10 de xuño de 2016

A GUARDA

ÚLTIMO DÍA DA CAMPAÑA DE ENTREGA DUN RECEITARIO NA PRAZA DE ABASTOS DA VILA GUARDESA

Este sábado poderase completar o receitario

Infogauda / A Guarda

 Este sábado, día 11 de xuño, remata a Campaña de entrega dun Receitario que foi impulsada polo Concello da Guarda, en colaboración cos praceiros da localidade, durante as últimas semanas tres semanas. 

 A campaña deu comezo o pasado 27 de maio como actividade complementaria á “Quere o teu mercado”, iniciativa creada pola Xunta de Galicia con motivo da celebración este sábado 28 de maio do Día Internacional do Mercado.  

 Dende ese día 27 de maio e ata o sábado día 11 de xuño, todos os que mercan algún produto na Praza de Abastos reciben dúas receitas cada fin de semana, unha o venres e outra o sábado. O Receitario se comporá dun total de 6 receitas para ser elaboradas con produtos locales e de tempada, que se completarán coa última entregada ós que merquen na Praza de Abastos este sábado.  

  "Agradécese a todos os veciños a boa acollida que tivo a iniciativa. Ademais dende o Concello da Guarda anímase a que acudan este sábado para completar o Receitario no día do peche dunha campaña que buscaba dinamizar e poñer no foco de atención a labor dos mercados locais", afirman desde o executivo municipal de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario