PRETO DE 200 PERSOAS, EXERCERON NO BAIXO MIÑO, O SEU DEREITO A VOTO NAS PRIMARIAS ABERTAS DE INICIATIVA POLA UNIÓN
Mesa de A Guarda
Infogauda / Baixo Miño
Máis de 4000 persoas (un 70% por cento das censadas) participaron onte domingo día 8 de novembro, na xornada de primarias abertas de NÓS – Candidatura Galega, coa que rematou o amplo proceso social que a plataforma Iniciativa pola Unión desenvolveu ao longo dos últimos meses para a conformación dunha candidatura galega de base cidadá para as eleccións xerais do 20-D. A votación desenvolveuse a través de 144 mesas establecidas no conxunto do territorio galego, ás que sumou a mesa telemática do voto online.
Mesa de Tomiño
Concretamente na Comarca do Baixo Miño , con mesas en Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia, participaron 182 persoas de 200 persoas censadas na plataforma.
Na xornada de primarias o conxunto de persoas censadas podían facer tres escollas diferenciadas: cabeza de lista do Congreso, resto de lista de Congreso e candidatura ao Senado.
Mesa de Tui
Os resultados, no Baixo Miño confirman a Carme Adán (Pontevedra) como cabeza de lista de Nós-Candidatura Galega obtendo un total de 125 votos.
Mesa do Rosal
Mesa de Oia
En canto ao resto da lista ao Congreso, Míriam Rodríguez, veciña de Guillarei, obtivo 152 votos; Alberte Lamazares, concelleiro de Rodeiro, e labrego de 27 anos, alcalzou os 112 votos, seguido polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores con 94 votos.
Para o Senado, os resultados na Comarca foron os seguintes: Xosé Collazo Castro, natural de Barro, tivo 71 votos, seguido de Alba Cuba, adestradora deportiva, natural de Lugo con 67 votos.
Desde a Iniciativa pola Unión valorouse esta xornada de primarias como “un exemplo de como se constrúe, desde a propia sociedade, unha candidatura de base cidadá, plural e co centro de decisión no noso país, chamada a ser a representación soberana da sociedade galega nas Cortes españolas. É preciso mudar as cousas, defender ás maiorías sociais e conquistar o dereito a una vida digna para todas as persoas, e queremos facelo desde nós, como galegas e galegos de nación, a través dunha representación propia de Galiza en Madrid”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario