18 de set. de 2018

A GUARDA

A ASOCIACIÓN CULTURAL DE EMBARCACIONS TRADICIONAIS PIUEIRO CONVIDA Á INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN MARCAS DE PESCADORES PÓVOA DE VARZIM E A GUARDA 

· O sábado día 22 de setembro, ás 19:00 horas, na Casa dos Alonso



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda


 A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, de A Guarda continúa seu rumbo a prol da Cultura Marítima, e como xa había indicado oportunamente súa xunta directiva, a exposición Marcas de Pescadores Póvoa de Varzim e A Guarda, que fora inaugurada o pasado día 3 de xullo, no Museo Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim (Portugal), onde estivo aberta o público ata o día 16 de setembro, e agora vai ser mostrada na Casa dos Alonso (Praza do Reló), de A Guarda.

 A inauguración da exposición Marcas de Pescadores Póvoa de Varzim e A Guarda terá lugar o sábado día 22 de setembro, ás 19:00 horas, e ademáis das diferentes representacions locais, está previsto que esté presente unha delegación de Póvoa de Varzim, cidade que comparte con A Guarda, idénticas raíces culturais, e coa que temos un grato vencello de amizade e unha antiga devoción a Santa Trega.

 Ademáis de inauguración da exposición, haberá unha tertulia que estará coordinada por Agustín Ferreira Lorenzo.

 Como oportunamente se puxo de manifesto na publicación editada co gallo da exposición Marcas de Pescadores Póvoa de Varzim e A Guarda, no Museo Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim  “as fronteiras non separan as augas do mar e para os pescadores tamén a acolledora nai-terra non ten nacionalidade. Nos tempos dos barcos a remos e vela, os poveiros tiñan como fondeadeiros familiares os diferentes portos desta parte occidental da península, incluíndo, naturalmente a Galicia. Segundo as circunstancias, aí atopaban abrigo dos temporais ou oportunidades ventaxosas para á venda do seu peixe. En ocasions, o móbil desta deambulación era a necesidade de mercar un chal ou un listrón para agasallar a namorada, e nun ou outro caso, sería o corazón preso noutras paradas a xustificar estas visitas.

 As particularidades políticas dos dous países pouco se facían sentir nestas comunidades piscatorias tradicionais. En ambos os casos tratábase de homes e mulleres concentrados en sobrevivir, xente que coñecía demasiado ben o significado da pobreza e das penurias da vida. A mesma raíz oceánica ainda creaba outras pontes. Para alén de compartir técnicas de pesca  e unha mesma organización do traballo, sobresai un fondo cultural común do que as "Marcas" son unhas das manifestacions con maior visibilidade.

 Para dar a coñecer estas vivencias, entidades dos concellos de Póvoa de Varzim e de A Guarda xunguiron seus esforzos para organizar esta Exposición (...)” que desde o día 22 de setembro “(...) será exhibida en A Guarda, reafirmándose a vontade de estreitar lazos entre pobos que comparten un substrato histórico cultural común ”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario