14 de feb. de 2017

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

CHARLAS DE PORTAS ABERTAS 2017

"Transxénero: Como respectar a verdadeira identidade"

Será o tema da vindeira conferencia na Casa Cultural da comunidade de Montes de Camposancos

O sábado día 18 de febreiro, ás 20:00 horas



Infogauda / Camposancos

 Seguindo co ciclo de charlas na Casa Cultural de Camposancos o vindeiro sábado día 18 de febreiro, ás 20:00 horas, na sede da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, terá lugar unha charla informativa onde se abordará o tema do transxénero infantil e adolescente. 

 "Transxénero: Como respectar a verdadeira identidade", é o título desa conferencia que contará coa participación de Javier Constenla, escritor e mestre, que fará un contacontos baseado no seu libro "Pedro y los igualenses", da editorial Bellaterra, e a mestra Sara Silva Uris, que abordará temas como a necesidade de educar na diversidade, recoñecer a diversidade sexual, a identidade de xénero, e o Fenómeno Trans, dende un punto de vista xeral e educativo, coa finalidade de erradicar a transfobia e visibilizar unha realidade que ata agora estaba oculta. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario