A Deputación de Pontevedra acolle este venres a presentación da XXVI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira da Guarda
Carmela Silva e Antonio Lomba darán en Pontevedra os detalles do evento que terá lugar na localidade do Baixo Miño os días 1, 2 e 3 de xullo
Infogauda / Redacción
Este venres día 17 de xuño, ás 11:30 h., no Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, preséntase a XXVI Festa da Langosta e da cociña mariñeira da Guarda, que se vai celebrar os próximos 1, 2 e 3 de xullo no porto da vila. A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, contarán os detalles da nova edición deste evento, Festa de Interese Turístico de Galicia dende 2014.
A oferta gastronómica da festa será ampla e, á parte da langosta, poderán degustarse máis de 20 produtos do mar e sobremesas. Pero coma todos os anos, na festa haberá tamén música, cultura, deporte, visitas turísticas e lecer para os máis pequenos. Simultaneamente desenvolverase a XXI Travesía a Nado no porto da Guarda, a Feira de Artesanía e a Exposición de Traxe Galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario