22 de feb. de 2016

DEPORTES

O ATLETA GUARDÉS ROBERTO MARTÍNEZ TRIGO FIXO UNHA MAGNÍFICA MARATÓN EN SEVILLA

O atleta guardés Roberto Martínez Trigo
Foto: Arquivo

Infogauda / Deportes

O atleta guardés Roberto Martínez Trigo, pertencente a S. G. de Pontevedra, e adestrador do Club Deportivo San Xerome, rematou este domingo día 21 de febreiro de 2016, a maratón de Sevilla. 

 Roberto Martínez Trigo, con dorsal 502, participou na categoría D Veteranos M 35. Fixo un tempo de 02 h. 42´46", acadando o posto 196 da clasificación xeral e o 182 dos varons.

 O vencedor absoluto da Maratón de Sevilla 2016 foi Cosmas Kiplimo Lagat, con un tempo de 2:08:09, seguido de Carles Castillejo Salvador, con un crono de 2:11:26. En terceira posición entraría en liña de meta Hassane Ahouchar, con un tempo de 2:11:37.

 En féminas, a vencedora absoluta foi Paula González Berodia, con un tempo de 2:31:17, seguida de Kaoutar Boulaid, con un rexistro de 2:31:25, e de Estela Navascues Parra, con un tempo de 2:32:46.

 Desde Infogauda queremos salientar á importancia que ten para un atleta poder rematar unha carreira de maratón, e facelo dun xeito tan digno como o fixo Roberto Martínez Trigo, o que é motivo de satisfacción non soio para él, como persoa e como atleta, senón para tódolos deportistas, en xeral, e para os guardeses en particular.

Ningún comentario:

Publicar un comentario