24 de xan. de 2018

A GUARDA

EMPREGO

O Concello ofertará 18 postos para persoas desempregadas 

Con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra


Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda ven de solicitar á Deputación de Pontevedra unha subvención para a contratación laboral temporal de 18 persoas en situación de desemprego, con cargo ao Plan Concellos 2018.   

 As prazas ofertadas destinaranse a traballos de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, cunha duración máxima de 9 meses, para o que se solicitarán  dous axudantes para a recollida do lixo, persoal para a limpeza das praias (4), dous varredores, técnicos de turismo (1), informática (1), e medio ambiente (1), tres peóns forestais, un oficial e un axudante de albanelería, un auxiliar para o Centro Cultural e un conserxe para a Fortaleza de Santa Cruz.   

 As persoas interesadas nalgúns dos postos ofertados deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego (SEPE) como demandantes e dados de alta no Código Nacional de Ocupación (CNO) correspondente á praza que desexan solicitar.   

 O SEPE realizará unha sondaxe para localizar, en base aos seus datos, ás persoas candidatas que reúnan os requisitos, de xeito que é moi importante que as persoas interesadas estean inscritas no CNO asociado ao posto do seu interese. Para coñecer o código que corresponde, os e as interesadas poden achegarse á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) do Concello da Guarda, onde se lles facilitará toda a información necesaria. 

A GUARDA

A Biblioteca celebrará o Día da Ilustración 

Cunha sesión de «Contos Contados» dedicada a Castelao  



Infogauda / A Guarda

 Con motivo do Día da Ilustración e o aniversario do nacemento de Castelao, a Biblioteca Pública Municipal da Guarda celebrará este sábado, 27 de xaneiro, unha nova sesión de «Contos contados» centrada na obra do escritor e debuxante rianxeiro, baixo o título «Castelao e os nenos». 

 A actividade comezará ás 11:30 horas, coa lectura conxunta dunha selección de textos da obra «Cousas da vida», na que se recollen todos os debuxos do autor, acompañados por textos explicativos ou diálogos, publicados dende 1924 nos diarios Galicia e Faro de Vigo.  

 Deseguido, as cativas e cativos e os seus acompañantes poderán participar no obradoiro «Decora con Castelao», elaborando un recordo propio relacionado coa temática da sesión.  

 «Contos contados» é unha actividade de animación á lectura dirixida ao público infantil que propón un acercamento aos libros de forma creativa e lúdica, favorecendo a participación das familias.

A GUARDA

O CONCELLO CONVOCA AO COMERCIO GUARDÉS 

Para tratar sobre a reubicación do ‘mercadillo’  


Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda, a través da Concellería de Comercio, convoca ás asociacións de comerciantes da Guarda a unha reunión para tratar sobre a reubicación do mercado popular, que na actualidade se celebra cada sábado pola mañá na rúa A Coruña.   

 Tal e como se anticipou na Mesa de Comercio Local celebrada o pasado 22 de xaneiro, compre acordar unha nova localización para a realización do ‘mercadillo’, co obxectivo de potenciar a súa actividade. 

 A cita será ás 20:00 horas do vindeiro luns, 29 de xaneiro, no Concello da Guarda. 

TUI

O BNG PRESENTA UNHA MOCIÓN DEMANDANDO O ARRANXO DAS DEFICIENCIAS DO NOVO CENTRO DE SAÚDE DE TUI 


Carme Núñez, portavoz municipal do BNG no Concello de Tui

BNG / Tui

 O modelo sanitario do Partido Popular non é un modelo novo, xa ten moitos anos de experiencia noutros países e comunidades, e xa temos certa experiencia do que pode pasar e, de feito, en Vigo sufrimos unha dupla dirección no hospital: por un lado, a empresa concesionaria e, pola outra, a parte sanitaria. Ambas as partes teñen que convivir e isto xera problemas de competencias. Alén diso, hai un problema moi claro: unha parte dos servizos non sanitarios pero esenciais para garantir a calidade da asistencia prestada contrátase con criterios de rendemento económico.  No Reino Unido diminuíu o persoal de limpeza e incrementáronse as infeccións sanitarias, cando o Reino Unido era un modelo deste sentido. O cambio alí foi radical e agora conta cun plan de loita específico contra as infeccións sanitarias.   

 Na actualidade estamos a sofrir tamén no noso concello as consecuencias  na mala xestión  do Partido Popular no eido sanitario, pois, dese que abriu o novo PAC en Tui, por certo, megaproxecto do anterior alcalde do Partido Popular, Moisés Rodríguez e actual parlamentario,  que aínda carece de licencia de construcción, vemos a cotío as seguintes carencias:  

 - A sala de espera de urxencias é claramente insuficiente, pois so hai espazo para 10 persoas, véndose obrigados a agardar en corredores e en zonas que non son destinadas a tal fin dificultando o traballo do persoal sanitario.  

 - Na primeira planta do PAC (zona de consultas) existen  so 3 baños, dos cales ningún é para uso exclusivo do persoal sanitario, obrigando a compartilo, ou , en caso contrario , tendose que desprazar, o persoal sanitario, á planta menos un.  

 - Na zona de vestiarios ,de descanso e de comida do persoal sanitario de urxencias, hai un forte cheiro a sumidoiro o que fai imposíbel  o traballo diario de xeito digno. Non esquezamos que as quendas laborais abrangue desde ás 15:00 horas até ás 08:00 do dia seguinte.   

 -A porta principal de acceso ao PAC está situada cara ao norte , polo que os pacientes  que realizan xestións na entrada reciben contínuas correntes de frío. A súa vez, esta entrada carece de pasarela de protección, e de sitio de aparcamento para poder descargar aos doentes. Por outra banda, polas mañás (até ás 15:00 horas) a porta de urxencias permanece pechada, polo que o persoal de ambulancias vese obrigado a rodear o PAC  ou, ben dar aviso,e agardar a que lle abran a porta de urxencias.    

 O BNG de Tui non vai aceitar os incumprimentos por parte da Xunta e non deixaremos de reclamar e loitar por unha Sanidade Pública de Calidade para os e as tudenses. 

 Con independencia doutras accións que poidamos levar a cabo nas vindeiras semanas, en función da evolución dos acontecementos, o BNG buscará o acordo unánime dos grupos con representación municipal, de tal xeito que fique aprobado o apoio para esixir á Xunta de Galiza o arranxo das deficiencias do centro de saúde de Tui.

ARCOS DE VALDEVEZ

“Arcos à Mesa” serve Cozido à Moda dos Arcos  

Dias 27 e 28 de Janeiro    


María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 No próximo fim de semana, dias 27 e 28 de janeiro a iniciativa Arcos à Mesa regressa aos restaurantes arcuenses com o tradicional “Cozido à moda dos Arcos”.  

 Este é um prato de excelência na gastronomia arcuense, confecionado com produtos locais de qualidade e com um tratamento especial das muitas carnes que o compõe, nomeadamente o presunto, a galinha caseira, a orelheira salgada, o toucinho entremeado, o chouriço de carne, a sanguinha, o entrecosto, entre outras. Para acompanhar este manjar, damos primazia aos excelentes vinhos verdes, também produzidos localmente, e como sobremesa, aconselhamos o Bolo de Discos, o Bolo de Mel do Soajo e os Charutos de Ovos, com Laranja de Ermelo, os quais compõem a tradicional doçaria arcuense. 

 Esta iniciativa integra o calendário cultural anual do Municipio, e é motivo de atração para inúmeros visitantes motivados pela excelência da culinária local e pelos programas de animação preparados pelo executivo para complementar a oferta gastronómica.  

 Aproveite para visitar Arcos de Valdevez e faça um roteiro gastronómico pelos sabores tradicionais desta Vila minhota, nesta edição que conta com a participação de 11 restaurantes. Durante a sua estadia terá também a oportunidade de passar um fim de semana de convívio e lazer em família, onde poderá visitar a Feira de Artesanato e Mercado de Sabores, que decorrerá no Campo do Trasladário, realizar passeios ao ar livre, caminhadas ou trilhos, bem como visitas a quintas de vinho verde e desportos de natureza. Para além disso poderá ainda visitar o Paço de Giela, Monumento Nacional, Sistelo, uma das 7 Maravilhas de Portugal Aldeias e Soajo conhecido pela sua Eira dos Espigueiros Comunitária. 

 Visite Arcos de Valdevez. Um destino de eleição, localizado a uma hora do Porto e Vigo e meia hora de Braga! 

 Venha provar os sabores do Minho e apreciar as belas paisagens deste concelho inserido em Pleno Parque Nacional Peneda Gerês, Reserva Mundial da Biosfera.   

Restaurantes aderentes 

 A Floresta, Centro de Promoção e Valorização dos produtos Locais da Porta do Mezio,  Churrasqueira do Mercado, Churrasqueira Ponte Nova, D. Isabel, Espigueiro do Soajo, O Barriguinhas, O Lagar, O Pote, O Videira, Saber ao Borralho. 

PROGRAMA  
26 de Janeiro  | Sexta-Feira 
22h00 – Cinema/ciclo temático: “A Trilogia Brasileira” com presença dos realizadores Enrico Masi e Stefano Croci - Auditório da Casa das Artes   

27 de Janeiro  |  Sábado 
10h00 - Abertura “Feira de Artesanato e Mercado de Sabores”              
- Campo do Trasladário  

10h00 - * Rota dos Vinhos de Arcos de Valdevez   *Inscrições na Loja de Turismo, Tlm. 934 901 967 | Email. Vinhos.avvez@gmail.com   

12h30 – Cozido à Moda dos Arcos                 
Restaurantes Aderentes  

15h00 – PAÇO EM FAMÍLIA: Oficina Temática de Culinária: Era uma vez no Paço… À mesa com D. Fernão Anes de Lima   Paço de Giela  
* Requer Inscrição prévia | Tel. 258 520 529  

15h30 - Rusga Popular: Rusga de Alvora           
- Campo do Trasladário  

20h00 – Cozido à Moda dos Arcos                
Restaurantes Aderentes  

22h00 – Apresentação da Escola de Dança: “DanceFuel”       - Auditório Casa das Artes  

28 de Janeiro  |  Domingo 10h00 

- Abertura da “Feira de Artesanato e Mercado de Sabores”  12h30 - Cozido à Moda dos Arcos                
Restaurantes Aderentes  
15h30 - Atuação do Grupo: OFIR SHOW                
Campo do Trasladário

TRIBUNA ABERTA

O SECTOR NAVAL QUEDA SEN PROFESIONAIS?

 Nos últimos días atopámonos con declaracións das distintas patronais do naval aludindo á falta de profesionais no sector, o que impediría asumir a carga de traballo que teñen actualmente os distintos estaleiros.

 Falan da falta de profesionais como se un virus repentino varrera cos máis de 10.000 traballadores/as do sector, e acto seguido anuncian a necesidade de traer profesionais de fóra. Non é de recibo afirmar isto e non entrar a analizar as actuacións que provocaron esta situación.

 Convén matizar o da carga de traballo; por vez primeira dende hai sete anos todos os estaleiros teñen actividade, pero salvo contadas excepcións (Freire, Armón, Cardama ou Marín, onde dispoñen de unha carga de traballo estábel e con perspectivas a dous anos vista), trátase dunha única unidade, sen confirmación de máis carga de traballo; polo tanto, o volume de contratación sería puntual, desaparecendo eses traballadores/as iniciais (montadores/as, soldadores/as e tubeiros/as) ao seren substituídos/as por electricistas, habilitadores/as, etc., segundo avanza a obra. Polo que non esta asegurada a estabilidade no emprego.

 Estes anos de parálise do naval foi utilizado por diversas empresas do sector, coa complicidade dalgúns estaleiros, para precarizar as condicións salariais, forzar a prolongadas xornadas laborais e relaxar a prevención no traballo.

 Sempre que se fala no sector naval de traer traballadores/as de fóra, e temos exemplos dabondo noutras épocas, trátase de vulnerar o convenio con persoal en precario, o que provocaría unha competencia desleal cos empregados/as e coas compañías da comarca.

 Cómpre denunciar tamén a situación de centos de traballadores/as que se viron na necesidade de acceder a cobrar a axuda de maiores de 55 anos para poder subsistir e logo foron obrigados/as polo Goberno central a xubilarse anticipadamente os 61 anos cunha miserenta pensión. Tratábase de profesionais de contrastada experiencia que tiñan moito que aportar. Agora, os que aínda non cumpriron os 61 anos atópanse ademais condicionados/as pola reforma de 2012, xa que se arriscan a perder o subsidio se se reincorporan ao mundo laboral. Non hai que esquecer que antes da reforma o subsidio estaba garantido.

 Tamén temos que lamentar o completo abandono por parte das distintas Administracións, tanto do Goberno central como da Xunta, das políticas industriais en xeral e particularmente das do naval, xa que deixaron morrer o sector e non fixeron políticas de preparación de futuros operarios/as nin tan sequera cursos que permitiran a reciclaxe de centos deles/as, que se viron inactivos/as por períodos de dous, tres, catro e máis anos.

 Atopámonos diante dun sector moi utilizado como propaganda polas Administracións, unhas Administracións que non foron quen de anticiparse á posíbel recuperación da actividade creando as condicións axeitadas.

 Por todo isto, dende a CIG rexeitamos o discurso da falta de profesionais; os traballadores/as non desapareceron, tiveron que emigrar para buscarse a vida, polo tanto cómpre recuperalos/as, algo que só é posíbel se se dan as condicións axeitadas: cumprimento do convenio e asentamento real da carga de traballo a dous ou tres anos que asegure estabilidade á hora de volver.

 E reclamamos unha aposta real dos estaleiros polas empresas auxiliares con estrutura e cumpridoras das condicións de traballo reguladas no convenio provincial do sector do Metal.

 César Rodríguez Martínez
Responsábel do naval da CIG de Vigo

MOVEMENTOS SOCIAIS

A folga internacional de mulleres quenta motores en Galiza 


A CIG celebrou hoxe en Vigo -e tamén noutras comarcas do país como a de Santiago- unha asemblea de delegadas sindicais e afiliadas


CIG / Vigo

 Delegadas e afiliadas da CIG de Vigo debaten arredor dos paros do 8 de marzo Continúa a preparación da folga internacional de mulleres prevista para o vindeiro xoves 8 de marzo. A CIG celebrou hoxe en Vigo -e tamén noutras comarcas do país como a de Santiago- unha asemblea de delegadas sindicais e afiliadas para debater sobre a convocatoria e anunciar as mobilizacións que terán lugar nunha xornada que coincide coa celebración do Día Internacional da Muller Traballadora. 

 As participantes no encontro puxeron en común as súas opinións sobre a necesidade da convocatoria e expuxeron as dúbidas a respecto dos dereitos que as asisten á hora de secundala. Ao mesmo tempo, anunciáronse as protestas previstas para ese día na cidade e incidiuse na importancia de que sexan masivas para visibilizar a capacidade de mobilización das mulleres organizadas

PONTEVEDRA

Os deputados do PP cualifican de “moi decepcionante” o goberno da Deputación de Pontevedra 

E achacan este mal resultado “á desidia, á falta de interese e á ausencia de ilusión e proxectos”  

Elena Muñoz e Ángel Moldes lamentaron que a presidenta Carmela Silva cambie pola vía dos feitos a súa política anunciada de portas abertas pola “crispación ante a crítica, a falla de capacidade para escoitar á cidadanía e o sectarismo” do bipartito provincial.  

Os voceiros do grupo provincial do Partido Popular na Deputación de Pontevedra, Elena Muñoz e Ángel Moldes no almorzo informativo de hoxe
Fotos: G. P. 

Infogauda / Pontevedra

 Os voceiros do grupo provincial do Partido Popular na Deputación de Pontevedra, Elena Muñoz e Ángel Moldes cualificaron de “moi decepcionante” o último ano de goberno do ente provincial e achacan este mal resultado “á desidia, á falla de interese e á ausencia de llusión e proxectos do bipartito”. Pola contra salientaron a capacidade de traballo do seu grupo que presentou 30 mocións, mantivo unha presenza constante e permanente nos concellos e comarcas da provincia e efectuou con total normalidade o relevo de deputados dentro do seo do grupo atendendo aos compromisos adquiridos “nun envexable clima de total normalidade e colaboración” entre os representantes saíntes e entrantes.  

 Pola contra, manifestaron que a acción de goberno da presidenta Carmela Silva está caracterizada polo recelo entre os socios que conforman o bipartito e a “crispación ante a crítica, a falla de capacidade para escoitar á cidadanía e o sectarismo” na aplicación dos plans provinciais e no reparto da disponibilidade orzamentaria da Deputación de Pontevedra.  

 Para Elena Muñoz a actuación do bipartito está baseada “na perda de oportunidades por estar máis pendente de criticar o que se facía antes que de construír novas alternativas. Tentaron cambiar procedementos que se facían antes e equivocáronse caendo en erros gravísimos”.  

 Para Muñoz, Carmela Silva tentou “utilizar a Deputación como plataforma política, como trampolín persoal para asaltar a política rexional do seu partido en Galicia apostando por Méndez Romeu como candidato electoral do PSOE e perdeu ao igual que lle sucedeu no caso de Susana Díaz, que tamén caeu derrotada ante Pedro Sánchez. Pretendía ascender a nivel orgánico para aspirar a outra cousa, pero fracasou e cando están na política por descarte ao final o que che falta é precisamente ilusión e proxectos como se ve reflectido nos orzamentos dunha Deputación que tenta xestionar, pero na que tampouco cre”, afirmou a deputada popular.  

