TOMA DE POSESIÓN DOS NOVOS MEMBROS DA XUNTA DE GOBERNO DO COLEXIO DE FARMACÉUTICOS DE PONTEVEDRA
• O acto celebrouse na sede Pontevedra do Colexio o pasado luns día 9 de xuño
• Ao proceso electoral concorreu unha única candidatura, que foi proclamada electa pola Mesa Electoral o 27 de maio
Infogauda / Pontevedra
O luns día 9 de xuño, na sede de Pontevedra do Colexio de Farmacéuticos, celebrouse o acto de toma de posesión dos novos membros da súa xunta de goberno, tras a celebración dun proceso electoral ao que concorreu unha única candidatura encabezada pola ata ese momento presidenta, Beatriz García, que foi automaticamente proclamada electa pola mesa electoral segundo establecen os estatutos da corporación.
Beatriz García, natural de Lalín onde traballa en farmacia comunitaria, puxo en valor que os membros da nova xunta exercen profesionalmente ao longo de practicamente toda a provincia en poboacións como Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Nigrán, Cangas, Redondela, A Estrada, Bueu ou Poio.
Na súa intervención, a presidenta agradeceu aos membros da xunta de goberno saínte o seu apoio nos complicados momentos nos que debeu asumir a presidencia do colexio, e mostrouse moi ilusionada coa nova etapa que comeza cunha xunta de goberno que aúna experiencia e mocidade, e que comparte unha mesma visión da profesión e moitas ganas de sumar desde cada ámbito de exercicio farmacéutico.
Fixo tamén fincapé no papel do Colexio como nexo de unión entre os farmacéuticos para seguir avanzando no profesional, de respecto, de vocación de servizo, convencida de que esta profesión ten moito que achegar á sociedade.
Composición da nova xunta de goberno do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra:
Presidenta: Beatriz García Iglesias
Secretaria: Elena Raviña Eirín
Tesoureiro: César Balseiro López
Vicepresidente: Enrique Pedro Álvarez Fortes
Vicesecretaria: Miriam Pérez Diz
Vicetesorero: Carlos Mariño Mato
Vocal Análise: María José Fernández Soneira
Vocal Atención Primaria e Administración Pública: José Manuel Iglesias Moreno
Vocal Distribución: Mª Dolores Argibay Gutiérrez
Vocal Docencia e Investigación: José Antonio Fornos Pérez
Vocal Farmacia Hospitalaria: Eva Campelo Sánchez
Vocal Industria: Luis Castiñeiras Seijo
Vocal Nutrición: Clara Hernández González
Vocal Oficina de Farmacia (non titulares): Marta Bartos Lorenzo
Vocal Oficina de Farmacia (titulares): Adrián Acuña Ferradanes
Vocal Óptica, Optometría e Audioloxía Protésica: Mauro Carlos Carrillo Val
Vocal Ortopedia: Mª Alba Gago García-Brabo
Ningún comentario:
Publicar un comentario