ATLETISMO
O atleta guardés Álex Sierpes Pereira, redondea unha fantástica semana
• Conseguindo de novo, mínima europea Sub18 na proba dos 1.500 metros lisos
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
Debutando con 15 anos na II xornada do campionato de España de clubs de primeira división absoluto (Liga Joma), o atleta guardés Álex Sierpes Pereira participou este pasado domingo en Alhama de Murcia na proba dos 1.500 metros lisos, parando o cronómetro en 3´56"40 establecendo (mmp) mínima marca persoal.
Ese novo logro deportivo vén a acreditar que tan só en 4 días, conseguíu 2 mínimas europeas, que o pon líder nacional dos rankings nas probas de 2.000 metros obstáculos e 1.500 metros lisos ao aire libre na categoría xuvenil.
Súa actuación na Comunidade de Murcia fíxoa defendendo as cores do Atletismo Narón, actual equipo filial do noso club esta tempada 2024, en todas as categorías.
Desde o club felicitámolo unha vez máis por seguir logrando novas metas, xa que é o primeiro atleta da nosa escola que consegue estes obxectivos, esperando que sexa o espello das novas xeracións que lle seguen na escola de base de atletismo da Sociedade Atlética do Trega (Tomiño).
Ningún comentario:
Publicar un comentario