XUNTANZA PARA TRATAR Á TRAMITACIÓN DO INDULTO OS TRABALLADORES CARLOS RIVAS E SERAFÍN RODRÍGUEZ
Será o xoves día 25 de xaneiro, ás 10:00 h., na Subdelegación do Goberno en Pontevedra
A convocatoria da reunión chega despois de que as centrais desenvolvesen recentemente unha protesta diante do organismo estatal
Infogauda / Pontevedra
Os secretarios/a comarcais da CIG, CCOO e UGT de Vigo manterán mañá xoves día 25 unha xuntanza coa responsábel da Subdelegación do Goberno en Pontevedra ás 10:00 horas na sede do organismo estatal para abordar a tramitación do indulto que evitaría a entrada en prisión dos traballadores vigueses Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, condenados a tres anos de cadea por participar na folga provincial do transporte en 2008.
A convocatoria da reunión chega despois de que as centrais desenvolvesen recentemente unha protesta diante do organismo estatal para amosar o seu desacordo coa actitude da subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana María Ortiz, que continuaba sen responder á petición de xuntanza formulada polos tres sindicatos o pasado mes de outubro co obxectivo de abordar a situación dos dous traballadores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario