- Tras constatar irregularidades, veciños piden ao alcalde de Gondomar que peche un centro de adestramento canino en Vincios.
- ANOVA Val Miñor reclama a paralización das multas ás pensións dos emigrantes retornados.
- Por “obsoleto” e “escaso” Baiona procede a cambiar o saneamento na Rúa Marqués de Quintanar.
- Curso gratuíto de informática básica no Centro Antena de Baiona.
Posted: 08 Oct 2013 03:43 PM PDT
-O centro localizado no lugar de Os Casás - Donín, parroquia de Vincios, foi inspeccionado en dúas oportunidades pola Policía Nacional e o SEPRONA que deixaron constancia que nas instalacións trabállase con razas cualificadas como “potencialmente perigosas”, sen as necesarias precaucións de seguridade, ademais de carecer de licenza municipal e títulos profesionais homologados pola Xunta de Galicia.
Fonte: valminor.info
|
Posted: 08 Oct 2013 03:34 AM PDT
ANOVA Val Miñor entende que as multas que está a aplicar a Facenda do Estado español a milleiros de retornados polas súas pensións do estranxeiro son unha "nova estafa semellante á das Preferentes". O colectivo político presentou unha solicitude de paralización destas actuacións o pasado 30 de setembro no Rexistro Municipal de Gondomar, ante a gravidade do tema na bisbarras do Baixo Miño e Val Miñor, na que se calculan próximos de 2000 afectados. Pola súa banda, un grupo de veciños prepara a creación dunha plataforma en defensa dos intereses dos retornados, que terá a súa primeira reunión este mércores 9 de outubro ás 19 horas no local da Cofradía de Pescadores de Baiona. Na mesma recibirán a unha delegación de afectados de O Morrazo que achegarán a súas experiencias nos procesos entaboados contra o Ministerio de Facenda de España.
|
Posted: 08 Oct 2013 01:54 AM PDT
Co fin de solucionar os problemas producidos por unha rede de saneamento "deteriorado e envellecido", con canalizacións que se quedaron "obsoletas e escasas" para dar saída ás augas residuais e pluviais, o concello de Baiona anuncia que está levando a cabo un plan de substitución das mesmas. A obra, cuxo importe ascende ao redor dos 40.000 euros, conta cunha subvención da Consellaría de Presidencia da Xunta de Galicia.
|
Posted: 08 Oct 2013 01:26 AM PDT
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario