9 de nov. de 2015

A GUARDA

Máis dunha trintena de nenos gozaron da primeira sesión de “Contos Contados”

Vista parcial do interior da Biblioteca Municipal de A Guarda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O sábado, 7 de novembro, celebrouse na Biblioteca Municipal de A Guarda, a primeira sesión de “Contos Contados” organizada pola Concellería de Cultura.  

 Nesta ocasión foron máis de trinta rapaces, moitos deles acompañados polos seus pais, os que asistiron a esta iniciativa.  

 A sesión de “Contos Contados” comezou ás 11 horas e se alongou ata ás 12,30 horas. Durante este tempo ademais de que a animadora contase o conto, os nenos e nenas tamén tiveron tempo para xogar relacionando o seu nome cun conto, respondendo ás preguntas sobre a historia ou pintando un debuxo sobre o conto.  
 Seguintes citas  
 As sesións de “Contos Contados” continuarán celebrándose o primeiro sábado de cada mes, así, a seguinte cita está organizada para o 5 de decembro.  

 Con esta iniciativa dende a Concellería de Cultura, e tamén a de Educación, dirixidas por Elena Baz Rodríguez, queren convidar aos nenos e nanas a achegarse á biblioteca municipal e ademais incentivar a lectura entre eles

Ningún comentario:

Publicar un comentario