14 de feb. de 2017

DEPORTES

HOCKEY LIÑA

Sede da Liga Galega de Hockey Liña en Bouzas

Domingo día 19 de febreiro, desde ás 10:00 da mañá


Miguel Fernández Lomba / Deportes


 O vindeiro domingo día 19 de febreiro disputarase sobre a pista de Bouzas (Vigo), a cuarta Sede da Liga Galega de Hockey Liña cos partidos correspondentes ás xornadas catro e cinco.   

 Coma un dos pratos fortes da xornada destacamos o partido das dez e media da mañá no que medirán as súas forzas os equipos lucenses Lóstregos HL e CHL Cabuxos que ocupan a primeira é segunda posición na táboa clasificatoria. No eido local os equipos A Guarda Hockey Liña e Vigo Blue Ringed xogarán o derbi do sur da provincia ás seis da tarde.  

 Así mesmo os da Guarda xogaránse boa parte das súas opcións de cara a Liga contra Brigantium HL de Arteixo, que ocupa a terceira posición ás doce menos cuarto da mañá.   

 Será unha moi boa oportunidade para disfrutar do mellor hockey liña galego na Competición rexional da disciplina, a entrada é de balde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario