PARTIDO SOLIDARIO A BENEFICIO DA ASOCIACIÓN SAN VICENTE DE PAÚL
Domingo día 20 de decembro, ás 4 da tarde no Campo Municipal da Sangriña
Infogauda / A Guarda
Hai moitas familias que están pasándoo verdadeiramente mal. Por iso, nestas datas máis que nunca, é cando a colaboura de todos non se debe facer de rogar. Se todos aportamos algo, o Nadal terá algo positivo para os que máis axuda precisan.
Deste xeito, o vindeiro domingo día 20 de decembro, ás 4 da tarde, tódolos siareiros do Sporting Guardés, e tódalas persoas solidarias, sexan ou non, guardesistas, poden achegar un quilo de alimentos o Campo Municipal da Sangriña. Se pode ser, que todos levemos alimentos non perecedoiros.
O presidente do club Sporting Guardés, Víctor Manuel Lomba González, ven de comunicar a este xornal dixital que o partido terá carácter solidario. Nesta ocasión, o que se recolla irá para a Asociación San Vicente de Paul, desde onde farán o reparto ás persoas que o necesitan.
Hai necesidade urxente de leite, cacao e aceite, e que o club doará 1 quilo de alimentos por cada espectador que acuda a presenciar o encontro de fútbol entre o Sporting Guardés e o Gran Peña.

Ningún comentario:
Publicar un comentario