Comeza a reparación dos teitados de dúas unidades habitacionais do castro do Monte Santa Trega
• Que o pasado inverno, un forte temporal de vento, esnaquizara as cubertas existentes
Infogauda / A Guarda
Coa chegada do novo material para a súa instalación inmediata, a reparación dos teitados do castro do Monte Santa Trega deu comezo esta mañá.
Hai que relembrar que durante o pasado inverno, o poboado castrexo aturou fortes temporais, sobre todo de vento, o que ocasionou graves danos as cubertas de palla de dúas unidades habitacionais prehistóricas. Agora, unha empresa especializada no sector, será a encargada de instalar as novas cubertas de palla de centeo nas dúas edificacións reconstruídas.
«Deste xeito, o Monte de Santa Trega volverá contar co seu monumento insignia nas mellores condicións, para que locais e turistas podan desfrutar da súa historia», indicaron desde o goberno municipal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario