10 de xuño de 2016

A GUARDA

ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR AS CITAS PARA RENOVAR O DNI DE SETEMBRO A DECEMBRO NA GUARDA   



 Infogauda / A Guarda

 O concello da Guarda informa que todos os que o desexen poderán pedir, a partir do mércores 15 de xuño, a súa cita para a renovación do DNI nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro na Guarda.  

 A próxima semana queda aberto, por tanto, o prazo para solicitar as citas para as renovacións que se realizarán a partir de setembro, xa que non se farán nos meses de xullo e agosto.  

 O horario para pedir as citas é de 9 ás 13h. E poden pedirse tanto de forma presencial no Concello como chamando ao número de teléfono 986 61 00 00. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario