14 de dec. de 2016

RANDUFE (TUI)

A ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA "XUNTANZA", ORGANIZA UN FESTIVAL DE NADAL 

O domingo día 18 de decembro, ás 18:00 h.



  Estimado socio/a: 

 Xa estamos en Nadal e dende Xuntanza queremos desexarvos moi Felices Festas. 

 Que mellor forma de comezar as festas que coa túa Asociación, no Festival de Nadal, o vindeiro domingo 18 de decembro ás 18:00h. 

 Sabes o que é unha regueifa? A Regueifa é un desafío oral improvisado no que os participantes rétanse dialecticamente entre eles, meténdose os uns cos outros. 

Viches algunha vez os regueifeiros en directo? Xuntanza ofréceche a oportunidade de coñecelos. 

 Este ano temos a sorte de contar cos mellores regueifeiros de toda Galicia. 


Luis "O Caruncho", Josinho da Teixeira e Benito Lobariñas 
Fotos extraídas de: http://www.regueifa.org/fichas-persoais

 Eles son o grupo TRIOLIRO.

 Festa asegurada!!!!

 Papá Noel tamén ven a festa cos seus elfos, eles serán os encargados de que os nenos estean entretidos con animación, globos e outras sorpresas. 

 Ó rematar teremos sidra e champaña acompañado de lambetadas típicas do Nadal para desexar e brindar por unhas boas festas e un próspero Aninovo. 

 Non vos perdades esta festa, exclusiva para todos vós, socios e socias de Xuntanza, por participar e colaborar todo o ano coa vosa asociación. 

 Moitas grazas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario