Nenos e adultos aprenden os problemas e riscos do mal uso de Internet
Unha psicóloga da ONG “Pantallas Amigas” impartiu ás charlas sobre o “Uso seguro e saudable de Internet”
Infogauda / A Guarda
O servizo de Educación Familiar e a OMIX do Concello de A Guarda organizaron, tanto para nenas/os coma para adultos, charlas sobre o “Uso seguro e saudable de Internet” para previr dos problemas que xorden tras un mal uso da rede.
Así, pola mañá, unha psicóloga da ONG “Pantallas Amigas” estivo con algúns dos alumnos da ESO do IES A Sangriña e do colexio PP. Somascos. Con estes nenos, de idades comprendidas entre os 12 e os 14 anos, a profesional falou das diferentes redes sociais e contou casos reais de acoso escolar ou casos de ameazas a través dos teléfonos móbiles.
A monitora e algúns dos alumnos participantes
Os alumnos sorprendéronse de aquelas cousas que si son consideradas delito máis eles non o sabían. A psicóloga falou sobre as responsabilidades e intentou concienciar aos rapaces e rapazas sobre a non difusión daquelas fotografías ou vídeos que poden contribuír, por exemplo, a unha extorsión.
A charla foi moi dinámica e todos os nenos participaron nela.
A charla para adultos tivo lugar na Casa dos Alonso
Pola tarde, a mesma profesional impartiu unha charla para adultos. Nela presentou as diferentes redes sociais que diariamente usan os seus fillos ou alumnos.
Neste encontro, a profesional fixo moito fincapé na importancia de acompañar, máis que controlar, aos nenos no aprendizaxe e uso das redes sociais. Desta maneira salientou que é primordial que os profesores e nais/pais coñezan os usos de Internet e as súas responsabilidades.


Ningún comentario:
Publicar un comentario