9 de out. de 2013

A GUARDA

A ASOCIACIÓN NATURALISTA "BAIXO MIÑO" ORGANIZA UN PERCORRIDO POLA RUTA ORNITOLÓXICA DO ESTEIRO DO RÍO MIÑO

Será o domingo, 20 de outubro, ás 10:30 h. na Estación Ornitolóxica (a 100 metros do embarcadoiro do ferri)

                              


Agustín Ferreira Lorenzo
Presidente de ANABAM

        O vindeiro domingo 20 de outubro, ANABAM e o Concello da Guarda poñen en en marcha a “oficialidade” da Ruta Ornitolóxica pola desembocadura do Miño, con tal fin, dito día se organiza unha andaina pola mesma. A recepción dos participantes terá lugar na Estación Ornitolóxica (O Pasaxe, Camposancos, A Guarda) ás 10.30 horas, aproveitando este evento para presentar a nova cara da Estación a tódalas persoas que desexen achegarse ata a mesma. Tamén a ruta ornitolóxica está a ser preparada con novos carteis informativos e acondicionamento do percorrido. As persoas que desexen participar nesta andaina, poden inscribirse nalgún destes enderezos electrónicos: 
ou
      Temos que sinalar que esta andaina se inscribe dentro da campaña de fomento do TURISMO ORNITOLÓXICO no Esteiro do Miño que, dende hai catro anos, ven desenvolvendo ANABAM para fomentar un dos atractivos naturais con que conta o Baixo Miño e, particularmente, a desembocadura, tanto na súa marxe galega como portuguesa. 

A GUARDA

AS VOSAS IMAXES
                 PORTO DE A GUARDA

    Santiago Baz Lomba

TUI

La Canica presenta este venres, ás 20h, no Teatro Municipal “El gallo de las veletas”




Vitor Salvador / Tui



A obra recibiu o premio FETEN 2013 ao mellor espectáculo e á mellor actriz
O Teatro Municipal de Tui acolle este venres ás 20h a representación de “El gallo de las veletas” por parte da compañía La Canica. Trátase dunha obra de teatro infantil dirixida a público familiar a partir de 4 anos, que ten unha duración de 45 minutos. 
A obra conta a historia dun galego que, coma todos os galos, vivía nun galiñeiro. Un día decidiu cumprir o seu soño e coñecer que había máis aló do lugar onde nacera. Inicia a súa viaxe na busca do río, do bosque, da montaña, do mar...e pouco a pouco, vai superando todos os obstáculos ata lograr facer realidade o seu soño. 
“El gallo de las veletas” foi escrita por Pablo Vergne que dirixe a posta en escena a cargo de Eva Soriano e Marisol Rozo.  Esta montaxe recibiu o premio FETEN 2013 ao mellor espectáculo e á mellor actriz para Eva Soriano, así coma o premio á Mellor Dramaturxia na Feira de Títeres de Lleida 2013. 
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou o venres dende ás 18.30h pódense mercar no despacho de billetes ao prezo de 4€ e 3€.

VALENÇA

Trilho Pedestre da Carvoeira
Os Vinhedos, as casas graníticas e os velhos moinhos

 

Vitor Salvador / Valença

A Câmara Municipal de Valença promove uma caminhada no Trilho Pedestre da Carvoeira, sábado, 12 de outubro. Um percurso por entre vinhedos, casas graníticas e velhos moinhos
         Com a distância de 7,8 Km's é um percurso paisagístico-cultural que se desenvolve nas freguesias de  Boivão e Gondomil. O ponto de encontro está marcado para a Igreja Matriz de Boivão, às 9h e a saída às 9h30. O tempo estimado do percurso é de 3h30.
         A caminhada será acompanhada por guias que darão a conhecer os pontos mais interessantes do percurso, nomeadamente do património, lendas e tradições, fauna e flora local.
         O primeiro ponto é a Igreja Matriz de Boivão consagrada a Santiago, uma veneração ao apóstolo que pode ser sentida, também, na passagem pela Quinta Velha onde até ao século XVII estava a primitiva igreja. Terra de pedreiras, há séculos que o granito faz parte da paisagem com as casas rústicas, os postes das latadas de vinha, os muros das propriedades ou os velhos caminhos com as gastas lajes graníticas.
         O Trilho da Carvoeira é um percurso marcado por uma mão cheia de lendas e tradições, com especial destaque para a da Princesa de Boivão, celebrada pelo escritor Alberto Pimental, a Truta da Rainha, a do Penedo da Fontanela e das Pegadas de Nossa Senhora.
         Esta é uma oportunidade para apreciar a cultura, o património e as paisagens do antigo concelho de Fraião e Couto Monástico de Sanfins, de que Boivão e Gondomil fizeram parte.
         Trata-se de um percurso de pequena rota, de características paisagístico-cultural grau de dificuldade fácil.
         Esta caminhada fará parte das atividades a promover na Eurocidade Valença Tui no âmbito do programa europeu Open Days.

            Coordenadas do Ponto de Partida: 42° 0'32.50"N/8°32'15.83"W

VALENÇA

Desfolhada Tradicional e Petiscos em Valença

Vitor Salvador / Valença

Valença promove a desfolhada tradicional, acompanhada de mostra gastronómica, com arroz de sarrabulho, rojões e petiscos, no fim de semana de 12 e 13 de outubro, na freguesia de Cerdal.
         Uma festa minhota das colheitas onde os afamados vinhos verdes e os petiscos também marcarão presença com o Caldo à Lavrador, Bolo do Tacho, Pataniscas, Fêveras, Belouras, Moelas, Chouriço e o Presunto.
         O evento começa às 18h de sábado com uma arruada de bombos, a cargo dos Amigos do Bombinho de Fontoura, segue-se o desfile da desfolhada tradicional encabeçado, por um carro de bois, carregado de milho e as lavradeiras que vão apresentando os mais típicos versos da época. O cortejo percorrerá a avenida da Junta de Freguesia até ao Cruzeiro em Bogim, onde decorrerá a desfolhada tradicional, a partir das 20h.
         Uma eira tradicional vai ser improvisada no local e começa a desfolhada, soltam-se as cantigas, as estórias e as lendas.  Os sons estridentes das concertinas e dos bombos vão entusiasmar os mais afoitos para umas desgarradas. Pelo meio a ânsia de aparecer uma espiga rainha e manda a tradição de roubar um beijo  a uma donzela, ou de aparecer uma espiga com “filhos” e  cumprir o ritual de acender uma vela e colocar a espiga numas alminhas, que se encontrem num cruzamento de caminhos, para espantar os maus espíritos.
         Não faltarão os  bardeiros e até uma meda para compor o cenário e o espigueiro para guardar as espigas e fechar o ritual da desfolhada.
         A noite de sábado encerra-se com um encontro de concertinas onde os sons mais tradicionais e os despiques, com os celebres cantares ao desafio farão as notas da festa.
         No domingo, 13 de Outubro, o recinto reabre às 11h com  uma arruada de bombos a cargo dos Bombos São Cristóvão de Gondomil. Segue-se um almoço convívio  onde o Arroz de Sarrabulho e Rojões serão duas iguarias gastronómicas locais que será possível saborear. A tarde será animada com o Grupo Popular Cantares do Campo.
         A iniciativa é da Câmara  Municipal de Valença e do Grupo Cultural e Recreativo “Os Camponeses Minhotos” de Cerdal e conta, ainda, com a colaboração da Junta de Freguesia de Cerdal e de várias associações e juntas de freguesia do concelho.

         Para o Presidente da Câmara, Jorge Salgueiro Mendes, “A Desfolhada é um marco da cultura popular valenciana que as freguesias, as suas juntas e associações promovem e dinamizam dando a conhecer as artes e tradições da nossa terra”.

MOVEMENTOS SOCIAIS

O XOVES DÍA 10 DE OUTUBRO, NO XULGADO Nº 3 DOS DE TUI, XULIO VICENTE, PORTAVOZ DA PLATAFORMA DE AFECTADOS POLAS PREFERENTES E SUBORDINADAS DO BAIXO MIÑO, TERÁ UNHA VISTA ORAL

O motivo desta vista é a denuncia que o Alcalde de Gondomar ten interposta a Xulio Vicente


    Xulio Vicente 
Foto: José Luis García Portela

Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño

Dende a plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño, informamos de que mañán, xoves, día 10 de noutubro, ás dez da mañá, Xulio Vicente, ten unha vista oral no Xulgado nº 3 de Tui.

O motivo desta vista é a denuncia que o Alcalde de Gondomar ten interposta a Xulio Vicente.

Posteriormente levaremos a cabo unha retirada de fondos nas dúas sucursais de Novagalicia en Tui. Esperamos que a esta medida de retirada de fondos, se una o Concello de Tui, anulando así as súas contas que aínda mantén nesta entidade, a pesares de aprobarse en pleno, hai case dous anos, por unanimidade dita retirada.

Seguimos tamén á espera dunha explicación por parte da Alcaldía do por que o seguro do Concello faise cargo dos gastos de avogacía e procurador dun presunto agresor.
(R.)

MADRID

Tres activistas de Femen interrumpen a Gallardón en el Congreso al grito de "el aborto es sagrado"

                            

Tres activistas del colectivo Femen han interrumpido la intervención del ministro de Justicia, Alberto Ruiz Gallardón, desde la tribuna de invitados del Congreso al grito de 'aborto es sagrado'. Como es habitual en sus protestas, las tres muchachas se han mostrado con los pechos descubiertos subidas a las barandillas de la tribuna, hasta que han sido expulsadas por funcionarios y agentes de seguridad de la cámara.

VAL MIÑOR

Posted: 08 Oct 2013 03:43 PM PDT
cans-vincios-O centro localizado no lugar de Os Casás - Donín, parroquia de Vincios, foi inspeccionado  en dúas oportunidades pola Policía Nacional e o SEPRONA que deixaron constancia que nas instalacións trabállase con razas cualificadas como “potencialmente perigosas”, sen as necesarias precaucións de seguridade, ademais de carecer de licenza municipal e títulos profesionais homologados pola Xunta de Galicia.  
 
Posted: 08 Oct 2013 03:34 AM PDT
ANOVA Val Miñor entende que as multas que está a aplicar a Facenda do Estado español a milleiros de retornados polas súas pensións do estranxeiro son unha "nova estafa semellante á das Preferentes". O colectivo político presentou unha solicitude de paralización destas actuacións o pasado 30 de setembro no Rexistro Municipal de Gondomar, ante a gravidade do tema na bisbarras do Baixo Miño e Val Miñor, na que se calculan próximos de 2000 afectados. Pola súa banda, un grupo de veciños prepara a creación dunha plataforma en defensa dos intereses dos retornados, que terá a súa primeira reunión este mércores 9 de outubro ás 19 horas no local da Cofradía de Pescadores de Baiona. Na mesma recibirán a unha delegación de afectados de O Morrazo que achegarán a súas experiencias nos procesos entaboados contra o Ministerio de Facenda de España.
 
Posted: 08 Oct 2013 01:54 AM PDT
marques-quintanarCo fin de solucionar os problemas producidos por unha rede de saneamento "deteriorado e envellecido", con canalizacións que se quedaron "obsoletas e escasas" para dar saída ás augas residuais e pluviais, o concello de Baiona anuncia que está levando a cabo un plan de substitución das mesmas. A obra, cuxo importe ascende ao redor dos 40.000 euros, conta cunha subvención da Consellaría de Presidencia da Xunta de Galicia.
 
Posted: 08 Oct 2013 01:26 AM PDT
ordandor taza boliNo Centro Antena "A Foz do Miñor" do Concello de Baiona impartirase a partir do próximo martes 15 de outubro, un curso gratuíto de informática básica. As clases prolongaranse ata o 30 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
 

REPORTAXE

La América del odio ‘El País Semanal’ y Canal + se adentran en la senda más ‘conspiranoica’, racista e integrista de EE UU 

 El líder de Naciones Arias. / CANAL+ / HERNÁN ZIN
Así es el día a día del Ku Klux Klan, de los extremistas cristianos que preparan una guerra santa racial y de los grupos neonazis que quieren limpiar el país de homosexuales y judíos.

TUI

SARA, NUESTRA ÁGUILA DE COLA ROJA, APARECIÓ GRACIAS A LA COLABORACIÓN CIUDADANA Y AL SEPRONA


Bea Gregores Pimentel / Tui

Buena noticia, Sara, nuestra águila de cola roja apareció gracias a la colaboración ciudadana y a Seprona, que nos ayudó a la hora del rescate. Como agradecimiento os dejo su foto. Sigue asustada, pero a lo largo de la mañana volverá a ser nuestra queridísima Sara. ¡¡GRACIAS POR VUESTRA COLABORACION!!

A CAÑIZA

A DEPUTACIÓN ADXUDICA AS OBRAS DE REFORMA DA CASA DE CULTURA DA CAÑIZA, CUN ORZAMENTO DE 83.000 EUROS
As obras serán executadas pola empresa Rafer e incluirán o acondicionamento da piscina

A Deputación provincial de Pontevedra vén de adxudicar á empresa Rafer os traballos de reforma da casa de cultura e de acondicionamento da piscina situadas a carón da estrada N-120.
Os traballos, que contan cun orzamento de 83.028 euros, permitirán corrixir as deficiencias que presenta na actualidade a casa de cultura, substituíndo o piso de madeira do salón de actos, onde tamén se instalará un friso de madeira maciza en todo o perímetro, se tapizarán as butacas actualmente deterioradas e se dotará o escenario dunha moqueta para a súa utilización cando sexa necesario.
Así mesmo, e co obxectivo de mellorar a sonoridade e a iluminación do centro, dotarase a Casa de Cultura dunha nova mesa de son, micrófonos inalámbricos e un atril con micrófono incorporado.
Ademais, substituiranse os elementos de iluminación deteriorados e procederase ao pintado de áreas do edificio que actualmente presentan desperfectos e substituiranse as pedras situadas no acceso ao inmoble que se atopan rotas.
Instalación solar na piscina
En canto ás obras na piscina, incluirán a adecuación da instalación solar para garantir o seu correcto funcionamento, a substitución das portas actuais por outras de aluminio, e a reparación de diversos elementos de fontanería deteriorados nos baños.
A maiores, procederase á eliminación de humidades e ao pintado das zonas afectadas por estas.

SALCEDA DE CASELAS

A DEPUTACIÓN ADXUDICA A CONSTRUCIÓN DUNHA SENDA PEONIL A CARÓN DO RÍO CASELAS, NO CONCELLO DE SALCEDA
·       
As obras contarán cun orzamento de 100.428 euros e serán executadas pola empresa Pérez Portela
Actuarase no treito comprendido entre Palomar de Antero e As Regadas
·       Os traballos incluirán tamén a recuperación dun camiño rural desde As Regadas ata a estrada municipal

Converter unha zona en estado de abandono nun espazo para uso recreativo e poñer en valor unha área de alto valor ambiental como é o contorno do río Caselas é o obxectivo das obras que a Deputación provincial de Pontevedra vén de adxudicar á empresa Pérez Portela, por un importe de 100.428,08 euros.
Os traballos consistirán na creación dunha senda peonil na marxe dereita do río –augas abaixo- ao seu paso pola parroquia de Salceda, no concello de Salceda de Caselas. A senda constará dun ancho de 2 metros e unha lonxitude de 815 metros, partindo do Palomar de Antero e estendéndose ata As Regadas.
A senda estará afirmada con zahorra natural compactada e delimitada mediante marxes de pedra. Para corrixir os desniveis que nalgúns puntos do paseo existen, procederase á construción de ramplas de madeira asentadas sobre muros de pedra, mentres que para salvar as sangras de desaugue que de forma natural verten ao Caselas, construiranse dous pontillóns de madeira cos seus conseguintes valados de protección, tamén en madeira.
Camiño rural
Para mellorar a comunicación desta senda, os traballos incluirán a recuperación do camiño rural de As Regadas, mediante labores de acondicionamento do terreo e dos muros que delimitan o camiño, que se dotará dunha capa de zahorra natural.
No linde do camiño coa senda peonil colocaranse tubaxes de drenaxe para evitar pozas en época de choivas. Ademais, construirase un paso de adoquíns para cruzar a estrada que desde Salceda de Caselas conduce ata o barrio de Paxariñas.

O obxectivo é aproveitar o contorno privilexiado do río Caselas para uso e disfrute de veciños e visitantes.