A ASOCIACIÓN NATURALISTA "BAIXO MIÑO" (ANABAM) PUBLICOU O BOLETÍN "CARRIZAL", Nº 19 - ÉPOCA II
• Correspondente ao bimestre maio/xuño, 2023
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Como xa indicamos na crónica do pasado día 7 deste mes, a Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), vén de publicar os boletíns "Carrizal", correspondentes aos seis bimestres de 2023 e o primeiro bimestre de 2024.
Dado que xa demos conta dos números 17 e 18 do "Carrizal" - Época II, hoxe imos referirnos ao contido do nº 19, correspondente a maio/xuño de 2023, que na súa portada leva a fotografía - da autoría do fotógrafo naturalista Luis Dorado Senra, de Fornelos (O Rosal) -, dun exemplar de Glandora prostrata, pertencente a familia das Boraginaceae, que florece e frutifica de decembro a setembro.
Nas páxinas interiores, ademais de figurar a composición da xunta directiva de ANABAM; datos de contacto coa asociación; importes das cotas de socios/as, etc., vemos os seguintes traballos:
• Estudo e inventario da comunidade de coleópteros asociada aos excrementos bovinos e equinos da Serra da Groba, por María Comesaña Ledo, Laura Díaz Lago, Jonás Fernández Velasco e Julia González Escriche.
• Refráns e ditos recollidos na vila da Guarda, por Antón Ferreira Lorenzo.
• Historias doutro tempo. Bicicletas na Guarda, por Agustín Ferreira Lorfenzo.
• Cousas de ANABAM:
- Na campaña de 2023 anelaranse os polos de gaivota rescatados na Guarda.
- Permisos para desenvolver o Projeto Borrelho nas praias do norte portugués.
- Rescatamos dúas cobras de colar (Natrix astreptophora) nunha vivenda particular.
- Primeiros pasos para recuperar a poboación do escaravello dos areais.
- Campaña para a protección dos niños de andoriñas nos concellos do Baixo Miño.
- Visitamos dúas barreiras de aniñamento de andoriña.
- Varamentos de cetáceos na costa baixomiña.
- Projeto Borrelho: primeiro niño da tempada protexido.
- O miñato queimado (Milvus migrans).
- Caza: masacre no Trega.
- A Cámara Municipal de Caminha solicita a colaboración de ANABAM.
- Convenio de colaboracións coas Universidades galegas.
- ANABAM integrouse na Plataforma Turonio.
Apuntes da nosa historia: campaña internacional para a protección do esteiro do Miño.
Tamén figura un resumo das actividades previstas para maio/xuño 2023.
Como se indica nesta interesante publicación, impresa en papel reciclado, e que os socios de ANABAM reciben de balde; "Carrizal" conta cunha subvención económica do Concello de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario