16 de dec. de 2015

A GUARDA

Festival de Panxoliñas na Igrexa de Santa María de A Guarda  

Será o domingo día 20 de decembro, ás 17:30 horas


Infogauda / A Guarda

 Como xa é tradicional no Nadal da vila, un ano máis, a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, coa colaboración do Concello e da Igrexa Santa María de A Guarda, organiza o Festival de Panxoliñas. A cita é o domingo día 20 de decembro, ás 17,30 horas na Igrexa parroquial de A Guarda. 

 O evento será presentado polo párroco Don Jesús García Villadóniga e contará coas actuacións da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, do Coro Infantil do Colexio PP. Somascos, do Coro do Clube da Terceira Idade, de Arpegios Contabile e do Grupo Antorcha. 

 O festival é de balde e se espera que sexan moitos os veciños do municipio os que se acheguen a escoitar as panxoliñas e sintan o espírito do Nadal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario