9 de out. de 2013

MOVEMENTOS SOCIAIS

O XOVES DÍA 10 DE OUTUBRO, NO XULGADO Nº 3 DOS DE TUI, XULIO VICENTE, PORTAVOZ DA PLATAFORMA DE AFECTADOS POLAS PREFERENTES E SUBORDINADAS DO BAIXO MIÑO, TERÁ UNHA VISTA ORAL

O motivo desta vista é a denuncia que o Alcalde de Gondomar ten interposta a Xulio Vicente


    Xulio Vicente 
Foto: José Luis García Portela

Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño

Dende a plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño, informamos de que mañán, xoves, día 10 de noutubro, ás dez da mañá, Xulio Vicente, ten unha vista oral no Xulgado nº 3 de Tui.

O motivo desta vista é a denuncia que o Alcalde de Gondomar ten interposta a Xulio Vicente.

Posteriormente levaremos a cabo unha retirada de fondos nas dúas sucursais de Novagalicia en Tui. Esperamos que a esta medida de retirada de fondos, se una o Concello de Tui, anulando así as súas contas que aínda mantén nesta entidade, a pesares de aprobarse en pleno, hai case dous anos, por unanimidade dita retirada.

Seguimos tamén á espera dunha explicación por parte da Alcaldía do por que o seguro do Concello faise cargo dos gastos de avogacía e procurador dun presunto agresor.
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario