ATLETISMO
ÁLEX SIERPES PEREIRA DEBUTOU COAS CORES DO SPORT LISBOA E BENFICA
• Na proba de 2.000 metros obstáculos, logrando a medalla de ouro, e ás mínimas para súa participación nos campionatos nacionais e europeos
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
Álex Sierpes Pereira vén de debutar coas cores das aguias do Sport Lisboa e Benfica. O atleta de A Guarda, participou na proba dos 2.000 metros obstáculos, e fíxoo ao grande. Dese xeito, logrou a medalla de ouro, e a súa vez, a marca mínima para súa participación nos campionatos nacionais e europeos, respectivamente.
Álex Sierpes, de 15 anos de idade, que milita este ano na categoría Sub18, enfrontouse por primeira vez a esta nova distancia e fíxoo enormemente ben, parando o crono en 5´59"40, marca que lle sitúa neste momento como líder da clasificación española e 2ª marca europea da modalidade no que levamos de tempada ao aire libre.
A proba disputouse este pasado día 1 maio nas instalacións do Parque Desportivo de Ramalde, na cidade de Porto, onde se celebrou a Meeting Atletismo do Porto - António Ferreira, englobada e marcada en Global Calendar, que en galego vén sendo Calendario global do atletismo mundial.
Lamentablemente o seu irmán Christian tamén debería haber feito o seu debut, pero unha desafortunada escordadura de nocello que se propinou a semana pasada, polo mal estado do tartán nas pistas de A Mata (O Rosal) propiciou súa baixa a última hora. Esperamos que chegue unha pronta remodelación da pista e que tomen nota os nosos responsables políticos, xa que polo seu actual estado, nos últimos meses véñense producindo desgraciadamente, numerosos incidentes doutros atletas.
Felicidades Álex!
Ningún comentario:
Publicar un comentario