11 de dec. de 2018

MADRID

O DELEGADO DA XUNTA DE GALICIA, JOSÉ RAMÓN ÓNEGA, PARTICIPOU NA 7ª EDICIÓN DO NADAL GALEGO EN MADRID

· A celebración foi organizada polo Club de Xornalistas Galegos en colaboración coa Xunta de Galicia    

No centro, o subdirector  xeral de Emigración de Galicia, Antonio Casas  Calviño, a presidenta do Club de Xornalistas Galegos, Pilar  Falcón, e o delegado @de la Xunta, José Ramón Ónega
Fotos: Casa de Galicia

Infogauda / Madrid

 O delegado da Xunta de Galicia e director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, participou onte á noite na celebración da 7ª Edición do Nadal Galego en Madrid que tivo lugar no madrileño Teatro La Latina organizada polo Club de Xornalistas Galegos en Madrid, que preside a xornalista lucense Pilar Falcón, en colaboración coa Xunta de Galicia. O acto contou coa presenza de, entre outros, o subdirector xeral de Emigración e da Comunidades Galegas da Xunta, Antonio Casas Calviño.  

 “Este é un acto de amizade, de afecto, de confraternidade, de amor á nosa terra galega, en datas tan entrañables como as de Nadal. Tamén de triunfo e de gloria. Porque os galegos chegamos a Madrid demandando acollemento e hoxe somos pobo admirado, solemne, cheo de valores e virtudes. Ocupamos todas as instancias importantes do país e non presumimos de iso”, expuxo Ónega na súa intervención ante os numerosos asistentes á celebración.  

 “Os galegos somos, en efecto, un pobo digno e laborioso, exemplo de traballo e amizade. Galicia, a nosa terra, é pródiga en altos valores. Somos brillante estrela de Occidente. Galicia é paraíso e fermosura. Galicia é amor, soño, eterno verdor. Di a lenda que Deus descansou, despois de crear o ceo e a terra, e puxo a súa man dando lugar ás Rías Galegas”, engadiu, lembrando ademais a soadas figuras “que Galicia regalou á cultura de Occidente”, como Rosalía e Valle Inclán.  

José Ramón Ónega,  Antonio Casas  Calviño, Pilar  Falcón, e Lucía Pérez entoando o Himno de Galicia

 A 7ª Edición do Nadal Galego en Madrid contou coas actuacións musicais da Coral da Xuntanza de Galegos en Alcobendas, a actuación da Agrupación Vagalume de Álcala de Henares, a cantante Lucía Pérez, a Banda de Gaitas do Centro Galego do Noroeste de Madrid e a soada banda de gaitas Lume de Biqueira. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario