24 de xan. de 2018

MOVEMENTOS SOCIAIS

A folga internacional de mulleres quenta motores en Galiza 


A CIG celebrou hoxe en Vigo -e tamén noutras comarcas do país como a de Santiago- unha asemblea de delegadas sindicais e afiliadas


CIG / Vigo

 Delegadas e afiliadas da CIG de Vigo debaten arredor dos paros do 8 de marzo Continúa a preparación da folga internacional de mulleres prevista para o vindeiro xoves 8 de marzo. A CIG celebrou hoxe en Vigo -e tamén noutras comarcas do país como a de Santiago- unha asemblea de delegadas sindicais e afiliadas para debater sobre a convocatoria e anunciar as mobilizacións que terán lugar nunha xornada que coincide coa celebración do Día Internacional da Muller Traballadora. 

 As participantes no encontro puxeron en común as súas opinións sobre a necesidade da convocatoria e expuxeron as dúbidas a respecto dos dereitos que as asisten á hora de secundala. Ao mesmo tempo, anunciáronse as protestas previstas para ese día na cidade e incidiuse na importancia de que sexan masivas para visibilizar a capacidade de mobilización das mulleres organizadas

Ningún comentario:

Publicar un comentario