“Aves na primavera”
• Actividade da cuarta entrega do ciclo medioambiental Sostendo Futuro
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda dentro do ciclo medio ambiental Sostendo o Futuro na súa IV edición, organiza para o mes de maio un routeiro chamado “As aves na primavera”, que está organizada en colaboración coa axencia ambiental Biofhilia.
Esta actividade é para todos os públicos, nela poderemos aprender un pouquiño sobre o fascinante mundo das aves que temos a gran sorte de poder gozar preto.
O lugar de encontro será no observatorio de aves que está na rúa desembocadura do Miño o día 11 de maio as 11 da mañá.
Recoméndase levar prismáticos e roupa axeitada coa climatoloxía.
As persoas interesadas deberán apuntarse para a actividade a través do enderezo electrónico medioambiente@aguarda.es ou do teléfono 986 610 000.
Ningún comentario:
Publicar un comentario