“SÓ QUEREN ESCOITAR AOS QUE  LLES DAN PALMADIÑAS NAS COSTAS, PERO NON ADMITEN NINGÚN TIPO DE CRÍTICA E REFÚXIANSE NO INSULTO”  

 Muñoz avanzou nesta liña e sinalou que “despois pasa o que pasa, non se lle dá voz aos concellos, xestiónase de costas aos alcaldes e ás necesidades da xente á que non quere escoitar. Fáltalle capacidade de escoita sobre todo a aquelas persoas que non opinan como eles. Só queren escoitar a aqueles que os gaban e lles dan palmadiñas nas costas, pero non admiten ningún tipo de crítica e refúxianse no insulto permanente. Pero eso pásalles con todo o mundo, non só co Partido Popular, tamén coas asociacións, cos colectivos sociais e cos traballadores e traballadoras do ente provincial”. 


 Os deputados provinciais do PP sinalaron como gravísimo o proceso seguido polo parque de maquinaria “un departamento modélico que acabaron por eliminalo e practicamente privatizando quenes precisamente presumían de defender o carácter público. O mesmo está a suceder no Príncipe Felipe onde non escoitan aos traballadores e non buscan solucións negociadas coa Xunta de Galicia”.  

“O PLAN CONCELLOS UN FRACASO QUE SE VÍA VIR”  

 Tamén se referiron de maneira especial ao Plan Concellos e aos cartos que a institución provincial destina aos pequenos e medianos municipios. “O Plan Concellos foi un fracaso anunciado que vía vir ao que intentaron por remedio con diversos parches e campañas publicitarias a bombo e platillo, pero os datos están aí. Pasouse un investimento nos concellos duns 60 millóns da época do PP aos casi 42 de agora”.  

 En canto ao Plan de Proxectos Singulares e de Equilibrio, os deputados do PP consideran que foron feitos cunha óptica “premeditada e sectaria” en función de intereses políticos do bipartito. “Parece a priori sorprendente que do total do orzamento o 75% vaia a parar a concellos gobernados polo PSOE ou o BNG e o 25% restante a municipios do PP cando a realidade, por moito que lles disguste, na provincia é que a presenza de alcaldes e alcaldesas do Partido Popular é moi diferente a ese reparto”.  

 Tamén se referiron ao Plan Forestal como “outro gran fracaso nado a raíz da onda de incendios e non tivo a resposta e o seguemento que esperaban con moi poucos concellos que o subscribiron porque fan os plans de costas ás necesidades reais dos veciños e veciñas da provincia porque non falan con ninguén e non escoitan a ninguén. Anunciaron 90 millóns en axudas polos incendios porque había que saír apresuradamente da dar unha gran cifra e ao final non aparecen eses cartos por ningún lado nin se recollen en ningún documento orzamentado e dan a calada por resposta ou caen no insulto contínuo e nas descalificacións como xeito de botar balóns fóra e non responder ante as súas responsabilidades”, indicaron. 

CLIMA DE CRISPACIÓN E FALLA DE DIÁLOGO  

 Sobre o clima de crispación e a falla de diálogo referiuse especialmente Ángel Moldes quen sinalou que a presidenta da Deputación “exerce unha falta de respecto continuo contra alcaldes, representantes de colectivos e persoal da Deputación negándose sistemáticamente a escoitar aos representantes dos traballadores, negándolles a palabra nos plenos ou tomando medidas excepcionais de control de DNI, cacheos, invocación do regulamento para impedirlles a palabra, etc. Todo o contrario do que dixeron ao chegar que ía ser unha Deputación nova caracterizada por unha nova política de portas abertas. Está claro que fai bo aquel refrán de dime de que presumes direiche do que careces e a presidenta adolece de talante democrático e educación”, sinalou o voceiro popular.   

 Moldes rematou a súa intervención recordando que “cando chegou á Presidencia dixo “se acabó la libre disposición” e que eran ilegais e si repasan vostedes o seu último presuposto poderán ver con claridade como siguen figurando subvencións nominativas de libre disposición polo que queda ben claro que cada un conta da feira según lle vai nela”.  

 O deputado popular amosou ademais as dúas peticións que o alcalde de Rodeiro e presidente da Mancomunidade do Deza presentou para reunirse coa presidenta, despois de que onte mesmo Carmela Silva dixera que non recibira ningunha petición do alcalde, minte descaradamente e sen poñerse colorada. E este é un exemplo máis das súas mentiras”.

LABORAL

O BNG LAMENTA QUE O CONSELLEIRO DE INDUSTRIA NON OFREZA NINGUNHA SOLUCIÓN  PARA GARANTIR O FUTURO DE MADERAS IGLESIAS   

Luís Bará recriminou ao titular de Industria “non ter feito ningunha xestión” para garantir a viabilidade e postos de traballo da empresa, pese a recibir un aval da administración pública     

Ana Pontón e Luís Bará saudan aos traballadores e traballadoras e Muebles Iglesias 


Infogauda / Santiago de Compostela

 O deputado do BNG, Luís Bará preguntou hoxe ao goberno polas xestións realizadas dende o 17 de outubro do 2017 para garantir a continuidade da empresa Maderas Iglesias na zona sur da provincia de Pontevedra e lamentou que despois de tres meses, “a Xunta non fixera nada”.  

 O parlamentario, tras saudar aos representantes dos traballadores e traballadoras presentes no debate na tribuna de convidados explicou que Maderas Iglesias, é “unha empresa punteira no sector da tarima flotante”, que contou con máis de 800 traballadores e traballadoras. Na actualidade, reduciu o seu cadro de persoal a 250 persoas e factura  16 M€ e aínda así, recalcou, segue sendo unha das empresas máis importantes do sector no sur da provincia de Pontevedra. Bará engadiu que a maioría do cadro de persoal está ocupado por mulleres.  

 O deputado salientou que a empresa someteu ao colectivo de traballadores a sete EREs,  dous procesos concúrsaas e vulneración de dereitos laborais durante os últimos 8 anos ata chegar a “esta situación crítica” coa  ameaza dun Ere Extintivo e “manobras do empresario descapitalizando a empresa,  vendendo bens a prezo de saldo a familiares e facendo desaparecer a maquinaria e material”. O parlamentario cualificou de “grave” que mentres todo isto acontecía, a Xunta permanecera “inmóbil e ausente”.  

 O nacionalista aludiu  á recente aprobación “por unanimidade”, á instancias do BNG, dunha proposición instando ao goberno galego  a realizar accións  necesarias ante a dirección de Maderas Iglesias para “garantir a continuidade da empresa, manter o emprego e velar polos dereitos laborais” e despois de tres meses dese acordo parlamentario,  vostedes, afirmou , “non fixeron nada en todo este tempo”.  

 Pola súa parte, o conselleiro de Industria despachou o asunto sen ofrecer a máis mínima garantía de continuidade para a empresa. Bará recriminoulle a “distinta vara de medir” para defender a Elnosa, mesmo forzando a lei e permitindo que se vaia a pique  Muebles Iglesias  con cinco veces máis postos de traballo que Elenosa”.  

 A empresa, engadiu o nacionalista, conta cun aval do IGAPE e a Xunta ten unha responsabilidade porque puxeron cartos públicos ademais da obriga de defender o emprego industrial polo que pediu “renegociar a débeda” e reunirse coas partes para buscar unha solución porque se esta empresa pecha, “será unha catástrofe para o sector industrial da zona sur de Pontevedra ademais dun drama social e económico para máis de 200 familias”, concluíu. 

MOVEMENTOS SOCIAIS

XUNTANZA PARA TRATAR Á TRAMITACIÓN DO INDULTO OS TRABALLADORES CARLOS RIVAS E SERAFÍN RODRÍGUEZ

Será o xoves día 25 de xaneiro, ás 10:00 h., na Subdelegación do Goberno en Pontevedra

A convocatoria da reunión chega despois de que as centrais desenvolvesen recentemente unha protesta diante do organismo estatal


Infogauda / Pontevedra

 Os secretarios/a comarcais da CIG, CCOO e UGT de Vigo manterán mañá xoves día 25 unha xuntanza coa responsábel da Subdelegación do Goberno en Pontevedra ás 10:00 horas na sede do organismo estatal para abordar a tramitación do indulto que evitaría a entrada en prisión dos traballadores vigueses Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, condenados a tres anos de cadea por participar na folga provincial do transporte en 2008. 

 A convocatoria da reunión chega despois de que as centrais desenvolvesen recentemente unha protesta diante do organismo estatal para amosar o seu desacordo coa actitude da subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana María Ortiz, que continuaba sen responder á petición de xuntanza formulada polos tres sindicatos o pasado mes de outubro co obxectivo de abordar a situación dos dous traballadores.