13 de xuño de 2025

A GUARDA

“Postais ilustradas do concello de A Guarda ata 1940” 

A presentación dese libro será o próximo martes, 17 de xuño, ás 20:00h, na Casa dos Alonso 

 



Infogauda / A Guarda 

  “Postais ilustradas do concello de A Guarda ata 1940”, é o título do libro - cuxo texto foi redactado por José Ángel Gándara Rodríguez e José María González Alonso -, que vai ser presentado á cidadanía, o vindeiro martes, 17 de xuño, ás 20:00h, na Casa dos Alonso. O acto contará coa asistencia do alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e do deputado de Cultura, da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela López.

 Como seu propio título - “Postais ilustradas do concello de A Guarda ata 1940” - indica, o libro reproduce gran parte das postais da nosa localidade ata mediados do século pasado.

 Dese xeito, nesa publicación - que conta coa colaboración do Concello de A Guarda e da Deputación de Pontevedra -,  poderemos ver a evolución das rúas e das prazas desde finais do século XIX a principios do século XX, polo que se trata realmente dunha obra indispensable para coñecer mellor o noso pobo. 

 No labor de achega e recompilación do material gráfico, colabouraron Celso Rodríguez Fariñas, Eduardo Martín Goyás (Lalo) e Antonio Martínez Vicente, que aportaron postais das súas respectivas coleccións. 

 Esas postais son, segundo a opinión do alcalde, Roberto José Álvarez Carrero “unha homenaxe á beleza serena e atemporal da Guarda”, pois nelas podemos recoñecer diversos enclaves da vila, como a Alameda, A Ribeira, rúas da vila (O Coruto, Porto Rico,...) a praza do Reló ou os primeiros petróglifos e castros restaurados por iniciativa da Sociedad Pro-Monte Santa Tecla.

 Aínda que actualmente o uso de postais non ten nada que ver co que foi outrora, continúan sendo uns documentos que serven como un recordo da historia e lugares da nosa vila, da súa evolución e cambios, sendo un legado para as xeracións que están por vir.  

 “Postais ilustradas do concello de A Guarda ata 1940” é un libro que non debera faltar en ningún fogar de toda aquela persoa que se precie de ser de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario