ACTO PÚBLICO ABERTO DO BNG-NÓS-CANDIDATURA GALEGA EN TUI
BNG- Nós Candidatura Galega
Nós somos a candidatura do País. A garantía de que Galiza vai ter voz propia, a forza que ecoa de forma colectiva un futuro de seu. Na outra cara están todas aquelas persoas e organizacións que decidiron sumar forzas en BNG-NÓS Candidatura Galega, que creron que o país merecía altura de miras e volveron estreitar as mans, a se encontrar no mesmo camiño, a sementar de novo ilusión porque, ben o sabemos, é moito o que está en xogo.
Desde o BNG- Nós Candidatura Galega desexamos que todas e todos participemos neste proxecto común que nace con vontade de medrar, co desexo de enlazar os brazos nunha cadea humana inmensa, en que as cuestións sociais e nacionais pasen a primeiro termo, no desexo dunha sociedade máis xusta e igualitaria.
Para iso facemos un chamamento á toda a veciñanza de Tui a que acudan este venres 17 de xuño ás 21:30 ao acto público aberto convocado na Praza de San Fernando, en caso de choiva, realizarase na Sala Félix (traseira da Área Panorámica)ás 22:00 horas.Contaremos coas intervencións de Carme Núñez (portavoz municipal do BNG en Tui), Alberte Mera (suplente candidato ao Congreso), Marta Dacosta (candidata número 5 ao Congreso), Míriam Rodríguez (candidata número 4 ao Congreso) e coa intervención de música tradicional de Blas e Manuel Lamas.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario