14 de dec. de 2016

TOMIÑO

A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE TOMIÑO (ADETO), SORTEARÁ 2.000 EUROS EN PREMIOS NA CAMPAÑA DE NADAL 2016

O sorteo celebrarase o día 13 de xaneiro no local de ADETO e os premios entregaranse o día 20 na Casa da Cultura ás 21 h.




Lorena Quinteiro / Tomiño


CAMPAÑA DE NADAL

    Despois da reunión celebrada cos asociados, decidiuse facer a campaña de Nadal da seguinte forma:

·        A campaña comezou o día 12 de decembro e rematará o 6 de xaneiro.

·        Cada comercio participante recibirá 500 rifas para dar ós seus clientes, coa opción de recibir outras 500 cando se lle esgoten as primeiras. As rifas este ano son para cubrir cos datos de cada cliente, xa que así é a maneira de que aparezan os premiados, porque nos dous últimos anos apenas se repartiron algúns premios.

·       Acordouse por unanimidade realizar unha decoración exterior igual que no ano anterior, que consiste en: unha guirnalda verde para pór no marco das entradas ós establecementos, cos adornos que cada un queira, e tamén unhas caixas grandes (preferiblemente tres) de regalo para colocar nas rúas. 

·      O custo para cada socio que participe será de 10 € para as rifas e a megafonía.

·      Se alguén quere algunha  guirnalda porque non a ten do ano pasado, eu pódome encargar de mercalas ou se queredes collelas vós dígovos que son do Decorequip de Porriño: “GUIRNALDA PINO CANADIENSE 20X270 CM VERDE – Ref.  8492523” , o precio é de 4,99 € máis IVA, (cada unha mide 2,70 mt de lonxitude). Hai outras claro, pero estas son as que collimos para todos.

·        Para o sorteo das rifas precisamos saber qué premio ou vale aportará cada socio (voluntariamente por suposto), a parte dos premios que reparta ADETO. Como xa saberedes, os premios que dades é para os vosos clientes, cas rifas que vós dades, salvo que expresamente me digades que queredes que o xuntemos con tódalas rifas, como facemos cos vales que da ADETO.

·        O sorteo celebrarase o día 13 de xaneiro no local de ADETO e os premios entregaranse o día 20 na Casa da Cultura ás 21 h. Esperamos contar con todos vós. ADETO aportará cheques de 100, 75, 50 e 25 €, ata un total de 350 €.

·        Un ano máis farase cos nenos o concurso de Postais de Nadal, que estarán expostas xunto con outras postais realizadas polo centro de Día, no Mercado dende o día 26 de decembro ata o día 6 de xaneiro.

·        Como xa vos comentara nun correo anterior, este ano contaremos cun adorno realizado polas persoas que están no Centro de Día de Tomiño, e que se repartirán ó longo da semana que ven.

Ningún comentario:

Publicar un comentario