9 de out. de 2013

TUI

La Canica presenta este venres, ás 20h, no Teatro Municipal “El gallo de las veletas”




Vitor Salvador / Tui



A obra recibiu o premio FETEN 2013 ao mellor espectáculo e á mellor actriz
O Teatro Municipal de Tui acolle este venres ás 20h a representación de “El gallo de las veletas” por parte da compañía La Canica. Trátase dunha obra de teatro infantil dirixida a público familiar a partir de 4 anos, que ten unha duración de 45 minutos. 
A obra conta a historia dun galego que, coma todos os galos, vivía nun galiñeiro. Un día decidiu cumprir o seu soño e coñecer que había máis aló do lugar onde nacera. Inicia a súa viaxe na busca do río, do bosque, da montaña, do mar...e pouco a pouco, vai superando todos os obstáculos ata lograr facer realidade o seu soño. 
“El gallo de las veletas” foi escrita por Pablo Vergne que dirixe a posta en escena a cargo de Eva Soriano e Marisol Rozo.  Esta montaxe recibiu o premio FETEN 2013 ao mellor espectáculo e á mellor actriz para Eva Soriano, así coma o premio á Mellor Dramaturxia na Feira de Títeres de Lleida 2013. 
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou o venres dende ás 18.30h pódense mercar no despacho de billetes ao prezo de 4€ e 3€.

Ningún comentario:

Publicar un comentario