Xuízo de Xulio Vicente, preferentista do Baixo Miño sancionado no Concello de Mos
Xulio Vicente, no centro da imaxe, nunha concentración o pasado día 20 deste mes en Pontevedra - Foto: José Luís García Portela
Plataforma de Afectados polas Preferentes / Baixo Miño
Este martes 25 de novembro, ás 10:30 será xulgado ante o Contencioso Administrativo de Pontevedra, por unha sanción imposta ao rematar a sesión plenaria no Concello de Mos, acusado sen ser identificado, nin detido, nin informado, por causar desordes graves e portar un artefacto pirotécnico de gran potencia, sendo estes acusados varios meses despois de tales feitos endexamáis acontecidos.
Para que isto non volte a acontecer, únete á Plataforma de afectados polas preferentes sancionados por defender os aforros dos galegos, e condena con nos a represión que seguimos a sofrir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario