18 de mar. de 2018

MADRID

PREVISIÓNS PARA A SEMANA DO LUNS 19 AO VENRES 23 DE MARZO DE 2018 NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA   



Martes, 20  
9:30-14:00 horas 

 A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a xornada de traballo, dentro do programa de EMPRENDEMENTO CON MOZOS DO MEDIO RURAL que desenvolve a Federación EFA GALICIA- EFA PIÑEIRAL de Arzúa (A Coruña), cuxo obxectivo é mellorar a cualificación profesional dos mozos do medio rural na área de comercio e márketing e coñecer outras experiencias que lles poidan achegar ideas para aplicar nas súas zonas de orixe.   

 Os participantes, acompañados polos formadores Mary Espiñeira e Rocío Agra serán recibidos polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega e na xornada intervirán: José Cerdeira da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA); Alejandro Segura, director para España de Global Management Challenge; Isabel Quesada, directora de Comunicación de Ahumados Domínguez; e Pablo Martínez de Anguita, director e profesor da Universidade Rey Juan Carlos.   

 Para acudir a esta xornada é preciso confirmar asistencia no correo mary.espineira@efagalicia.org   

 Xoves, 22  
19:30 horas 

 A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a presentación do libro “A EMPRESA EXPLICADA A JÓVENES  DE TODAS LAS EDADES”, de Jorge Borrajo Prego, publicado por Lautana Editorial; unha obra na que o autor, profesor mercantil e auditor de contas, describe de forma amena e sinxela que é unha empresa e como emprender, baseándose na súa dilatada experiencia profesional, primeiro como asalariado de diversas compañías e logo como creador das súas propias empresas.   

 No acto intervirán, ademais de Jorge Borrajo, o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; a economista e profesional dos medios de comunicación, radio e televisión, Silvia Jato; e o escritor e editor Juan Mariñas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario