5 de maio de 2024

TUI

O PARTIDO POPULAR DE TUI DENUNCIA O PECHE DO MERCADO MUNICIPAL POR PARTE DO GOBERNO LOCAL DURANTE MÁIS DE 5 SEMANAS SEN OFRECER ALTERNATIVAS AOS PRACEIROS  

• Esta medida, obriga ó cese de toda a actividade comercial do mercado e incrumpe o compromiso adquirido polo alcalde e o actual goberno.  

• As perdas económicas suporalle aos praceiros significativos prexuízos que incluso poderían por en risco a continuidade de moitos negocios.  


Nico Montes, voceiro do Partido Popular de Tui, xunto con catro persoas da xunta local popular

Infogauda / Tui

 O mercado municipal de Tui pechará as súas portas e cesará toda a súa actividade comercial durante alomenos 5 semanas, a partir deste luns, día 6 de maio, como así llelo comunicou o alcalde, Enrique Cabaleiro, ós praceiros e praceiras o pasado luns. “Esta medida, incumpre directamente a palabra e o compromiso do alcalde e da concelleira de comercio, Ana Núñez, cando ó inicio das obras, para sortear o forte rexeitamento a esta intervención, lles asegurou aos traballadores, que durante as labores de remodelación do mercado municipal poderían continuar coa súa actividade comercial ó ser estas levadas a cabo en dúas fases”, relembra de xeito crítico o voceiro do Partido Popular de Tui, Nico Montes.  

 “Agora - engade Nico Montes -, apenas uns meses despois, cambian radicalmente de opinión e deciden de xeito unilateral pechar este espazo sen ofrecer unha alternativa. Por eses motivos, o voceiro do Partido Popular, lamenta que “a falta de xestión e de previsión do equipo de goberno supoña aos praceiros “o peche dos seus establecementos durante polo menos mes e medio sen ofrecer unha alternativa adecuada as súas necesidades”, e indica que “non hai que ir lonxe para atopar unha solución” facendo alusión “ó concello do Porriño, que na remodelación da súa praza optou por ubicar os negocios nunha carpa no exterior do mercado municipal mentres tiñan lugar as obras, para intentar mitigar ó máximo os inconvintes xerados por esa intervención”.   

 Para rematar, os populares salientaban que “as perdas económicas e os prexuízos que lles suporá ós praceiros o peche da praza de abastos durante este período, poden ser significativos, ata o punto de por en risco a continuidade de moitos negocios, froito unha vez máis, da falta de planificación e da improvisación á que nos ten acostumados o equipo de goberno”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario