú.

Ningún comentario:

Publicar un comentario