O Concello presenta os “Concertos de Nadal”
Infogauda / A Guarda
Son moitas e moi diferentes as actividades que están programadas para celebrar este Nadal no Concello de A Guarda. Así, dende a Concellería de Cultura, preséntanse os “Concertos de Nadal” aos que invita a participar a todos os veciños do municipio.
O primeiro deles é o Concerto de Nadal do Conservatorio. A cita é este xoves, día 17 de decembro, ás 20 horas no Centro Cultural. Nesta función os alumnos do conservatorio mostrarán os seus coñecementos e deleitarán ao público coa interpretación de emotivas melodías.
A próxima cita será o sábado, día 19 de decembro, ás 20,30 horas. Nesta data o Centro Cultural acollerá o VIII Festival de Pandereteiras, no que participarán a Asociación Xamaraina, o Grupo Tambaluca, a Agrupación Cultural Guardesa e a Asociación Vento Mareiro.
Ambos espectáculos son de balde.

Ningún comentario:
Publicar un comentario