A Biblioteca celebrará o Día da Ilustración
Cunha sesión de «Contos Contados» dedicada a Castelao
Infogauda / A Guarda
Con motivo do Día da Ilustración e o aniversario do nacemento de Castelao, a Biblioteca Pública Municipal da Guarda celebrará este sábado, 27 de xaneiro, unha nova sesión de «Contos contados» centrada na obra do escritor e debuxante rianxeiro, baixo o título «Castelao e os nenos».
A actividade comezará ás 11:30 horas, coa lectura conxunta dunha selección de textos da obra «Cousas da vida», na que se recollen todos os debuxos do autor, acompañados por textos explicativos ou diálogos, publicados dende 1924 nos diarios Galicia e Faro de Vigo.
Deseguido, as cativas e cativos e os seus acompañantes poderán participar no obradoiro «Decora con Castelao», elaborando un recordo propio relacionado coa temática da sesión.
«Contos contados» é unha actividade de animación á lectura dirixida ao público infantil que propón un acercamento aos libros de forma creativa e lúdica, favorecendo a participación das familias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario